Josh Freese

Modelo:BiografíaJosh Freese

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de decembro de 1972 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Orlando, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónEl Dorado High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbatería, produtor musical, guitarrista, compositor de cancións, compositor, Músico de sesión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoHard rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBatería Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiStan Freese Editar o valor en Wikidata
IrmánsJason Freese Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webthejoshfreese.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0293667 Twitter: joshfreese MySpace: freesejosh Spotify: 7EMrFlPVSDGQKOgtHKH28L iTunes: 7015779 Musicbrainz: 1ba97964-8d70-4b33-a361-d1a4ed222672 Discogs: 273986 Allmusic: mn0000274964 Deezer: 100475 Editar o valor en Wikidata

Josh Freese , nado o 25 de decembro de 1972 en Orlando (Florida), é o actual batería da banda de rock alternativo A Perfect Circle. Tocou tamén con Nine Inch Nails dende finais do 2005 ata finais do 2008 e con Guns N' Roses dende mediados de 1998 ata o ano 2001. Freese aparece en arredor dos 300 discos, debido ao seu traballo como músico de estudio.

Biografía

Josh naceu o 25 de decembro de 1972 en Orlando (Florida), pero pouco despois a súa familia mudouse a California. Influenciado polo pai, que era mestre da banda de Disneylandia, e a nai, pianista, comezou a tocar a batería con 7 anos. Aos 12 xa tocaba profesionalmente en Disneylandia, e aos 15 xa facía xiras con Dweezil Zappa (filla de Frank Zappa) e despois con The Vandals. Nos seguintes 15 anos Freese traballou con artistas moi respectados, tanto como batería de sesión como substitución temporal. Actualmente é membro das bandas The Vandals, Devo e A Perfect Circle, e toca en directo con Weezer.

Traballo en solitario

En 1998 Freese gravou (interpretando todos os instrumentos) un feixe de cancións compostas por el. O resultado foi un EP de seis temas titulado Destroy Your Mom As Soon As Possible, editado baixo o nome "Princess" polo selo T.O.N/Stone Lizard Records.

No ano 2000 as cancións "Caffeine and Vaseline" e "Rock N' Roll Chicken" foron rescatadas para o álbum de 12 temas The Notorious One Man Orgy, nesta ocasión editado baixo o nome de Josh Freese polo selo Kung Fu Records. Como artistas convidados aparecen no disco Stone Gossard, Warren Fitzgerald, Michael Ward, Lyle Workman, e o seu irmán Jason Freese.

Josh editou o seu segundo álbum, Since 1972, a través da súa páxina web o día 24 de marzo do 2009.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!