Robin Finck

Modelo:BiografíaRobin Finck

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Marietta, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónGeorge Walton Comprehensive High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, guitarrista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1994 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoGeffen Records Editar o valor en Wikidata

Sitio webrobinfinck.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0277487 Facebook: robinfinckofficial Twitter: robinfinck Instagram: robinfinck Last fm: Robin+Finck Musicbrainz: 30343313-1e24-4758-950f-4a96309d7893 Discogs: 239543 Allmusic: mn0001032059 Editar o valor en Wikidata

Robin Finck, nado en Park Ridge (Nova Jersey) o 7 de novembro de 1971 é un guitarrista estadounidense, antigo membro das bandas Guns N' Roses e Nine Inch Nails. É un dos poucos artistas que teñen tocado en dúas bandas listadas na lista da VH1 dos "100 mellores artistas de hard rock"; Nine Inch Nails (no número 43) e Guns N' Roses (no 9)[1].

Traxectoria

Finck medrou en Marietta (Xeorxia) e tocou en varias pequenas bandas da zona de Atlanta, como Prowess, Bat Your Lashes, Sik Dik e Impotent Sea Snakes.

Uniuse a Nine Inch Nails en 1994 como parte da súa banda de directo nas xiras Self-Destruct e Further Down the Spiral, despois da saída do anterior guitarrista, Richard Patrick. Finck apareceu co banda no Woodstock '94, e a súa primeira edición co grupo foi o video Closure, lanzado en 1997. Cando as xiras remataron traballou para a compañía circense Cirque du Soleil. No ano 1997 asinou un contrato por dous anos con Guns N' Roses como substituto de Slash e comezou a traballar no se álbum Chinese Democracy. Cando remataron os dous anos o álbum aínda non estaba completo, a pesar de que o tema "Oh My God" xa fora editado na banda sonora da película End of Days.

Finck regresou a Nine Inch Nails cando a banda comezou as súas xiras Fragility v1.0 e Fragility v2.0 para promocionar o álbum The Fragile. Esas xiras foron gravadas e editadas no álbum/DVD And All That Could Have Been, que foi a segunda edición de Finck co grupo. Pouco despois de que a xira rematase no ano 2000 volveu a Guns N' Roses, tocando en catro concertos con eles a finais do 2001, aos que lle seguiron unha breve xira por Europa e Asia a msiados do ano seguinte e unha aparición nos MTV Video Music Awards. Estaba planeada unha xira polos Estados Unidos durante o resto do 2002, pero o promotor cancelouna despois de que houbese disturbios entre os seareiros despois de dous concertos suspendidos.

Nese tempo Finck e o seu entón compañeiro Buckethead contribuíron na banda sonora da película de John Carpenter Ghosts of Mars, tocando xunto a membros da banda de thrash metal Anthrax e ao guitarrista Steve Vai. Despois de que as súas obrigas con Guns N' Roses rematasen uniuse á produción LedZAriel.

Finck foi convidado a reunirse a Nine Inch Nails para tocar na xira de promoción do seu álbum de 2005 With Teeth, pero decidiu non facelo e o seu posto foi ocupado por Aaron North. No verán do 2006 xirou por Europa con Guns N' Roses. O resto do ano pasárono tocando por norteamérica e visitaron México, Australia e o Xapón no 2007.

O 4 de abril do 2008, anunciouse a través de nin.com que Finck se reuniría con Nine Inch Nails como membro da banda ao vivo. Ademais de tocar en directo Robin contribuíu nas gravacións do álbum da banda The Slip.

Rn novembro do 2008 o agardado álbum de Guns N' Roses Chinese Democracy foi editado. Finck foi acreditado como co-compositor da canción "Better", que posteriormente editaríase como sinxelo. Tamén tocou a guitarra en todos os temas, realizando 7 dos solos, e tamén apareceu nos créditos como teclista, facendo arranxos e na pre-produción. Robin preferiu quedar en NIN despois da edición do álbum.

Despois da saída dos membros da banda en directo de Nine Inch Nails Alessandro Cortini e Josh Freese a finais do 2008, Finck e o baixista Justin Meldal-Johnsen uníronse a Trent Reznor e ao batería Ilan Rubin e realizaron unha xira de 8 datas por Australia e Nova Zelandia entre febreiro e marzo do 2009. Finck continuou actuando coa banda na xira do 2009 ao lado de Jane's Addiction por norteamérica e na posterior xira Wave Goodbye por Europa e Asia. O grupo regresou aos Estados Unidos para realizar unha serie de concertos que serían as últimas actuacións ao vivo de Nine Inch Nails.

En outubro de 2009 Finck e os antigos compañeors de Guns N' Roses Axl Rose, Tommy Stinson e Buckethead víronse involucrados nunha demanda presentada polos selos do músico electrónico Ulrich Schnauss Independiente e Domino Records, alegando que infrinxiran o copyright ao usar partes das súas composicións no tema "Riad 'n the Bedouins".

Notas

  1. "100 mellores artistas de todos os tempos segundo VH1". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2010. Consultado o 02 de marzo de 2011. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!