David Andrew Leo Fincher, nado en Denver (Colorado) o 28 de agosto de 1962 é un director de cinema estadounidense.
Traxectoria
Fincher comezou a realizar filmes aos oito anos, inspirado por Butch Cassidy and the Sundance Kid e máis adiante estudou no Berkeley Film Institute. O seu primeiro traballo no cinema foi en Korty Films e en 1983 foi contratado por Industrial Light & Magic, onde traballou en filmes como O retorno do Jedi e Indiana Jones e o templo maldito.
En 1984 abandonou ILM, pasando a dirixir publicidade e documentais, o mesmo tempo que comezou a dirixir videoclips.
Debutou na longametraxe con Alien 3, que non foi ben recibida, volvendo á publicidade e aos vídeos musicais. En 1995 dirixiu Seven, filme de grande éxito, tralo que seguiu dirixindo filmes de éxito comercial e crítico como Zodiac, O curioso caso de Benjamin Button ou The Social Network.
Filmografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas