Bird Box é un filme estadounidense postapocalíptico de 2018 dirixido por Susanne Bier. O guión é obra de Eric Heisserer e baséase na novela de 2014 Bird Box, de Josh Malerman. Está protagonizado por Sandra Bullock. Trevante Rhodes, Jacki Weaver, Rosa Salazar, Danielle Macdonald, Lil Rel Howery, Tom Hollander, BD Wong, Sarah Paulson, Machine Gun Kelly (acreditado como Colson Baker) e John Malkovich forman o resto do elenco.
Bird Box estreouse internacionalmente no AFI Fest o 12 de novembro de 2018, e tivo unha estrea limitada nos Estados Unidos o 14 de decembro antes da súa estrea mundial en liña a través de Netflix o 21 de decembro de 2018.
Sinopse
O filme conta a historia dunha muller, interpretada por Sandra Bullock, que xunto a dous nenos debe atravesar un bosque e un río cos ollos pechados co obxectivo de evitar unhas entidades sobrenaturais que provocan que a xente cometa suicidio despois de ollar cara a eles.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas