Portrait of an American Family é o álbum de estrea da banda estadounidense de metal industrial Marilyn Manson, publicado o 19 de xullo de 1994 a través dos selos Nothing Records e Interscope Records. Foi producido polo líder do grupo e por Trent Reznor de Nine Inch Nails. Inicialmente foi coñecido como The Manson Family Album (un referencia directa á bandado asasino en serie Charles Manson) pero foi retitulado antes de editarse.
É o único álbum de estudio de Marilyn Manson no que toca o baixista Gidget Gein. Gein foi despedido despois da produción debido á súa adicción á heroína e Twiggy Ramirez, encargado de equipo do grupo e amigo de Gein e Manson, sería colocado temporalmente como substituto mentres Gein se recuperaba. Finalmente faríase co lugar de Gein e durante un breve período de tempo adoptaría a súa imaxe. Contrariamente á crenza popular, Ramirez non tocou o baixo no traballo. Aínda que Sara Lee Lucas foi a batería do álbum, o teclista ao vivo de Nine Inch Nails Charlie Clouser usou unha caixa de ritmos para substituír o trabalo que realizou Lucas. Daisy Berkowitz axudou a compoñer a música para todas as cancións agás "Prelude (The Family Trip)" e "Sweet Tooth."
Todas as letras escritas por Manson (agás o tema 1, "Prelude (The Family Trip)", collido de Willy Wonka e a fábrica de chocolate; o tema 12, "My Monkey" que contén letras escritas por Charles Manson; e o tema 14, composto por Gary Numan).