Salvador García-Bodaño
Salvador García-Bodaño Zunzunegui , nado en Teis (Vigo ) o 17 de xullo de 1935 e finado en Veitureira [ 1] (Lampai , Teo ) o 7 de marzo de 2023 ,[ 2] foi un escritor galego , membro do plenario da Real Academia Galega dende 1992 e vicesecretario desa institución no período 2001 -2009 . Cultivou exclusivamente a poesía en lingua galega e está considerado como membro da Xeración das Festas Minervais . Foi procurador dos tribunais e dedicouse a diversas actividades mercantís.
Traxectoria
Fillo de Salvador García-Bodaño Fernández , cando nin contaba un mes de idade os seus pais trasladáronse para Santiago de Compostela , cidade na que se formou intelectualmente, coa influencia de Carlos Maside e Ramón Piñeiro . Colaborou con La Noche e pertenceu ao Partido Socialista Galego do que foi Secretario de Información e Propaganda.
Estudou Dereito nas Universidades de Santiago e Oviedo.[ 4] Formou parte de numerosas empresas culturais: foi fundador en 1961 da Agrupación Cultural O Galo ; formou parte do Consello da Mocedade . Participou nos Xogos Florais da Coruña de 1962, na celebración do primeiro Día das Letras Galegas (1963) e na homenaxe a Antonio Machado de 1964. En 1974 foi sancionado polo Tribunal de Orde Pública por un recital no Círculo Recreativo e Cultural de Perlío, Fene , no que se incluían uns poemas á Revolución dos Caraveis e a Pablo Neruda .[ 5] Colaborou na realización do proxecto da revista Teima (1976 ); na editorial Escola Aberta ; no Museo do Pobo Galego (1976), sección etnográfica de oficios e da arte popular; na directiva da primeira Asociación de Escritores en Lingua Galega (1980 ); no Ateneo de Santiago de Compostela xa desaparecido e do que foi presidente; na Fundación Padroado do Pedrón de Ouro ; no Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside , no novo Seminario de Estudos Galegos (1983); fundador da actual Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG); do Instituto Galego da Información (IGI); da Asociación de Tradutores en Lingua Galega (ATLG); da Fundación Castelao ; do PEN Clube de Galicia e da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil .
A proposta de Antón Fraguas , Constantino García e Andrés Torres Queiruga , ingresou como membro numerario na Real Academia Galega o 25 de novembro de 1992 , pronunciando o discurso Compostela e as nosas letras ata o Manifesto Máis Alá ,[ 6] respondido por Carlos Casares . Foi vicesecretario desa institución durante dous períodos consecutivos, de 2001 a 2009.[ 5]
Mantivo unha columna dominical en El Correo Gallego , titulada “No pasar dos días”.[ 7]
Foi presidente do Ateneo de Santiago entre 2008 e 2021 cando pasou a ser presidente de honra.[ 8]
Vida persoal
Casou con Aurichu Pereira , con quen tivo catro fillos, e de quen se separou en 1979.[ 9]
En 1982 casou con Xulia Rodríguez Blanco, que sería a musa dos seus célebres Poemas de amor a Xulia e con que celebrou en 2022 os 40 anos de casados.
Obra
Poesía
Ao pé de cada hora , 2ª ed, 1980.
Narrativa
García-Bodaño en 2007.
Ademais os relatos curtos A Pedra (1991), Conto de Reis (1991) e Ruth (1993).
Ensaio
Tradución
Eu son unha árbore , de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 978-84-372-1368-2 .
Eu son unha fera , de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 978-84-372-1367-5 .
Eu son unha rocha , de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 9788437213668 .
Eu son o aire , de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 84-372-1369-X .
Eu son o sol , de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 84-372-1371-1
Eu son unha pinga , de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 84-372-1370-3 .
Eu son o lume , de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 84-372-1375-4 .
Haruchan , de Anna Gasol e M. Gasol (1988 ). Barcelona: Onda. ISBN 84-7552-179-7 .
Qomolangma: asalto al Everest, de Antoni Ricart de Mesones (1988). Barcelona: Onda. ISBN 84-7552-180-0 .
Obras colectivas
Homenaxe a Fermín Penzol (1972 , Galaxia).
Homenaxe a Francisco Fernández del Riego (1972, Galaxia).
Ocho siglos de poesía gallega (1972, Alianza).
Chile en el corazón. Homenaxe a Pablo Neruda (1975 , Península).
Homenaxe a Otero Pedrayo (1976 , Galaxia).
Poesía gallega de postguerra (1976, Ediciós do Castro).
Homenaxe a Luís Seoane (1977 , Cuco-Rei).
Galicia: realidade económica e conflicto social (1979, Banco del Noroeste).
Maside, un pintor para unha terra (1979, COAG Santiago).
Antoloxía de poesía galega. Dos posmodernistas aos novos (1980 , Galaxia).
Coroa poética para Rosalía de Castro (1985, Xerais).
Homenaxe a Laxeiro de escritores e artistas de Galicia (1991).
Homenaxe a Ramón Piñeiro (1991, Caixa Galicia ).
Os contos da campaña (1992, Xunta de Galicia ).
Rolda de amigos derredor de Francisco Fernández del Riego (1993 ).
Ultreia. Poetas e pintores galegos fronte á droga (1993).
50 anos de poesía galega (1994, Penta).
Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995 , Ediciós do Castro).
Coroa poética para un mártir (1996 , Xerais).
O entrelazo das palabras (1999 ).
Río de son e vento , de César Morán (1999, Xerais).
Manuel Luís Acuña (2000 , Xerais).
Homenaxe a Xavier Pousa (2001 , Fundación Xoán Piñeiro).
A poesía é o gran milagre do mundo , 2001, PEN Clube de Galicia.
Poetas e narradores nas súas voces. I , 2001, Consello da Cultura Galega .
Un futuro para a lingua (2002 , Xunta de Galicia).
Homenaxe a Francisco Fernández del Riego (2002, Fundación Premios da Crítica-Galicia).
O libro dos abanos (2002, Follas Novas).
Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003 , Tris Tram ). Por Arturo Casas .
Antón Avilés de Taramancos: 1935-1992, unha fotobiografía (2003, Xerais).
Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003, CCG ).
Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
Narradio. 56 historias no ar (2003, Edicións Xerais de Galicia).
Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado (2004, Hipocampo).
Son de poesia (2005 , Edições Fluviais, Lisboa ).
Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006, Espiral Maior).
Poemas pola memoria (1936-2006) (2006, Xunta de Galicia).
Poetas con Rosalía (2006, Fundación Rosalía de Castro ).
Poetízate. Antoloxía da poesía galega (2006, Xerais).
Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
A Coruña á luz das letras (2008 , Trifolium).
Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009 , Difusora).
Lois Pereiro en 17 voces (2011 , La Voz de Galicia ).
Tamén navegar (2011 , Editorial Toxosoutos ).
Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
150 Cantares para Rosalía de Castro (2015 ).[ 17]
No Teatro Principal de Pontevedra o Día das Letras de 2018.
Premios
Notas
↑ González Martínez, Xosé (2023-03-07). "A manda testamentaria de García-Bodaño" . La Voz de Galicia . Consultado o 2023-03-07 .
↑ "A RAG expresa o seu fondo pensar polo pasamento do académico Salvador García-Bodaño" . Real Academia Galega . 7 de marzo de 2023.
↑ "tradutor/a A Editorial Xerais" . www.xerais.gal . Consultado o 2023-03-07 .
↑ 5,0 5,1 "Salvador García-Bodaño Zunzunegui" . Real Academia Galega .
↑ García-Bodaño, S. (2005). Compostela e as nosas letras ata o Manifesto Máis Alá . Real Academia Galega.
↑ "No pasar dos días, de Salvador García-Bodaño" . El Correo Gallego . Arquivado dende o orixinal o 26/02/2022. Consultado o 26/2/2022 .
↑ "Homenaje del Ateneo de Santiago a Salvador García-Bodaño" . La Voz de Galicia (en castelán ) . 21/12/2021.
↑ "Muere Aurichu Pereira, referente de la pintura gallega que inició sus pasos bajo el pincel de Carlos Maside" . La Vanguardia (en castelán ) . 2 de novembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2023. Consultado o 24 de novembro de 2023 .
↑ Vista previa da 2ª ed (1980) en Google Books .
↑ Vilavedra , Dolores , ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III . Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8 .
↑ "Tempo di Compostela" . bibliotraducion.uvigo.es . Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-04 .
↑ Con debuxos de Felipe Criado.
↑ 2ª edición en Biblioteca 114 , 1991 , El Correo Gallego.
↑ Compilación da súa obra publicada, que inclúe dous poemarios inéditos (Poemas de amor a Xulia e As palabras e os días ).
↑ "O Sinatra" (PDF) . galeguizargalicia.gal .
↑ 150 Cantares para Rosalía de Castro
↑ "Salvador García-Bodaño, Premio Cultura Galega das Letras 2012" 19/11/2012, RAG.
↑ "A Corporación outorga a medalla de Ouro e o título de Fillo Adoptivo a…" . El Correo Gallego . 26/12/2014. Arquivado dende o orixinal o 26/12/2014. Consultado o 26/12/2014 .
Véxase tamén
Bibliografía
"García-Bodaño Zunzunegui, Salvador". Diccionario enciclopédico galego universal 30 . La Voz de Galicia . 2003-2004. p. 60. ISBN 84-7680-429-6 .
"García-Bodaño Zunzunegui, Salvador". Dicionario biográfico de Galicia 2 . Ir Indo Edicións . 2010-2011. p. 151.
"García-Bodaño Zunzunegui, Salvador". Diciopedia do século 21 2 . Do Cumio , Galaxia e do Castro . 2006. p. 976. ISBN 978-84-8288-942-9 .
"García-Bodaño Zunzunegui, Salvador" . Enciclopedia Galega Universal . Ir Indo . 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9 .
"García-Bodaño Zunzunegui, Salvador". Gran Enciclopedia Galega (DVD ). El Progreso . 2005. ISBN 84-87804-88-8 .
Barrera , F. , ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán ) . El Correo Gallego . p. 250. ISBN 84-8064-113-4 .
Fernández del Riego , F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro . p. 167. ISBN 84-7492-465-0 .
Méndez Ferrín , Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra . Edicións Xerais de Galicia . pp. 297–299. ISBN 84-7507-139-2 .
Vilavedra , Dolores , ed. (1995). Diccionario da literatura galega . Autores I . Vigo : Editorial Galaxia . p. 257-258. ISBN 84-8288-019-5 .
Ligazóns externas