O Gran Premio de Portugal de 1984 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 21 de outubro de 1984 no circuíto de Estoril. Foi a décimo sexta e última da tempada de Fórmula Un de 1984. Este foi o primeiro Gran Premio de Portugal do campionato de Fórmula Un desde 1960, cando se celebrou no Boavista circuíto urbano de Porto.
Niki Lauda necesitaba o segundo posto para asegurar o título, e logrouno cando Nigel Mansell abandonou a 18 voltas para o final. Como resultado, gañou o título por só medio punto sobre o seu compañeiro de equipo Alain Prost. Os pilotos que puntuaron gañaron un total de 13 campionatos mundiais entre eles, e os tres pilotos no podio foron todos (polo menos) triplos campións do mundo en diferentes épocas. Niki Lauda, achegándose ao final da súa longa e distinguida carreira na F1, Alain Prost, gozando dos mellores anos da súa carreira, e Ayrton Senna, aínda nos albores da súa.
Clasificación
Posicións logo da carreira
- Clasificación no campionato de pilotos
|
- Clasificación do campionato de construtores
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Tyrrell e os seus pilotos foron descalificados do campionato mundial de 1984 e os seus resultados e puntos reasignados.
Notas
- Lauda e Prost comezaron a carreira loitando polo campionato do mundo de pilotos.
- Lauda (66 pts,) necesitaba quedar
- 1º ou 2º
- 3º ou 4º, con Prost 2º ou peor
- 5º ou 6º, con Prost 3º ou peor
- Prost 4º ou peor
- Prost (62´5 pts.) necesitaba quedar
- 1º con Lauda 3º ou peor
- 2º con Lauda 5º ou peor
- 3º con Lauda 7º ou peor
- Esta foi a última vez que un Gran Premio celebrado en Europa puxo fin á tempada ata 1997.
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2018. Consultado o 2018-05-18.
Véxase tamén
Ligazóns externas