O Gran Premio de Mónaco de 1996 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 19 de maio de 1996 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. A carreira correuse con choiva e foi a sexta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1996, disputada en principio sobre 78 voltas, gañouna Olivier Panis anotando a súa única vitoria na Fórmula Un, logrando a última vitoria na Fórmula Un para o equipo Ligier (e o primeiro para o fabricante do motor Mugen Motorsports) logo de cambiar aos pneumáticos lisos nunha parada en boxes moi oportuna. En virtude do regulamento, a carreira detívose no límite de dúas horas desde o inicio, cando se completaron 75 voltas das 78 que estaban previstas. Dos 22 coches, só catro chegaron á liña de meta.
Michael Schumacher logrou a pole, pero causou unha controversia de menor importancia cando na súa volta de desaceleración impediu a Gerhard Berger facer un bo tempo ao final da sesión. Ao saír do túnel Schumacher circulaba lentamente, recibindo o recoñecemento da multitude, mentres que Berger estaba nunha volta rápida. Schumacher tratou de apartarse do camiño de Berger, pero o austríaco ía demasiado rápido e tivo que virar a gran velocidade para evitar ao Ferrari, entrando na chicane ao revés.
Olivier Panis foi o máis rápido na volta de formación[1] Jacques Villeneuve foi 18º logo de preparar unha configuración de mollado en previsión de esperada choiva.[2] Entre a sesión de warm-up e a carreira, caeron fortes choivas no circuíto. Engadiuse unha sesión adicional de 15 minutos para permitir aos pilotos afacerse ás novas condicións xa que era a primeira vez que caía a choiva a fin de semana.[3][4][5] A sesión levouse a cabo ás 13:15;CEST (GMT +2).[6] Varios pilotos saíronse da pista durante a sesión, incluíndo a Pedro Lamy, Pedro Diniz e Giancarlo Fisichella, pero todos lograron continuar.[7][8][9] Os únicos dous pilotos con danos foron Mika Häkkinen e Andrea Montermini, que sufriron danos no seu coche.[10][11] Jean Alesi sufriu unha picada ao final da sesión, pero foi capaz de volver á rúa de boxes.[12] Varios pilotos optaron por saltar a sesión. O equipo Footwork optou por non participar, xa que non tiñan pezas de reposto, e calquera accidente marcaría o final do seu fin de semana.[13] Häkkinen foi o máis rápido, establecendo o seu tempo antes do seu accidente, con Alesi, Rubens Barrichello e Johnny Herbert por detrás. Os dous Williams foron sétimo e oitavo, con Villeneuve por diante de Damon Hill e Schumacher detrás deles, noveno.[14] A carreira comezou ás 14:30 CEST.[15]
Na volta de arrequecemento Montermini estrelou o seu Forti saíndo do túnel, e a falta dun coche de reserva significou que o italiano non puido iniciar a carreira en mollado, polo tanto, só 21 coches tomaron a saída. Hill, conseguiu pasar a Schumacher en Santa Devota, mentres que máis atrás xa había problemas. Jos Verstappen, que optara por iniciar a carreira con pneumáticos de seco, deslizouse directamente contra o muro. Os dous Minardi elimináronse cando se engancharon na saída da primeira curva. E así, 18 coches subían polo outeiro na primeira volta. Hill comezou a afastarse, mentres que Schumacher, gañador da pole perdeu o control saíndo de Mirabeau e chocou contra o muro, deixando 17 coches en marcha. Ao chegar á Rascasse, Barrichello fixo un trompo. Logo de cinco voltas, só había 13 coches en carreira Ukyo Katayama (accidente), Ricardo Rosset (accidente) e Diniz (transmisión) uníronse á lista de abandonos. Unha diferenza significativa empezou a abrirse entre os líderes e Eddie Irvine, cuarto. De feito había unha cola de oito coches detrás do lento Ferrari. Berger retirouse na volta 10 con problemas na caixa de cambios e quedaron 12 autos, mentres que Heinz-Harald Frentzen danou o seu alerón dianteiro intentando pasar Irvine. Na volta 31, Martin Brundle trompeou, o que deixou a só 11 coches na carreira. Tres voltas máis tarde, Irvine, finalmente, foi adiantado, cando Panis logrou pasalo na curva de Loews, nunha manobra electrizante. Irvine perdeu o control e atascouse pero incorporou de novo o seu coche coa axuda dos comisarios. Hill, pola súa banda, perdeu brevemente a vantaxe con Alesi cando fixo unha parada en boxes na volta 30 para cambiar a pneumáticos lisos cando pista comezou a secarse, pero recuperou o liderado unha volta despois, cando superou ao francés (que aínda estaba con pneumáticos de choiva) na pista. Alesi fixo a súa parada en boxes pouco despois, o que permitiu a Hill ampliar a súa vantaxe a case 30 segundos e seguir imperturbable na parte dianteira ata a volta 40, cando un erro na caixa de cambios levou a que fallara o motor na saída do túnel, foi a súa primeira retirada da tempada. Alesi tomou o liderado que duroulle 20 voltas, cando a súa suspensión fallou, entregando a primeira posición a Panis. Luca Badoer perdía seis voltas no Forti cando chocou con Villeneuve en Mirabeau, retirándose os dous pilotos. A carreira non cubriu a distancia total no tempo límite e a regra das dúas horas entrou en vigor. Panis aventaxaba a David Coulthard por unha pequena marxe, con só outros cinco coches detrás deles. Irvine finalizou unha tarde memorable ao trompear no mesmo punto no que o seu compañeiro Schumacher se estrelou. Mentres trataba de reincorporarse, foi golpeado por Mika Salo, que era á súa vez golpeado por Häkkinen. Os tres coches retiráronse e os comisarios tiveron que traballar duro para limpar a pista. Afortunadamente só había catro coches circulando, con Frentzen último. O alemán, que facilmente podería liderar a carreira, decidiu retirarse a boxes na penúltima volta, de tódolos xeitos corría por última vez. Xa que, só Panis, Coulthard e Herbert acabaron a carreira, o francés gañou o seu único Gran Premio e foi a primeira vitoria de Ligier en 15 tempadas. Frentzen, Salo e Häkkinen clasificáronse nas posicións dos puntos finais con Irvine acreditado no sétimo lugar.