O Gran Premio de Mónaco de 1985 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 19 de maio de 1985 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1985. A carreira foi gañada por Alain Prost pilotando un McLaren. Como de costume a FIA permitiu só 20 coches na grella debido aos estreitos confíns do circuíto de Mónaco o que significou que un total de 6 coches non puideron cualificar.
Houbo un grande accidente na recta principal no que se viron involucrados Nelson Piquet e Riccardo Patrese, este accidente afectou o resultado da carreira. O accidente ocorreu xusto despois de que Piquet e Patrese cruzaran a liña de saída / chegada, Piquet intentou pasar a Patrese, tocáronse os dous coches e Patrese estrelouse con violencia volvendo a bater con Piquet, que rompera a suspensión traseira do seu Brabham antes da segunda colisión con Patrese. Os dous pilotos resultaron ilesos. A caixa de cambios de Patrese derramou aceite na pista o que eliminou a Niki Lauda e case a Teo Fabi e ao líder da carreira Michele Alboreto, o problema de Alboreto deu vantaxe a Alain Prost. Alboreto fixo unha carreira espectacular, e finalmente alcanzou a Prost, volvéu a pasar a Prost pero unha picada no seu pneumático traseiro esquerdo na curva onde Piquet e Patrese estrelaranse fixo que baixara ao cuarto lugar detrás de Andrea De Cesaris, Elio de Angelis e Prost, volveu a pasar aos seus compatriotas, pero non puido atrapar a Prost, cuxa distancia era demasiado grande para que Alboreto poides atrapalo nas voltas restantes.