Eduardo mantivo unha controvertida relación con Piers Gaveston, quen se unira á súa casa en 1300. A natureza da relación de Eduardo con Gaveston non está clara: puideron ser simples amigos, amantes ou irmáns de sangue. A arrogancia de Gaveston como favorito de Eduardo provocou o descontento tanto dos baróns como da familia real francesa, e Eduardo tivo que mandalo ao exilio. Tras o seu regreso, os baróns insistíronlle ao rei para que introducise unhas amplas reformas, coñecidas como Ordenanzas de 1311. Os baróns fixeron uso do seu novo poder desterrando a Gaveston, ao que Eduardo respondeu revogando as reformas e mandando chamar o seu favorito de regreso. Tras isto e dirixidos polo curmán de Eduardo, o conde de Lancaster, un grupo de baróns capturaron e executaron a Gaveston en 1312, comezando así varios anos de confrontación armada. As forzas inglesas foron expulsadas de Escocia, onde Eduardo sufriu unha derrota decisiva a mans de Robert Bruce na batalla de Bannockburn en 1314. Entre 1315 e 1317 tivo lugar unha Gran Fame, que provocou novas críticas ao rei.
Os membros da familia Despenser, en particular Hugh Despenser o Novo, trabaron boa amizade e convertéronse en conselleiros de Eduardo. Porén en 1312, Lancaster e os baróns conseguiron expropiar as terras da familia e que o rei os mandase ao exilio. En resposta, Eduardo dirixiu unha pequena campaña militar na que capturou e executou a Lancaster. O rei e os seus favoritos reforzaron o seu poder, revogando formalmente as reformas de 1311, executando os seus inimigos e confiscando propiedades. Dada a incapacidade para avanzar en Escocia, Eduardo asinou unha tregua con Bruce. A oposición ao réxime aumentou, e cando en 1325 Isabel foi enviada a Francia para negociar a paz da Guerra de San-Sardos, volveuse na contra do rei e rexeitou regresar ao país. Isabel aliouse co exiliado Roger Mortimer e invadiu Inglaterra cun pequeno exército en 1326. O réxime de Eduardo colapsou e fuxiu a Gales, onde foi capturado en novembro. Tras isto foi obrigado a abdicar en xaneiro de 1327 en favor do seu fillo de 14 anos, Eduardo III. O rei finou no castelo de Berkeley o 21 de setembro dese ano, probablemente por orde do novo réxime.
As relacións de Eduardo con Gaveston inspiraron a obra de 1592 de Christopher Marlowe, Edward II, xunto a outras pezas, filmes e novelas. Moitas destas obras centráronse na posible relación sexual entre os dous homes. Os seus contemporáneos criticaron a súa actuación como rei, resaltando o seu fracaso en Escocia e o réxime de opresión durante os seus últimos anos, aínda que os académicos do século XIX afirmaron que o incremento das institucións parlamentarias durante o seu reinado tivo un efecto positivo para Inglaterra durante un longo período. O debate continúa no século XXI sobre se Eduardo foi un rei nugallán e incompetente ou simplemente un gobernante redundante e infrutuoso.
A pesar dos seus éxitos, cando Eduardo I morreu en 1307 deixou unha serie de problemas aos que tivo que enfrontarse o seu fillo.[9] Un dos máis críticos foi o problema do goberno inglés sobre Escocia, onde a longa e inconclusa campaña militar do rei aínda continuaba cando morreu.[10] O control de Eduardo sobre Gascuña provocaba tensións cos reis franceses,[11] que insistían en que os monarcas ingleses debían gardarlles vasalaxe por esas terras, mentres que os ingleses consideraban esta exixencia como un insulto á súa honra, quedando o asunto sen resolver.[11] Eduardo I tamén tivo que afrontar a crecente oposición dos baróns aos impostos e requisas necesarias para financiar as campañas militares, deixando unha débeda de case 200 000 libras no momento da súa morte.[12][13][a]
Primeiros anos (1284–1307)
Nacemento
Eduardo II naceu no castelo de Caernarfon, situado no norte de Gales, o 25 de abril de 1284, menos dun ano despois de que o seu pai, Eduardo I, conquistase a rexión, e por iso ás veces foi coñecido como Eduardo de Caernarfon.[16] O rei probablemente elixira este castelo como lugar de nacemento de Eduardo xa que era un lugar con grande importancia simbólica para os nativos galeses, asociado coa historia imperial romana, e era o centro da nova administración real no norte de Gales.[17][1] O nacemento de Eduardo veu acompañado de predicións de grandeza por parte dos profetas do seu tempo, que crían que o Xuízo Final era inminente, chegando a declaralo como o novo rei Artur, que dirixiría Inglaterra ata a gloria.[18]David Powel, un crego do século XVI, suxeriu que o bebé debía ser ofrecido aos galeses como un príncipe "que nacera en Gales e que podería non dicir nunca unha palabra en inglés", pero non hai evidencias que corroboren esta historia.[19][20]
O nome de Eduardo era de orixe inglesa, vinculado ao santoanglosaxónEduardo o Confesor, e foi escollido polo seu pai en lugar dos máis tradicionais nomes normandos e casteláns que escollera para os seus irmáns.[21] Eduardo tiña tres irmáns máis vellos: Xoán e Henrique, que morreron antes de que nacese, e Afonso, quen morreu en 1284, deixando a Eduardo como herdeiro ao trono.[22] Aínda que Eduardo foi un neno relativamente san, houbo varios momentos nos que se temeu pola súa vida e polo feito de que a súa morte deixaría o seu pai sen un herdeiro varón.[22]
Tras o seu nacemento, Eduardo recibiu os coidados dunha ama de leite chamada Mariota, ou Mary Maunsel, durante uns meses, ata que esta enfermou e foi substituída por Alice de Leygrave.[23][24][25] O neno apenas coñeceu a súa nai, Leonor, quen estivo en Gascuña xunto a Eduardo durante os seus primeiros anos de vida.[23][24][25] Creouse unha casa oficial co seu persoal completo para o novo bebé, baixo a dirección do crego Giles de Oudenarde.[26]
Infancia, personalidade e aparencia
O gasto na casa persoal de Eduardo aumentou conforme o neno medraba. En 1293 William of Blyborough foi nomeado administrador.[27] Probablemente Eduardo recibiu unha educación relixiosa de mans dos freires dominicos, a quen a súa nai convidara á súa casa en 1290.[28] Tamén lle foi asignado un dos seguidores da súa avoa, Guy Ferre, como o seu magister, responsable da súa disciplina, adestramento en equitación e técnicas militares.[29] Non está claro como de boa foi a súa educación. Hai poucos rexistros da súa habilidade para ler e escribir, aínda que a súa nai se asegurara de que os seus outros fillos estivesen ben educados, e o propio Ferre foi un home bastante culto para o seu tempo.[30][31][b] Eduardo probablemente falou en anglonormando no seu día a día, así como un pouco de inglés e probablemente latín.[34][c]
Eduardo tivo a infancia habitual dun membro da familia real.[35][36][d] O príncipe interesouse polos cabalos e a súa reprodución selectiva, chegando a ser un xinete experto. Tamén lle gustaban os cans, en particular o galgo inglés.[39] Nas súas cartas, mostrou un peculiar sentido do humor, facendo bromas sobre mandarlles os animais insatisfactorios aos seus amigos, como cabalos que non se deixaban montar, ou cans demasiado lentos para cazar coellos.[40][41] Non estivo particularmente interesado na caza ou a falcoería, actividades moi populares no século XIV.[42] Desfrutaba coa música, incluída a galesa e co recentemente inventado instrumento, o crwth, así como cos órganos.[43][44] Non participou nos torneos de xusta, quizais pola súa falta de aptitude ou por que se lle prohibiu por motivos de seguridade. Porén, foi un auténtico seguidor deste deporte.[45][22]
Eduardo creceu alto e musculoso, e considerouse como un home guapo para os estándares da época.[46][47] Tiña reputación de ser un bo orador e foi coñecido pola súa xenerosidade co seu séquito.[48][49] De maneira infrecuente, gozaba da traiñeira, así como dos sebeiros e de facer gabias.[50][e] Este comportamento non se consideraba normal na época para un membro da nobreza e provocou as críticas do seus contemporáneos.[51][50]
En 1290, Eduardo I confirmara o tratado de Birgham, no cal prometía casar o seu fillo Eduardo, daquela de seis anos, con Margarida de Noruega, quen era a herdeira ao trono de Escocia.[47][52] Margarida morreu ese mesmo ano, poñendo fin aos plans de voda.[53] A nai de Eduardo, Leonor de Castela, morreu pouco despois, seguida da súa avoa, Aliénor da Provenza.[54] Eduardo I quedou moi afectado pola morte da súa muller e celebrou un gran funeral na súa honra.[54] Tras isto, considerouse un matrimonio francés para o príncipe Eduardo, asegurando así unha paz duradeira con Francia. Porén a guerra estoupou en 1294,[55][56] e a proposta de matrimonio cambiou a filla do conde de Flandres. Esta nova proposta tamén fracasou polo bloqueo do rei Filipe IV de Francia.[57][56]
Primeiras campañas en Escocia
Entre 1297 e 1298, Eduardo quedou como rexente de Inglaterra mentres o seu pai marchou de campaña a Flandres en contra de Filipe IV, quen ocupara as súas posesións en Gascuña.[58] Ao seu regreso, Eduardo I asinou un tratado de paz, polo cal casaría coa irmá de Filipe, Margarida, mentres que o príncipe Eduardo casaría coa filla de Filipe, Isabel de Francia, de tan só dez anos.[59][60] En teoría, estes matrimonios significaban que o disputado ducado de Gascuña sería herdado por un descendente de ambos os monarcas, poñendo en teoría fin as tensións.[61] Semella que o príncipe Eduardo tivo un bo trato coa súa madrasta, quen tivo dous fillos xunto a Eduardo I, Thomas de Brotherton e Edmund de Woodstock, nados en 1300 e 1301.[62][63] Máis adiante, xa como rei, Eduardo II axudou financeiramente aos seus irmáns e deulles títulos nobiliarios.[64][f]
Eduardo I regresou a Escocia de novo en 1300 e o príncipe Eduardo acompañouno como comandante da retagarda no cerco ao castelo de Caerlaverock.[65] Na primavera de 1301 o rei nomeou Eduardo novo Príncipe de Gales, conde de Chester e outorgándolle varias terras no norte de Gales. Semella que esperaba que este acto axudaríaa a pacificar a rexión, e que lle daría ao seu fillo algo de independencia financeira.[66] Eduardo recibiu vasalaxe dos seus súbditos galeses e uniuse ao seu pai na campaña escocesa dese ano, poñéndose á fronte de 300 soldados e capturando o castelo de Turnberry.[67] O príncipe tamén tomou parte na campaña de 1303 durante o cerco ao castelo de Brechin, despregando a súa propia máquina de asedio na operación.[68] Na primavera de 1304, Eduardo dirixiu as negociacións cos líderes rebeldes escoceses en nome do rei e, cando estas fracasaron, uniuse ao seu pai no cerco do castelo de Stirling.[69]
En 1305, Eduardo e o seu pai pelexaron, probablemente por mor do diñeiro.[70] O príncipe tivera un altercado co bispo Walter Langton, quen servía como tesoureiro real, aparentemente polo apoio financeiro que recibía Eduardo por parte da Coroa.[69] Eduardo I defendeu o seu tesoureiro, expulsou o seu fillo e os seus acompañantes da súa corte e cesou o apoio financeiro.[71] Tras varias negociacións nas que participaron varios familiares e amigos, pai e fillo acabaron reconciliándose.[72]
O conflito escocés rexurdiu de novo en 1306, cando Robert Bruce matou o seu rival John Comyn e proclamouse rei dos escoceses.[73] Eduardo I mobilizou o seu exército e decidiu poñer o seu fillo á fronte da expedición.[73] O príncipe Eduardo foi nomeado duque de Aquitania e entón, xunto a outro grupo de homes, foi nomeado cabaleiro nunha cerimonia na abadía de Westminster, coñecida como a Festa dos Cisnes.[74] Durante a festividade, chea de simbolismos da lenda de Artur e das Cruzadas, a asemblea realizou o xuramento de derrotar Bruce.[75][76][77] Non está claro o papel das forzas do príncipe Eduardo na campaña dese verán que, baixo as ordes de Eduardo I, resultou de gran brutalidade e represión contra as forzas de Bruce.[78][g] Eduardo regresou a Inglaterra en setembro, onde as negociacións diplomáticas para formalizar a súa voda con Isabel aínda estaban tratándose.[80]
Piers Gaveston e sexualidade
Durante este período, Eduardo trabou boa amizade con Piers Gaveston.[81] Gaveston era o fillo dun dos cabaleiros do rei Eduardo cuxas terras eran adxacentes a Gascuña, e unírase a casa persoal de Eduardo en 1300, posiblemente seguindo as instrucións do rei.[82] Os dous mozos caéronse ben, e Gaveston axiña se converteu no escudeiro do príncipe e comezara a ser visto como un compañeiro próximo a Eduardo antes de ser nomeado cabaleiro durante a Festa dos Cisnes de 1306.[83][84] O rei exiliou Gaveston a Gascuña en 1307 por razóns que non están claras.[85] Segundo un cronista, Eduardo preguntoulle ao seu pai se podía outorgar a Gaveston o condado de Ponthieu, e o rei respondeu furioso arrancando varios cabelos da cabeza do príncipe, antes de exiliar Gaveston.[86] O rexistro oficial da corte, porén, mostra Gaveston como un exiliado temporal, gozando incluso dun soldo. Non se sinalan as razóns desta decisión aínda que suxire que puido ser un acto de castigo contra o príncipe.[87][88]
A posibilidade de que Eduardo mantivese unha relación sexual con Gaveston ou cos seus favoritos foi discutida extensamente polos historiadores, complicados pola escaseza de probas que determinen o verdadeiro carácter das relacións.[89][88][h] A homosexualidade estaba condenada pola Igrexa na Inglaterra do século XIV, igualándoa coa herexía, pero a atracción sexual por outro home non necesariamente definía a identidade persoal do mesmo xeito que o fai no século XXI.[95][96][50] Eduardo e Gaveston mantiveron relacións sexuais coas súas mulleres e ambos tiveron fillos. Eduardo tivo incluso un ilexítimo, e probablemente mantivera unha relación coa súa sobriña, Leonor de Clare.[97][98][99]
As probas contemporáneas que apoian a súa relación homosexual proveñen principalmente dun cronista anónimo de comezos da década de 1320. A primeira suxestión específica de que Eduardo mantiña relacións sexuais con homes foi rexistrada en 1334, cando Adam Orleton, o bispo de Winchester, foi acusado de afirmar en 1326 que Eduardo era "un sodomita", aínda que Orleton se defendeu afirmando que o que pretendía dicir é que o conselleiro de Eduardo, Hugh Despenser o Novo, era un sodomita, en lugar do rei.[100] A crónica de Meaux da década de 1390 sinala que Eduardo se daba "demasiado ao vicio da sodomía".[101]
Por outra banda, Eduardo e Gaveston puideron ser simplemente amigos cunha relación de traballo moi próxima.[91] Os comentarios dos cronistas contemporáneos están vagamente redactados; as acusacións de Orleton foron, polo menos en parte, motivadas politicamente e son moi similares ás acusacións de sodomía altamente politizadas contra o papa Bonifacio VIII e os cabaleiros templarios en 1303 e 1308, respectivamente.[102] Os relatos posteriores dos cronistas sobre as actividades de Eduardo poden remontarse ás alegacións orixinais de Orleton e certamente foron adversamente manipuladas polos eventos ao final do seu reinado.[101][92] Historiadores como Michael Prestwich e Seymour Phillips indicaron que a natureza pública da corte real inglesa faría que calquera relación homosexual permanecese en segredo; non semella que nin a Igrexa da época, nin o pai de Eduardo nin o seu sogro fixesen comentario adverso ningún sobre o comportamento sexual de Eduardo II.[103][104][105]
Unha teoría máis recente, proposta polo historiador Pierre Chaplais suxire que Eduardo e Gaveston tiñan un vínculo de irmandade adoptiva.[106][107] Os pactos de irmandade adoptiva, nos cales os participantes se comprometían a axudarse mutuamente nunha especie de «irmandade en armas», non eran descoñecidos entre amigos varóns achegados na Idade Media.[108] Moitos cronistas describiron a relación de Eduardo Gaveston como unha relación de irmandade, e algún notou explicitamente que Eduardo tomara a Gaveston como o seu irmán adoptivo.[92] Chaplais sostivo que a parella puido facer un pacto formal en 1300 ou 1301 e que percibiron calquera promesa posterior de separarse o afastarse mutuamente como accións baixo coerción e, polo tanto, pactos inválidos.[109] Porén, tal pacto podería non excluír a súa relación de ter unha dimensión sexual tamén.[50]
Primeiros anos de reinado (1307–1311)
Coroación e matrimonio
Eduardo I mobilizou outro exército para a campaña escocesa en 1307. O príncipe Eduardo debía unirse a el no verán, pero a saúde do monarca foi empeorando e acabou morrendo o 7 de xullo en Burgh by Sands.[110] Eduardo viaxou desde Londres nada máis coñecer a noticia, e o 20 de xullo foi proclamado rei.[111] Tras isto continuou a súa viaxe cara ao norte e o 4 de agosto recibiu a vasalaxe dos seus partidarios escoceses en Dumfries, antes de abandonar a campaña e regresar ao sur.[112] O novo rei non tardou en chamar a Piers Gaveston, quen daquela estaba exiliado. Nomeouno conde de Cornualla e acordou o seu matrimonio con Margaret de Clare.[113][i] Eduardo tamén arrestou o seu vello adversario, o bispo Langton, e relevouno do seu posto como tesoureiro.[12] O corpo de Eduardo I permaneceu na abadía de Waltham durante varios meses antes de ser trasladado ata Westminster para o seu enterramento, onde Eduardo mandou construír unha sinxela tumba de mármore para o seu pai.[115][j]
En 1308, tivo lugar o matrimonio con Isabel de Francia.[117] O rei inglés cruzou a canle da Mancha en xaneiro, deixando Gaveston como o seu custos regni a cargo do reino na súa ausencia.[118] Esta disposición non era habitual e involucraba poderes sen precedentes delegados a Gaveston, apoiados por un Gran Selo Real gravado especialmente para el.[119] Eduardo probablemente esperaba que o matrimonio fortalecese a súa posición en Gascuña e lle trouxese os fondos que tanto precisaba.[11] Porén, as negociacións finais resultaron desafiantes: Eduardo e Filipe IV non se agradaban[120] e este último mantivo unha ríxida posición sobre o tamaño da dote de Isabel e os detalles sobre a administración das terras de Eduardo en Francia.[121][122] Como parte do acordo, o rei inglés rendeu homenaxe a Filipe IV polo Ducado de Aquitania e aceptou unha comisión para finalizar a implantación do Tratado de París de 1303.[123]
A parella casou en Boulogne o 25 de xaneiro.[124] Eduardo entregou a Isabel un salterio como regalo de vodas e o seu pai entregoulle agasallos por valor de máis de 21 000 libras e un fragmento da Vera Cruz.[125][61] A parella regresou en febreiro a Inglaterra, onde Eduardo ordenara que o palacio de Westminster fose restaurado dignamente para a súa coroación e festa de vodas, con mesas de mármore, corenta fornos e unha fonte que producía viño e pemento, unha bebida medieval especiada.[126] Despois dalgunhas demoras, a cerimonia levouse a cabo o 25 de febreiro, baixo a dirección de Henry Woodlock, bispo de Winchester.[127] Como parte da coroación, Eduardo xurou defender «as leis e costumes lexítimos que elixise a comunidade do reino».[128] Non está claro o significado disto: puido ter a intención de obrigar Eduardo a aceptar unha futura lexislación, a frase puido ser inserida para evitar que anulase os futuros votos que puidese tomar, ou puido ser un intento do rei de congraciarse cos baróns.[129][130][k] O evento estragouse ao precipitarse no palacio unha gran multitude de espectadores entusiasmados, que derribaron unha parede e forzaron Eduardo a saír espavorecido pola porta traseira.[131]
Isabel tiña 12 anos no momento da súa voda, era nova segundo os estándares da época; Eduardo probablemente tivo relaciones sexuais con amantes durante os seus primeiros anos xuntos.[132][92] Durante este tempo o rei foi pai dun fillo ilexítimo, Adam, quen naceu posiblemente en 1307.[132][92] O primeiro fillo de Eduardo e Isabel, o futuro Eduardo III, naceu en 1312 rodeado de grandes celebracións; seguíronlle outros tres fillos: Xoán en 1316, Leonor en 1318 e Xoana en 1321.[133][92]
Tensións sobre Gaveston
O retorno de Gaveston do exilio en 1307 foi inicialmente aceptado polos baróns, pero a oposición creceu rapidamente.[134][91] Aparentemente tiña unha influencia excesiva na política real, o que provocou as queixas dun cronista de que había «dous reis gobernando nun reino, un en nome e outro en acción».[135] Xurdiron acusacións, probablemente falsas, de que Gaveston roubara fondos reais e furtara os agasallos de voda de Isabel.[136] Gaveston xogara un papel clave na coroación de Eduardo, o que provocou a ira dos continxentes ingleses e franceses sobre a precedencia cerimonial do conde, as súas vestiduras magníficas e a aparente preferencia de Eduardo pola compañía de Gaveston sobre a da súa esposa Isabel na festa.[137][138]
O Parlamento de Inglaterra reuniuse en febreiro de 1308 nun ambiente tenso.[139] O rei estaba ansioso por discutir a posible reforma gobernamental, pero os baróns non estaban dispostos a iniciar ningún debate ata que o problema de Gaveston se resolvese.[139] A toma das armas parecía probable, pero a situación solucionouse mediante a intervención do moderado Henry de Lacy, conde de Lincoln, quen convenceu os barón de que se retirasen.[140] En abril celebrouse un novo parlamento, no que os baróns criticaron unha vez máis Gaveston e exixían o seu exilio, esta vez co apoio de Isabel e a monarquía francesa.[141] Eduardo resistiuse, pero finalmente accedeu; acordou enviar Gaveston a Aquitania, baixo ameaza de excomuñón por parte do arcebispo de Canterbury se regresaba.[142] No último momento, Eduardo cambiou de opinión e enviou Gaveston a Dublín, designándoo lord tenente de Irlanda.[143]
Eduardo pediu unha nova campaña militar para Escocia, pero esta idea pasou desapercibida e, no seu canto, o rei e os baróns reuníronse en agosto de 1308 para discutir a reforma.[144] Detrás de escena, Eduardo abriu negociacións para convencer tanto o papa Clemente V como Filipe IV de permitir que Gaveston regresase a Inglaterra, e ofreceu en troques suprimir os cabaleiros templarios en Inglaterra e liberar de prisión o bispo Langton.[145] Eduardo convocou unha nova reunión de membros da igrexa e magnates importantes en xaneiro de 1309, e tamén os principais condes se reuniron entre marzo e abril, posiblemente baixo a dirección de Thomas, conde de Lancaster.[146] Seguiu outro parlamento, que rexeitou permitir que Gaveston regresase a Inglaterra, pero ofreceu conceder a Eduardo impostos adicionais se permitía un programa de reformas.[147]
O rei inglés asegurou ao romano pontífice que o conflito en torno ao papel de Gaveston chegara á súa fin.[148] Sobre a base destas promesas e as preocupacións sobre o procedemento como se tomou a decisión orixinal, o papa acordou anular a ameaza do arcebispo de excomungar a Gaveston, o que abriu a posibilidade do regreso de Gaveston.[149] Este último regresou a Inglaterra en xuño, onde foi recibido por Eduardo.[150] No parlamento do mes seguinte, o rei inglés fixo unha serie de concesións para tranquilizar a quen se opoñían a Gaveston, como acordar límites dos poderes do mordomo real e o mariscal da casa real, regular os poderes impopulares da Coroa sobre o aprovisionamento e abandonar a lexislación aduaneira recentemente promulgada; en compensación, o Parlamento acordou novos impostos para a guerra en Escocia.[151] Polo menos temporalmente, Eduardo e os baróns semellaron chegar a un compromiso con éxito.[152]
Tras o seu regreso, a relación de Gaveston coa maioría dos baróns foi cada vez máis difícil.[153] Foi considerado como arrogante e referíase aos señores con nomes ofensivos, chegando a chamar un dos máis poderosos nobres o can de Warwick.[153][154] Os inimigos de Gaveston e do conde de Lancaster rexeitaron asistir ao parlamento en 1310 debido a presenza do primeiro.[155] Eduardo afrontaba graves problemas económicos, debendo 22 000 libras aos seus banqueiros italianos, e afrontando protestas acerca de como utilizaba o seu dereito de prestación para adquirir recursos para a guerra en Escocia.[156] Os seus intentos de reunir un exército para Escocia fracasaron e os condes suspenderon a recadación dos novos impostos.[157]
O rei e o parlamento reuníronse de novo en febreiro de 1310. Estaba previsto que se afrontase un debate sobre as políticas en Escocia, mais este foi substituído por un debate sobre os problemas domésticos.[158] O parlamento demandou ao rei que abandonase a Gaveston e o seu conselleiro e que pasase a ser aconsellado por 21 baróns electos, coñecidos como ordenantes, que levarían a cabo unha reforma tanto do goberno como da Corte.[159] Baixo gran presión, Eduardo aceptou a proposta e os ordenantes foron escollidos, divididos entre reformistas e os conservadores.[160] Mentres que os ordenantes comezaron os seus plans de reforma, Eduardo e Gaveston reuniron un novo exército de arredor de 4 700 homes para Escocia, onde a situación continuaba deteriorándose.[161]Robert the Bruce rexeitou ir á batalla e a campaña progresou ineficazmente durante o inverno ata que os víveres e o diñeiro se esgotaron en 1311, provocando o regreso de Eduardo ao sur.[162]
Para entón, os ordenantes xa deseñaran as súas Ordenanzas para a reforma e Eduardo non tivo máis opción política que ceder e aceptalas en outubro.[163][164] As Ordenanzas de 1311 contiñan cláusulas que limitaban o dereito do rei a ir á guerra ou a conceder terras sen a aprobación do parlamento, outorgando ao Parlamento control sobre a administración real, abolindo o sistema de prestacións, excluíndo os banqueiros Frescobaldi e, introducindo un sistema para controlar o cumprimento das Ordenanzas.[165] Ademais, Gaveston foi exiliado de novo, esta vez con instrucións de que non podería habitar ningunha das terras de Eduardo, incluíndo Gascuña e Irlanda, e que debían de retirárselle os seus títulos.[166] Eduardo retirouse ás súas terras en Windsor e Kings Langley; Gaveston deixou Inglaterra marchando posiblemente ao norte de Francia ou Flandres.[167]
Anos intermedios de reinado (1311–1321)
Morte de Gaveston
As tensións entre Eduardo e os baróns permaneceron candentes, e os condes opuxéronse a manter os seus exércitos persoais mobilizados ata finais de 1311.[168] Para entón Eduardo xa se distanciara do seu curmán, o conde de Lancaster, quen posuía os condados de Lancaster, Leicester, Lincoln, Salisbury e Derby, e tiña uns ingresos arredor das 11 000 libras anuais das súas terras, case o dobre que o seguinte barón máis rico.[169]
Co apoio dos condes de Arundel, Gloucester, Hereford, Pembroke e Warwick, Lancaster dirixía unha poderosa facción en Inglaterra, pero non estaba persoalmente interesado na administración práctica nin era un político particularmente creativo ou efectivo.[170][171][172]
Eduardo respondeu á ameaza do barón coa revogación das ordenanzas e traendo Gaveston de volta a Inglaterra e reuníndose con el en York en xaneiro de 1312.[173] Os baróns estaban furiosos e reuníronse en Londres, onde Gaveston foi excomungado polo arcebispo de Canterbury, e puxéronse en marcha plans para capturalo e evitar que fuxise a Escocia.[174][175] Eduardo, Isabel e Gaveston escaparon a Newcastle, perseguidos por Lancaster e os seus seguidores.[176] Abandonando moitas das súas pertenzas, os tres fuxiron por barco e arribaron en Scarborough, onde quedou Gaveston mentres Eduardo e Isabel regresaron a York.[177] Logo dun breve asedio, Gaveston entregouse aos condes de Pembroke e Surrey, coa promesa de que non sería ferido.[178] Cargaba canda si unha gran colección de ouro, prata e xemas, probablemente parte do tesouro real, polo que máis tarde foi acusado de roubar ao rei inglés.[179]
No camiño de regreso desde o norte, Pembroke detívose na vila de Deddington nas Midlands e alí puxo a Gaveston baixo custodia mentres visitaba a súa esposa.[180][181] O conde de Warwick aproveitou esta oportunidade para apoderarse de Gaveston e levouno ao castelo de Warwick, onde Lancaster e o resto da súa facción se reuniron o 18 de xuño.[182] Nun breve xuízo, Gaveston foi declarado culpable de traizón, segundo os termos das ordenanzas; foi executado no outeiro Blacklow de Leek Wootton ao día seguinte, baixo as ordes do conde de Lancaster.[183][184] O cadáver de Gaveston non foi soterrado ata 1315, cando se levou a cabo o seu funeral no Priorado de Kings Langley.[185]
Tensións co conde de Lancaster e con Francia
As reaccións á morte de Gaveston variaron considerablemente.[186] Eduardo estaba furioso e profundamente molesto polo que consideraba un asasinato; fixo dispensas para a familia de Gaveston e tivo a intención de vingarse dos baróns involucrados.[175][187] Os condes de Pembroke e Surrey estaban avergoñados e indignados polas accións de Warwick, polo que apoiaron a Eduardo logo disto.[188][189] Para Lancaster e o seu núcleo de seguidores, a execución fora tanto legal como necesaria para preservar a estabilidade do reino.[186] A guerra civil parecía probable,[190] pero en decembro, o conde de Pembroke negociou un posible tratado de paz entre ambos os bandos, que perdoaría os baróns opositores polo asasinato de Gaveston a cambio do seu apoio a unha nova campaña en Escocia.[191] Porén, os condes de Lancaster e Warwick non deron a súa aprobación inmediata ao tratado e continuaron as negociacións durante a maior parte de 1313.[192]
Namentres, o conde de Pembroke estivera negociando con Francia para resolver os desacordos de varios anos atrás sobre a administración de Gascuña e, como parte disto, Eduardo e Isabel conviñeron viaxar a París en xuño de 1313 para reunirse con Filipe IV.[193] Eduardo probablemente esperaba que ambos resolvesen os problemas no sur de Francia e recibir o apoio de Filipe IV sobre a disputa cos baróns; para o rei francés era unha oportunidade para impresionar o seu xenro co seu poder e riqueza.[194] Resultou unha visita espectacular, cunha gran cerimonia na que os dous reis nomearon cabaleiros os fillos de Filipe IV e outros 200 homes en Notre-Dame, grandes banquetes na ribeira do Sena e unha declaración pública de que ambos os monarcas e as súas esposas se unirían ao Levante.[195] Filipe IV deu condicións indulxentes para resolver os problemas en Gascuña e o evento botouse a perder por un grave incendio nos apousentos de Eduardo.[196]
Ao seu regreso de Francia, a posición política de Eduardo estaba máis fortalecida.[197] Logo dunha intensa negociación, os condes –entre estes Lancaster e Warwick– chegaron a un compromiso en outubro de 1313, fundamentalmente similar ao borrador do acordo do pasado decembro.[198] As finanzas de Eduardo melloraron, grazas a que o Parlamento acordou a recadación de impostos, un préstamo de 160 000 floríns (25 000 libras) do papa, 33 000 libras que pediu prestadas a Filipe IV e préstamos adicionais organizados polo novo banqueiro italiano de Eduardo, Antonio Pessagno.[199][200] Por primeira vez no seu reinado, o seu goberno estaba ben financiado.[201]
En 1314, Roberto I reconquistou a maioría dos castelos en Escocia que algunha vez tivo Eduardo e expulsou os grupos de asalto no norte de Inglaterra ata Carlisle.[202] En resposta, Eduardo ideou unha gran campaña militar co apoio de Lancaster e dos baróns e reuniu un exército de entre 15 000 e 20 000 homes.[203][204] Entre tanto, Roberto I estaba asediando o castelo de Stirling, unha fortificación importante en Escocia; o comandante inglés declarou que rendería o castelo a menos que Eduardo chegase antes do 24 de xuño.[202] A noticia chegou ao rei inglés a finais de maio e decidiu acelerar a súa marcha cara ao norte desde Berwick para liberar o castelo.[205] Roberto I contaba con entre 5500 e 6500 soldados, principalmente lanceiros, preparados para evitar que as tropas de Eduardo chegasen a Stirling.[206]
A batalla comezou o 23 de xuño cando o exército inglés intentou abrirse camiño a través do terreo elevado do Bannock Burn, que estaba rodeado de marismas.[207] Producíronse escaramuzas entre ambos os bandos, o que provocou a morte de Henry de Bohun, a quen Roberto I matou en combate persoal.[207] Eduardo continuou o seu avance ao día seguinte e atopouse co groso do exército escocés cando saíron do bosque de New Park.[208] Aparentemente non esperaba que os escoceses librasen batalla alí e, como resultado mantivo as súas tropas, marchando ordenadamente no canto de combater, cos seus arqueiros –que polo xeral se empregaban para romper formacións inimigas de lanceiros– na retagarda do seu exército e non na vangarda.[208] Á súa cabalaría resultoulle difícil operar no estreito terreo e foi esmagada polos lanceiros de Roberto I.[209] O exército inglés estaba angustiado e os seus líderes non puideron recuperar o control.[209]
Eduardo quedou para loitar, pero o conde de Pembroke deuse conta de que a batalla estaba perdida e conduciu o rei inglés fóra do campo de batalla, perseguido ferozmente polas forzas escocesas.[210] Eduardo logrou escapar dos intensos combates e comprometeuse a fundar un fogar relixioso carmelita en Oxford se sobrevivía.[210] O historiador Roy Haines describiu a derrota como unha «calamidade de proporcións impresionantes» para os ingleses, cuxas perdas na batalla foron enormes.[211][212] Debido a isto, Eduardo retirouse a Dunbar, logo viaxou en barco a Berwick e logo de regreso a York; na súa ausencia, o castelo de Stirling non tardou en caer.[213]
Tras o fracaso en Bannockburn, aumentou a influencia política dos condes de Lancaster e Warwick, que fixeron presión ante Eduardo para volver implantar as Ordenanzas de 1311.[214] Lancaster converteuse no xefe do consello real en 1316, coa promesa de levar adiante as ordenanzas a través dunha nova comisión de reforma, pero aparentemente abandonou este rol pouco despois, en parte debido a desacordos cos demais baróns e posiblemente por mor de problemas de saúde.[215][216] Lancaster rexeitou entrevistarse con Eduardo no Parlamento durante os seguintes dous anos, o que paralizou o goberno. Isto bloqueou calquera esperanza dunha nova campaña en Escocia e aumentou os temores dunha guerra civil.[217][218] Logo de moita negociación –na que estivo involucrado unha vez máis o conde de Pembroke–, Eduardo e o conde de Lancaster finalmente acordaron o Tratado de Leake en agosto de 1318, que indultou Lancaster e a súa facción e estableceu un novo consello real, o que evitou temporalmente o conflito.[219][220]
As dificultades de Eduardo víronse empeoradas por problemas prolongados na agricultura inglesa, parte dun fenómeno máis amplo no norte de Europa coñecido como a Gran Fame. Comezou con choivas torrenciais a finais de 1314, seguidas por un inverno recruado e fortes precipitacións na primavera seguinte que mataron moitas ovellas e gando. O mal tempo continuou –case sen cesar– en 1321, o que resultou nunha serie de malas colleitas.[221][222] Os ingresos das exportacións de la caeron en picado e o prezo dos alimentos aumentou, malia os intentos do goberno de Eduardo de controlar os prezos.[223][224] O rei inglés pediu que os acaparadores liberasen alimentos e tratou de alentar tanto o comercio interno como a importación de grans, pero tivo pouco éxito.[225] Por requirimento de disposicións á corte real durante os anos de fame só aumentou as tensións.[226]
Mentres tanto, Roberto I aproveitou a súa vitoria en Bannockburn para atacar o norte de Inglaterra, inicialmente a Carlisle e Berwick e despois chegando máis ao sur a Lancashire e Yorkshire, incluso ameazando a propia York.[227] Eduardo emprendeu unha campaña custosa pero infrutuosa para frear o avance escocés en 1319, pero a fame fixo cada vez máis difícil manter as súas gornicións abastecidas de alimentos.[228][229] Namentres, unha expedición escocesa dirixida polo irmán de Roberto I invadiu con éxito Irlanda en 1315, onde Edward Bruce se declarou rei de Irlanda.[230] Finalmente foi derrotado en 1318 polo justiciar irlandés Edmund Butler na batalla de Faughart, na que Bruce foi asasinado e a súa cabeza cortada foi enviada ao rei inglés.[231] Tamén estalaron revoltas en Lancashire e Bristol en 1315 e en Glamorgan en Gales en 1316, pero foron reprimidas.[232][233]
En Inglaterra, a fame e as incursións escocesas sentíanse como un castigo de Deus, mentres se multiplicaron as queixas sobre Eduardo. Nun poema contemporáneo describíanse os «Tempos do mal de Eduardo II»[l].[234][235] Moitos criticaban o «impropio» e innobre interese do rei inglés nas actividades rurais.[236] En 1318, un home doente mentalmente chamado John de Powderham apareceu en Oxford e alegaba que era o verdadeiro Eduardo II e que o que estaba reinando era alguén co que fora intercambiado ao nacer.[237] John foi rapidamente executado, pero as súas afirmacións resoaron con aqueles que criticaban o rei inglés pola súa constante falta de comportamento e liderado.[237][238] Tamén creceu a oposición en torno ao tratamento de Eduardo cara aos seus favoritos reais.[239]
Conseguiu reter algúns dos seus asesores previos –a pesar dos intentos dos ordainers de expulsalos– e dividiu a extensa herdanza do conde de Gloucester entre dous dos seus novos favoritos, os cabaleiros retirados Hugh Audley e Roger Damory, o que os fixo extremadamente ricos.[218][240][m] Moitos dos membros moderados que axudaran a lograr o compromiso pacífico en 1318 xa comezaban a volverse contra Eduardo, o que fixo que a violencia fose cada vez máis probable.[241]
A guerra civil finalmente estalou en Inglaterra en 1321,[242] desencadeada pola tensión entre moitos dos baróns e os favoritos do rei inglés, a familia Despenser.[243]Hugh Despenser «o Vello» servira tanto a Eduardo como ao seu pai, mentres que Hugh Despenser «o Novo» casou coa adiñeirada Leonor de Clare, converteuse no chambelán do rei e adquiriu Glamorgan nas Marcas Galesas en 1317.[244] Hugh «o Novo» posteriormente expandiu as súas posesións e o seu poder a través de Gales, principalmente a expensas dos outros marcher lord.[245] O conde de Lancaster e os Despenser eran inimigos feroces e a antipatía de Lancaster era compartida pola maioría dos veciños dos Despensers, como o conde de Hereford, a familia Mortimer e os recentemente favorecidos Hugh Audley e Roger Damory.[246] Porén, Eduardo dependía cada vez máis dos Despenser en busca de consello e apoio e era particularmente próximo a Hugh «o Novo», a quen un cronista sinalou que «amaba [...] con todo o seu corazón e mente».[247]
A principios de 1321, Lancaster mobilizou unha coalición de adversarios dos Despenser a través dos territorios das Marcas.[248] Eduardo e Hugh «o Novo» decatáronse destes plans en marzo e dirixíronse ao oeste, coa esperanza de que as negociacións dirixidas polo moderado conde de Pembroke tranquilizarían a crise.[249] Esta vez Pembroke escusouse e rexeitou intervir, polo que estalou a guerra en maio.[250] As terras dos Despenser foron rapidamente ocupadas por unha coalición de marcher lord e a pequena nobreza local; Lancaster celebrou unha reunión de alto nivel dos baróns e o clero en xuño condenou aos Despenser por violar as ordenanzas.[251][252] Eduardo buscou a reconciliación, pero en xullo a oposición ocupou Londres e exixiu o desterro permanente dos Despenser.[253] Temendo que puidese ser deposto en caso de negarse, Eduardo acordou exiliar os Despenser e perdoou os marcher lord polas súas accións.[254][255]
Eduardo comezou a artellar a súa vinganza.[256] Coa axuda de Pembroke, o rei inglés formou unha pequena coalición do seu medio irmán, algúns dos condes e os clérigos principais e preparouse para a guerra.[257] Eduardo comezou con Bartholomew de Badlesmere: Isabel foi enviada á fortaleza de Badlesmere –o castelo de Leeds– para crear deliberadamente un casus belli.[258] A esposa de Bartholomew, Margaret, caeu na trampa e os seus homes mataron varios membros da comitiva de Isabel, o que deu a Eduardo unha escusa para intervir.[258] Lancaster rexeitou axudar a Bartholomew –quen tamén era o seu inimigo persoal– e Eduardo rapidamente recuperou o control do sueste de Inglaterra.[259] Alarmado, Lancaster mobilizou o seu exército no norte de Inglaterra e Eduardo reuniu as súas propias tropas no suroeste.[260] Os Despenser regresaron do exilio e foron indultados polo consello real.[261]
En decembro Eduardo conduciu o seu exército a través do río Severn e avanzou cara ás Marcas Galesas, onde se reuniran as tropas da oposición.[262] A coalición de marcher lord esborrallouse e os Mortimer rendéronse ante o rei inglés,[263] pero Damory, Audley e o conde de Hereford avanzaron cara ao norte en xaneiro para unirse a Lancaster, quen sitiara o castelo real de Tickhill.[264] Reforzado por novas tropas dos marcher lord, Eduardo perseguiunos e atopouse co exército de Lancaster o 10 de marzo en Burton-on-Trent. Lancaster, en inferioridade numérica, retirouse sen loitar e fuxiu cara ao norte.[264]Andrew Harclay acurralou a Lancaster na batalla de Boroughbridge e capturou o conde.[265] Eduardo e Hugh «o Novo» atopáronse con Lancaster no castelo de Pontefract, onde, logo dun xuízo sumario, foi declarado culpable de traizón e decapitado.[266][267]
Eduardo e os Despenser
Eduardo castigou os partidarios de Lancaster mediante un sistema de tribunais especiais no país, con xuíces instruídos por adiantado sobre como condenar os acusados, a quen non se lles permitiu falar en defensa propia.[268] Moitos destes supostos «contrariantes» (Contrariants) rapidamente foron executados, mentres outros foron encarcerados ou multados, as súas terras confiscadas e os seus familiares sobreviventes detidos.[269][270] O conde de Pembroke –de quen Eduardo xa desconfiaba– foi arrestado e só liberado logo de comprometer as súas posesións como garantía da súa propia lealdade.[271] Eduardo recompensou os seus fieis seguidores, especialmente a familia Despenser, coas propiedades confiscadas e novos títulos nobiliarios.[272] As multas e confiscacións enriqueceron a Eduardo: obtivo case 15 000 libras durante os primeiros meses e, en 1326, o tesouro do rei inglés contiña 62 000 libras.[273][274] Celebrouse un parlamento en York en marzo de 1322 no que as ordenanzas se aboliron formalmente mediante o Estatuto de York e aprobáronse novos impostos para unha nova campaña contra os escoceses.[275]
A campaña inglesa contra Escocia planeouse a grande escala, cunha forza de arredor de 23 350 homes.[276] Eduardo avanzou por Lothian cara a Edimburgo, pero Roberto I declinou reunirse con el na batalla, mentres Eduardo penetraba en Escocia. Os plans para reabastecer a campaña por mar fracasaron e o grande exército rapidamente quedou sen comida.[276] O rei inglés viuse forzado a retirarse ao sur da fronteira, perseguido polas bandas de asalto escocesas.[276] O fillo ilexítimo de Eduardo, Adam, morreu durante a campaña e as bandas invasoras case capturan Isabel, quen se aloxaba en Tynemouth e tivo que escapar por mar.[277] O rei inglés planificou unha nova campaña, apoiada por unha rolda de impostos adicionais, pero a confianza na política escocesa de Eduardo estaba diminuíndo.[278] Andrew Harclay, quen asegurara as vitorias de Eduardo o ano anterior e fora recentemente nomeado conde de Carlisle, negociou independentemente un tratado de paz con Roberto I, no que propuxo que Eduardo recoñecería a Roberto I como rei de Escocia e que, a cambio, Roberto I deixaría de interferir en Inglaterra.[279][280] Enfurecido, Eduardo inmediatamente ordenou executar Harclay, pero aceptou unha tregua de trece anos con Roberto I.[281][282]
Hugh Despenser «o Novo» viviu con todas as comodidades, desempeñou un rol de liderado no goberno de Eduardo e aplicaba as súas políticas a través dunha ampla rede de secuaces familiares.[283] Co apoio de Robert Baldock e Walter de Stapledon, chanceler e tesoureiro, respectivamente, os Despenser acumularon terras e riqueza e utilizaron a súa posición no goberno para encubrir superficialmente o que o historiador Seymour Phillips describiu como «a realidade da fraude, as ameazas de violencia e o abuso do procedemento legal».[284][285] Mentres tanto, Eduardo enfrontou unha crecente oposición. Rumoreábase sobre os supostos milagres arredor da tumba do defunto conde de Lancaster e na forca utilizada para executar os membros da oposición en Bristol.[286] A lei e a orde comezaron a derrubarse, alentados polo caos ocasionado pola incautación de terras.[287] A antiga oposición formada polos colegas dos marcher lord intentou liberar os prisioneiros que Eduardo tiña no castelo de Wallingford; Roger Mortimer, un dos máis prominentes marcher lord tralas reixas, escapou da Torre de Londres e fuxiu a Francia.[288]
Os desacordos entre Eduardo e a Coroa francesa sobre o Ducado de Gascuña provocaron a guerra de Saint-Sardos en 1324.[289]Carlos IV –cuñado de Eduardo– ascendeu ao trono francés en 1322 e era máis agresivo cós seus predecesores.[290] En 1323, insistía en que o rei inglés fose a París a renderlle homenaxe por Gascuña e exixía que os administradores de Eduardo en Gascuña permitisen que os oficiais franceses alí cumprisen as ordes dadas en París.[291] O asunto chegou a un punto crítico en outubro cando un grupo de soldados do rei inglés enforcaron un sarxento francés por intentar construír unha nova cidade fortificada no Agenais, unha sección disputada da fronteira gascoa.[292] Eduardo negou toda responsabilidade por este incidente, pero as relacións entre el e Carlos IV deterioráronse.[293] En 1324, Eduardo enviou Pembroke a París para negociar unha solución, pero o conde morreu repentinamente dunha enfermidade no camiño. Carlos IV mobilizou o seu exército e ordenou a invasión de Gascuña.[294]
As tropas de Eduardo en Gascuña consistían de aproximadamente 4400 soldados, pero o exército francés –comandado por Carlos de Valois– alcanzaba os 7000.[295] Valois tomou o Agenais e logo avanzou máis e illou a cidade principal de Bordeos.[295] En resposta, Eduardo ordenou o arresto de calquera francés en Inglaterra e apoderouse das terras de Isabel, sobre a base de que ela era de orixe francesa.[296] En novembro de 1324 reuniuse cos condes e a igrexa en Inglaterra, quen recomendaron que Eduardo conducise unha forza de 11 000 homes a Gascuña.[297] O rei inglés decidiu non ir persoalmente e enviou no seu lugar o conde de Surrey.[298] Namentres, Eduardo abriu novas negociacións co rei francés.[299] Carlos IV presentou varias propostas: a máis tentadora destas era que suxería que se Isabel e o seu fillo Eduardo viaxaban á capital francesa, o príncipe herdeiro debía render homenaxe ao rei francés por Gascuña, o que terminaría a guerra e Carlos IV devolvería o Agenais.[300] Eduardo e os seus conselleiros tiñan dúbidas sobre o envío do príncipe herdeiro a Francia, pero conviñeron que Isabel fose enviada soa en marzo de 1325.[301]
Caída do poder (1326–1327)
Distanciamento con Isabel
Isabel e os enviados de Eduardo realizaron negociacións cos franceses a fins de marzo.[302] As discusións resultaron difíciles e chegaron a un acordo só despois de que Isabel interviñese persoalmente co seu irmán Carlos IV.[302] Os termos favorecían á Coroa francesa: entre outras cousas, Eduardo rendería homenaxe en persoa a Carlos IV por Gascuña.[303] Preocupado polas consecuencias dunha nova guerra, Eduardo aceptou o tratado pero decidiu entregar Gascuña ao seu fillo e enviou o príncipe herdeiro a render homenaxe en París.[304] O mozo Eduardo cruzou a canle da Mancha e completou o trato en setembro.[305][n]
Eduardo esperaba que Isabel e o seu fillo regresasen a Inglaterra, pero en cambio ela permaneceu en Francia e non mostrou ningunha intención de regresar.[308][309] Ata 1322, o matrimonio de Eduardo e Isabel aparentemente foi un éxito, pero no momento en que a raíña consorte partiu a Francia en 1325 xa estaba deteriorado.[310] Posiblemente a Isabel desagradáballe intensamente Hugh Despenser «o Novo», en parte debido ao seu abuso das mulleres de alto status.[311] Isabel sentíase avergoñada por fuxir dos exércitos escoceses tres veces durante o seu matrimonio con Eduardo e botou a culpa a Hugh pola última vez en 1322.[312] Cando Eduardo negociou a recente tregua con Roberto I, o rei inglés prexudicara gravemente varias familias nobres que posuían terras en Escocia, como os Beaumont, amigos íntimos de Isabel.[313] Tamén estaba anoxada polo arresto da súa familia e a confiscación das súas terras en 1324. Finalmente, Eduardo levou canda el os seus fillos e entregou a súa custodia á esposa de Hugh.[314]
Para febreiro de 1326, era claro que Isabel estaba involucrada nunha relación co exiliado marcher lord, Roger Mortimer.[315] Descoñécese cando coñeceu Isabel a Mortimer ou cando comezou a súa relación, pero ambos querían ver Eduardo e os Despenser fóra do poder.[316][309][o] O rei inglés fixo un chamado ao seu fillo para que regresase e que Carlos IV interviñese no seu nome, pero isto non tivo efecto.[319]
Os opoñentes de Eduardo comezaron a reunirse con Isabel e Mortimer en París, mentres o rei inglés estaba cada vez máis nervioso pola posibilidade de que Mortimer invadise Inglaterra.[320] Isabel e Mortimer recorreron a Guillerme, conde de Henao, e propuxeron un matrimonio entre o príncipe Eduardo e a filla do conde, Filipa.[321] En retribución pola alianza vantaxosa co herdeiro inglés ao trono e un considerable dote pola noiva, Guillerme ofreceu 132 barcos de transporte e 8 buques de guerra para asistir a invasión a Inglaterra.[322] O príncipe Eduardo e Filipa foron prometidos o 27 de agosto e Isabel e Mortimer preparáronse para a súa campaña.[323]
Durante agosto e setembro de 1326 Eduardo mobilizou as súas defensas ao longo das costas de Inglaterra para protexerse contra unha posible invasión desde Francia ou por Roger Mortimer.[325] As frotas reuníronse nos portos de Portsmouth no sur, no río Orwell na costa leste e foi enviada unha forza de ataque de 1600 homes a través da canle da Mancha cara a Normandía como un ataque de distracción.[326] Eduardo pronunciou un chamamento nacionalista para que os seus súbditos defendesen o reino, pero tivo pouco impacto.[327] O dominio do poder a nivel local era fráxil, os Despenser eran amplamente rexeitados e moitos nos que Eduardo confiou a defensa do reino resultaron incompetentes ou alzáronse rapidamente en contra da súa autoridade.[328] Ordenouse a uns 2000 homes reunirse no Orwell para repeler calquera invasión, pero aparentemente só 55 chegaron alí.[329]
Roger Mortimer, Isabel e o príncipe herdeiro (de trece anos), acompañados por Edmund de Woodstock, medio irmán do rei inglés, chegaron ao Orwell o 24 de setembro cunha pequena tropa de soldados e non atoparon resistencia.[330] En cambio, os inimigos dos Despenser trasladáronse rapidamente para unirse a eles, entre estes o outro medio irmán de Eduardo -Thomas de Brotherton–, Henry de Lancaster –quen herdara o condado do seu irmán Thomas– e varios membros do alto clero.[331] Acomodado nas residencias da fortificada e segura Torre de Londres, Eduardo intentou obter apoio desde dentro da capital. A cidade de Londres alzouse en rebelión contra o seu goberno e, o 2 de outubro, o rei inglés saíu de Londres e levou consigo os Despenser.[332][333] Londres sumiuse na anarquía cando as multitudes atacaron aos funcionarios e seguidores restantes de Eduardo, mataron o seu antigo tesoureiro Walter de Stapledon na catedral de San Pablo, tomaron a Torre e liberaron os prisioneiros.[334]
Eduardo continuou cara ao oeste polo val do Támesis e detívose en Gloucester entre o 9 e o 12 de outubro; esperaba chegar a Gales e desde alí mobilizar un exército contra os invasores.[335] Mortimer e Isabel non quedaron atrás. As súas proclamacións condenaron o réxime recente dos Despenser. Día tras día reuniron novos partidarios.[336] Eduardo e Despenser «o Novo» cruzaron a fronteira e partiron de Chepstow, probablemente apuntando primeiro a Lundy e logo a Irlanda, onde o rei inglés esperaba recibir refuxio e recrutar un novo exército.[337][338] Emporiso, o mal tempo fíxoos recuar e arribaron a Cardiff. Eduardo retirouse ao castelo de Caerphilly e intentou reunir ás súas tropas restantes.[339]
A autoridade de Eduardo colapsou en Inglaterra, onde, en ausencia do rei inglés, a facción de Isabel se fixo cargo da administración co apoio da Igrexa católica.[340][341] As súas forzas rodearon Bristol, onde se refuxiou Hugh Despenser «o Vello»; rendeuse e foi executado inmediatamente.[338] Eduardo e Hugh «o Novo» fuxiron do seu castelo arredor do 2 de novembro, deixando xoias, recursos considerables e polo menos 13 000 libras en efectivo, posiblemente unha vez máis coa esperanza de chegar a Irlanda, pero o 16 de novembro foron traizoados e capturados por un equipo de procura ao norte de Caerphilly.[342] Eduardo foi escoltado primeiro ao castelo de Monmouth e de alí a Inglaterra, onde estivo recluído na fortaleza de Henry de Lancaster en Kenilworth.[343] As últimas tropas restantes do rei inglés, gorecidas no castelo de Caerphilly, rendéronse cinco meses despois en abril de 1327.[344]
Isabel e Mortimer vingáronse rapidamente do antigo réxime. Hugh Despenser «o Novo» foi levado a xuízo, declarado traidor e sentenciado a ser destripado, castrado e desmembrado; a execución realizouse o 24 de novembro de 1326.[345] O antigo chanceler, Robert Baldock, morreu na prisión Fleet; o conde de Arundel foi decapitado.[346] Con todo, a situación de Eduardo era problemática; aínda seguía casado con Isabel e, en principio, seguía sendo o rei inglés, pero gran parte da nova administración tiña moito que perder se era liberado e potencialmente puidese recuperar o poder.[347]
Non había un procedemento establecido para destituír un rei inglés.[348] Adam Orleton, bispo de Hereford, fixo unha serie de acusacións públicas sobre a conduta de Eduardo como rei e, en xaneiro de 1327, reuniuse un parlamento en Westminster no que se suscitou a cuestión do futuro de Eduardo, quen rexeitou asistir á cita.[349] O Parlamento, inicialmente ambivalente, respondeu ás multitudes londinienses que chamaron ao príncipe Eduardo a tomar o trono. O 12 de xaneiro, os principais baróns e clérigos acordaron que Eduardo II debía ser sacado do poder e substituído polo seu fillo.[350] Ao día seguinte foi presentado a unha asemblea dos baróns, onde se argumentou que o liderado débil e os fracasos persoais de Eduardo conduciran o reino ao desastre e que el era incompetente para dirixir o país.[351]
Pouco despois, unha delegación representativa de baróns, clérigos e cabaleiros foi enviada a Kenilworth para falar co rei inglés.[352] O 20 de xaneiro de 1327 Henry de Lancaster e os bispos de Winchester e Lincoln entrevistáronse en privado con Eduardo no castelo.[353][354] Informárono que se renunciaba como monarca, o seu fillo, o príncipe Eduardo, sucederíao, pero de non facelo o seu fillo podería ser desherdado tamén e a Coroa sería outorgada a un candidato alternativo.[353] Entre bágoas, Eduardo accedeu a abdicar e, o 21 de xaneiro, William Trussell –quen representaba o reino no seu conxunto– retirou a súa homenaxe e formalmente terminou o reinado de Eduardo.[355][356] Enviouse unha proclamación a Londres na que se anunciaba que Eduardo de Caernarvon –o seu nome secular– renunciara libremente ao seu reino e que o príncipe Eduardo o sucedería. A coroación tivo lugar na abadía de Westminster o 2 de febreiro de 1327.[357]
Morte (1327)
Morte e consecuencias
Os contrarios ao novo goberno comezaron a deseñar plans para liberar Eduardo, e Roger Mortimer decidiu trasladar o rei ata o castelo de Berkeley en Gloucestershire, onde o antigo rei chegou arredor do 5 de abril de 1327.[358] Unha vez no castelo, Eduardo quedou baixo a custodia de Thomas Berkeley, e John Maltravers, que recibiron cinco libras ao día para o mantemento de Eduardo.[359] Non está claro cal foi o estado de Eduardo durante estes meses e algúns cronistas sinalan que a miúdo era maltratado.[359] Durante un tempo pensouse que Eduardo foi o autor do poema Lament of Edward II (O lamento de Eduardo II), aínda que os estudos modernos suxiren dúbidas sobre isto.[360][361][362][363][p]
Continuaron xurdindo inquedanzas sobre novos complots para liberar Eduardo, algúns dos cales involucraban a Orde de Predicadores e antigos cabaleiros da casa real; un deses intentos chegou mesmo a irromper na prisión dentro do castelo.[364] Como resultado destas ameazas, Eduardo foi trasladado a outros lugares en segredo durante un tempo, antes de regresar á custodia permanente no castelo a fins do verán de 1327.[365] A situación política seguiu sendo inestable e ao parecer desenvolvéronse novos intentos para liberalo.[366]
O 23 de setembro, Eduardo III recibiu a noticia de que o seu pai morrera no castelo de Berkeley a noite do 21 de setembro.[367] A maioría dos historiadores concordan en que Eduardo II morreu nese castelo e nesa data, aínda que hai unha versión minoritaria, descrita máis adiante, que suxire que morreu moito despois.[368][369][370][371][372][373][374][375][376][q] A morte de Eduardo foi, como sinalou Mark Ormrod, «sospeitosamente oportuna», xa que simplificou considerablemente os problemas políticos de Mortimer; a maioría dos historiadores concordan que Eduardo probablemente foi asasinado por orde do novo réxime, aínda que é imposible estar seguro diso.[371] Varias das persoas sospeitosas de estar involucradas na morte –como Thomas Gurney, Maltravers e William Ockley– fuxiron máis tarde.[377][378][r] Se Eduardo faleceu por causas naturais, a súa morte puido ser acelerada pola depresión logo do seu encarceramento.[372]
O réxime de Isabel e Mortimer non durou moito despois do anuncio da morte de Eduardo. Fixeron as paces cos escoceses no Tratado de Northampton, pero esta medida foi moi impopular.[381] Isabel e Mortimer acumularon e gastaron grandes riquezas, o que provocou moitas críticas.[382] As relacións entre Mortimer e o mozo Eduardo III tensáronse e, en 1330, o rei inglés deu un golpe de Estado no castelo de Nottingham.[383] Arrestou Mortimer e logo executouno baixo catorce cargos de alta traizón, entre estes o asasinato de Eduardo II.[384] O goberno de Eduardo III buscou botar a culpa a Mortimer polos problemas recentes e rehabilitou politicamente o falecido monarca.[385] O rei excluíu a súa nai e outorgoulle unha xenerosa concesión; tempo despois regresou á vida pública.[386]
Sepultura e veneración
O corpo de Eduardo foi embalsamado no castelo de Berkeley, onde foi examinado polos líderes locais de Bristol e Gloucester.[370] Logo foi trasladado á abadía de Gloucester o 21 de outubro; o 20 de decembro foi inhumado preto do altar maior, pero probablemente o funeral atrasouse para permitir que Eduardo III asistise en persoa.[387][388][s] Gloucester probablemente foi elixida porque outras abadías rexeitaran ou se lles prohibiu tomar o corpo do rei e porque ademais estaba preto de Berkeley.[387][389][390][t] O funeral foi un grande acontecemento e custou 351 libras en total, no que puxeron leóns dourados, estandartes bordados con pan de ouro e valas de tronco de carballo para conducir as multitudes anticipadas.[392] O goberno de Eduardo III probablemente esperaba aparentar normalidade ante os acontecementos políticos recentes, o que aumentou a lexitimidade do propio reinado do novo rei.[393]
Fíxose para o funeral unha efixie temporal de madeira cunha coroa de cobre; este é o primeiro uso coñecido dunha efixie funeraria en Inglaterra e probablemente era necesario debido á condición do corpo do rei, que estivera morto por tres meses.[394][395] O corazón de Eduardo foi extraído, colocado nun recipiente de prata e posteriormente enterrado con Isabel na igrexa Newgate en Londres.[396] A súa tumba inclúe un exemplo temperán de efixie de alabastro inglés, cunha tumba-cofre e un toldo feito de oólito e pedra de Purbeck.[397][398] Eduardo foi enterrado coa camisa, a cofia e as luvas da súa coroación; a súa efixie represéntao como rei, sostendo un cetro e un orbe e levando unha coroa de follas de amorodo.[394] A efixie presenta un beizo inferior pronunciado e aparentemente ten unha semellanza próxima a Eduardo.[399][u]
A tumba do rei converteuse rapidamente nun sitio popular para os visitantes, probablemente alentados polos monxes locais, que carecían dunha atracción de peregrinación propia.[397][385] Os visitantes doaron moitos bens á abadía, o que permitiu aos monxes reconstruír gran parte da igrexa circundante na década de 1330.[397][398] Segundo os reportes, no sitio da tumba ocorreron milagres e os monxes tiveron que facer modificacións para que os visitantes puidesen camiñar arredor do sitio en maior número.[401][398] O cronista Geoffrey le Baker describiu Eduardo como un santomártir e torturado, mentres que Ricardo II deu o seu apoio a un intento de canonizalo en 1395, que non tivo éxito.[401][402] A tumba foi aberta por oficiais en 1855, descubrindo un ataúde de madeira, aínda en boas condicións, e un ataúde de chumbo selado dentro daquel.[403][404] A tumba permanece no que agora é a catedral de Gloucester e foi restaurada entre 2007 e 2008 cun custo de máis de 100 000 libras.[398]
Controversias
A morte de Eduardo rodeouse de controversia.[405] Coa execución de Mortimer en 1330, comezaron a circular rumores de que Eduardo fora asasinado no castelo de Berkeley. Os relatos de que morrera pola inserción dun ferro ou atizador incandescente no seu ano lentamente comezaron a circular, posiblemente como resultado de propaganda deliberada; os cronistas de mediados dos anos 1330-1340 difundiron aínda máis esta versión, apoiada en anos posteriores polo manipulado relato do homicidio por Geoffrey le Baker.[369][406][407][408] Incorporouse á maioría das historias posteriores de Eduardo, polo xeral relacionadas coa súa posible homosexualidade.[409] A maioría dos historiadores modernos desestiman este relato da súa morte e cuestionan a lóxica na que os raptores de Eduardo o asasinaron dun xeito doadamente visible.[410][372][v]
Outro grupo de teorías evocan a posibilidade de que Eduardo realmente non morreu en 1327. Habitualmente involucran a «carta de Fieschi», enviada a Eduardo III por un sacerdote italiano chamado Manuel Fieschi, quen afirmou que Eduardo escapou do castelo de Berkeley en 1327 coa axuda dun servente e finalmente se retirou para converterse en ermitán no Sacro Imperio.[417] Dicíase que o corpo enterrado na catedral de Gloucester era o do porteiro do castelo de Berkeley, liquidado polos asasinos e presentado por eles a Isabel como o cadáver de Eduardo para evitar o castigo.[418] A carta frecuentemente está vinculada a un relato da reunión de Eduardo III cun home chamado William o Galés en Anveres en 1338, quen dicía ser Eduardo II.[419] Algunhas seccións do contido da carta son consideradas moi certeiras polos historiadores, aínda que outros aspectos do seu relato foron criticadas como inverosímiles.[420][421] Algúns historiadores apoiaron versións da súa narrativa. Paul Doherty cuestionou a veracidade da carta e a identidade de William o Galés, pero tamén ten sospeitas de que Eduardo puido sobrevivir ao seu encarceramento.[422] O historiador popularAlison Weir razoou que os eventos na carta son esencialmente certos e empregouna para argumentar que Isabel era inocente do asasinato de Eduardo.[423] O historiador Ian Mortimer suxeriu que a historia na carta de Fieschi é bastante precisa, pero argumentou que foron Mortimer e Isabel quen fixeron que Eduardo fora liberado en segredo e que despois finxiu a súa morte, unha invención mantida máis tarde por Eduardo III cando chegou ao poder.[424][425] O relato de Ian Mortimer foi criticado pola maioría dos eruditos cando se publicou por primeira vez, en particular polo historiador David Carpenter.[426][w]
Goberno
Realeza, administración e lei
Segundo as crónicas, Eduardo foi fundamentalmente un fracaso como monarca. O historiador Michael Prestwich indicou que «era nugallán e incompetente, propenso a ataques de ira sobre cuestións sen importancia, pero indeciso cando se trataba de cuestións importantes», unha especificación citada na descrición de Roy Haines: «incompetente e vicioso» e «un home nada responsable».[48][428] Eduardo non só delegou un goberno rutineiro aos seus subordinados, senón que tamén deixou en mans destes decisións de alto nivel. Pierre Chaplais argumentou que «non era tanto un rei incompetente como un remiso», xa que preferiu reinar a través dun poderoso representante, como foi Piers Gaveston ou Hugh Despenser o Novo.[429] A inclinación de Eduardo de promover os seus favoritos tivo serias consecuencias políticas, aínda que tamén tratou de comprar a lealdade dun grupo máis amplo de nobres mediante concesións de cartos e honorarios.[430] Porén, en ocasións Eduardo interesábase moito nas minucias da administración, e ás veces ocupábase dos detalles dunha ampla variedade de temas en Inglaterra e o resto dos seus dominios.[431][x]
Un dos desafíos persistentes durante a maior parte do seu reinado foi a escaseza de cartos, herdada do reinado do seu pai, que sumaba arredor de 60 000 libras na década de 1320.[12][436] Eduardo traballou neste asunto con moitos tesoureiros e outros funcionarios financeiros –poucos dos cales permaneceron xunto a el durante moito tempo–, e recadou ingresos mediante o establecemento de impostos frecuentemente impopulares e a requisición de bens utilizando o seu dereito de recompensa.[437][199] Tamén obtivo moitos préstamos, primeiro a través da familia Frescobaldi e máis adiante do seu banqueiro Antonio Pessagno.[437][199] Eduardo interesouse moito polos asuntos financeiros cara ao final do seu reinado, desconfiando dos seus propios funcionarios e intentando aumentar os ingresos reducindo os gastos da súa propia casa.[438][439]
Eduardo era responsable de implantar a xustiza real coa súa rede de xuíces e funcionarios.[440] Resulta incerto ata que punto lle importaba persoalmente impartir xustiza, pero aparentemente estivo moi involucrado durante a primeira parte do seu reinado e interveu cada vez máis en persoa despois de 1322.[441] Eduardo fixo bastante uso do Dereito civil romano durante o seu reinado cando argumentaba en defensa das súas causas e favoritos, o que puido atraer as críticas daqueles que o percibiron como un abandono dos principios establecidos na common law anglosaxoa.[442] Tamén foi criticado polos seus contemporáneos por permitir que os Despenser explotasen o sistema de xustiza real para os seus propios fins. Os Despenser certamente abusaron do sistema, aínda que non está claro ata que nivel chegaron.[443] En medio da turbulencia política, as bandas armadas e a violencia estendéronse por Inglaterra baixo o reinado de Eduardo, o que desestabilizou a posición de moitos dos nobres locais. Gran parte de Irlanda sumiuse de xeito similar na anarquía.[444][445][446]
Baixo o seu goberno, a importancia do Parlamento de Inglaterra creceu como un medio para tomar decisións políticas e responder peticións, aínda que —como sinalou a historiadora Claire Valente— as reunións eran «un evento tanto como unha institución».[447][448][449] Despois de 1311 o Parlamento comezou a incluír, ademais dos baróns, representantes dos cabaleiros e burgueses, que en anos posteriores constituirían a Cámara dos Comúns.[450] Aínda que o Parlamento se opuxo en varias ocasións a recadar novos impostos, a hostilidade cara a Eduardo proviña en gran parte dos baróns en lugar do propio Parlamento, aínda que os baróns buscaban empregar as reunións parlamentarias como unha forma de lexitimar as súas demandas políticas de moitos anos.[451][452] Logo de resistir durante varios anos, Eduardo comezou a intervir activamente no Parlamento na segunda metade do seu reinado para lograr os seus propios obxectivos políticos.[453] Aínda se discute se Eduardo foi deposto en 1327 por unha reunión formal do Parlamento ou simplemente unha asemblea das clases políticas xunto a membros do Parlamento presentes.[454]
Corte real
A corte real de Eduardo era itinerante, xa que viaxaba polo país acompañando ao rei.[455] Cando se aloxaba no palacio de Westminster, a corte ocupaba un complexo de dúas salas, sete cámaras e tres capelas, xunto con outras salas máis pequenas, pero, debido ao conflito escocés, a corte pasou gran parte do seu tempo en Yorkshire e Northumbria.[456][457] No núcleo da corte estaba a casa real de Eduardo, á súa vez dividida no «paraninfo» e a «cámara»; o tamaño da casa variou co tempo, pero en 1317 había arredor de 500 soldados, como cabaleiros domésticos, escudeiros, cociñeiros e persoal de transporte.[458] A familia real estaba rodeada por un grupo máis amplo de cortesáns e ao parecer tamén incluía un círculo de prostitutas e elementos delitivos.[459]
A música e os menestreis foron moi populares na corte de Eduardo, pero a cacería aparentemente era unha actividade moito menos importante e había pouco interese nos eventos de cabalaría.[460] Eduardo estaba interesado en edificios e pinturas, pero non tanto en obras literarias, que non foron moi patrocinadas na corte.[461] Houbo un amplo uso de placas de ouro e prata, xoias e esmaltes na corte, que foron copiosamente decorados.[462][y] Eduardo tiña un camelo como mascota e, cando era novo, levaba un león consigo á campaña en Escocia.[463] A corte estivo entretida de forma exótica: por un encantador de cobras italiano en 1312 e, ao ano seguinte, por 54 bailarinas francesas que quedaban espidas.[464][463][457][z]
Relixión
O enfoque de Eduardo cara á relixión era normal para os estándares da época; o historiador Michael Prestwich describiuno como «un home de actitudes relixiosas totalmente convencionais».[466] Había servizos diarios na capela e esmolas na súa corte e Eduardo bendixo os enfermos, aínda que o facía con menos frecuencia que os seus predecesores.[466] Permaneceu preto da Orde de Predicadores –que axudara a educalo– e seguiu os seus consellos ao pedir permiso papal para ser unxido co santo óleo de san Thomas Becket en 1319; esta solicitude foi rexeitada, o que causou ao rei inglés algo de vergonza.[467] Eduardo apoiou a expansión das universidades durante o seu reinado e estableceu o King's Hall en Cambridge para promover a formación en dereito civil e relixioso, o Oriel College en Oxford e unha universidade de curta vida en Dublín.[442][468]
Eduardo gozou dunha boa relación co papa Clemente V, malia a repetida intervención do rei inglés na administración da igrexa en Inglaterra, que en entre outras cousas castigaba os bispos con quen non estaba de acordo.[469][470] Co apoio de Clemente V[471] intentou obter o apoio financeiro da igrexa en Inglaterra para as súas campañas militares en Escocia, como os impostos e o préstamo de diñeiro fronte aos fondos reunidos para as cruzadas.[472] O clero inglés fixo relativamente pouco para influenciar ou moderar o comportamento de Eduardo durante o seu reinado, posiblemente debido ao interese propio dos bispos e a preocupación pola súa propia protección.[473]
O papa Xoán XXII, elixido en 1316, buscou o apoio de Eduardo para unha nova cruzada e tamén se inclinaba a apoialo politicamente.[470] En 1317, a cambio do apoio papal na súa guerra con Escocia, Eduardo acordou renovar o pago do tributo anual ao papado, que fora acordado por primeira vez por Xoán I en 1213; con todo, Eduardo pronto cesou os pagamentos e nunca rendeu homenaxe ao romano pontífice, outra parte do acordo de 1213.[470] En 1325, Eduardo pediulle a Xoán XXII que instruíse á igrexa en Irlanda para que predicase abertamente a favor do seu dereito a gobernar a illa, así como ameazar coa excomuñón a calquera voz contraria.[474]
Legado
Valoracións historiográficas
Ningún cronista deste período é plenamente de fiar ou imparcial, porque os seus informes moitas veces foron escritos para apoiar unha causa en particular, pero está claro que a maioría dos cronistas contemporáneos foron moi críticos de Eduardo.[24][475][476] Por exemplo, o Polychronicon, a Vita Edwardi Secundi, a Vita et Mors Edwardi Secundi e a Gesta Edwardi de Carnarvon condenaban a personalidade do rei inglés, os seus hábitos e a elección dos seus asistentes.[477] Outros rexistros do seu reinado revelan a crítica a Eduardo por parte dos seus contemporáneos, como a igrexa e os membros da súa propia casa.[478] Escribíronse cancións políticas sobre el, queixándose do seu fracaso na guerra e o seu goberno opresivo.[479] Máis adiante, no século XIV, algúns cronistas como Geoffrey le Baker e Thomas de Ringstead rehabilitaron a Eduardo e presentárono como mártir e posible santo, aínda que esta tradición desapareceu nos seguintes séculos.[480]
Os historiadores dos séculos XVI e XVII centráronse na relación de Eduardo con Gaveston e facían comparacións entre o seu reinado e os acontecementos que rodearon a relación do duque de Épernon e Henrique III de Francia e entre o duque de Buckingham e Carlos I.[481] Na primeira metade do século século XIX, os historiadores populares como Charles Dickens e Charles Knight popularizaron a vida de Eduardo co público vitoriano e enfocáronse na relación do rei inglés cos seus favoritos e, cada vez máis, aludindo á súa posible homosexualidade.[482] Con todo, desde os anos 1870 en diante a discusión académica sobre a sexualidade de Eduardo viuse limitada polo cambio dos valores ingleses. A comezos do século XX o goberno recomendaba ás escolas inglesas que evitasen discusións abertas sobre as relacións persoais de Eduardo nas leccións de historia.[483] As opinións sobre a sexualidade de Eduardo seguiron desenvolvéndose ao longo dos anos.[50]
A finais do século XIX estiveron dispoñibles máis rexistros administrativos da época para historiadores como William Stubbs, Thomas Tout e J. C. Davies, quen se enfocaron no desenvolvemento do sistema constitucional e gobernamental inglés durante o seu reinado.[484][476] Aínda que criticaron o que consideraban incompetencias de Eduardo como rei, tamén resaltaron o crecemento do rol do Parlamento e a redución da autoridade real persoal nese período, que percibiron como un desenvolvemento positivo.[476][485] Durante a década de 1970 a historiografía do reinado de Eduardo afastouse deste modelo, co apoio por unha nova publicación de rexistros do período no último cuarto do século XX.[484][476] Os traballos de Jeffrey Denton, Jeffrey Hamilton, John Maddicott e Seymour Phillips volveron examinar o rol dos líderes individuais nos conflitos.[484][486] Coa excepción do traballo de Hilda Johnstone sobre os primeiros anos de Eduardo e o estudo de Natalie Fryde sobre os últimos anos deste monarca, o núcleo das principais obras históricas durante varios anos estivo nos principais magnates contemporáneos de Eduardo, ata que se publicaron biografías importantes deste rei inglés por Roy Haines e Seymour Phillips en 2003 e 2011, respectivamente.[487]
Na cultura popular
Varias obras deron forma á imaxe contemporánea de Eduardo.[488] A peza teatral Eduardo II de Christopher Marlowe presentouse por primeira vez ao redor de 1592 e céntrase na relación de Eduardo con Piers Gaveston, a cal reflicte as preocupacións do século XVI sobre as relacións entre os monarcas e os seus favoritos.[489][490] Marlowe escenificou a morte de Eduardo como un asasinato, establecendo paralelismos entre o homicidio e o martirio; aínda que Marlowe non describiu a verdadeira natureza real do asasinato de Eduardo no libreto, polo xeral realizouse seguindo a tradición de que foi matado cun ferro candente.[490] O personaxe de Eduardo na obra –que foi comparado con Xacobe VI de Escocia e Henrique III de Francia, contemporáneos de Marlowe– puido influír na interpretación que fixo William Shakespeare en Ricardo II.[491][492] No século XVII o dramaturgo Ben Jonson retomou o mesmo tema para a súa obra inacabada Mortimer his fall.[489]
O cineasta Derek Jarman adaptou a obra de Marlowe nunha película en 1991, na que creou un pastiche posmoderno do orixinal e representaba Eduardo como un líder forte explicitamente homosexual e finalmente derrotado por poderosos inimigos.[488][493] Na versión de Jarman, Eduardo escapou do cativerio e terminou os seus días como reza a tradición na misiva de Fieschi.[494] A imaxe popular actual de Eduardo tamén foi influída pola súa aparencia contrastada na película Braveheart de Mel Gibson de 1995, onde é retratado como un débil, implicitamente homosexual, vestindo roupas de seda, voluminosa maquillaxe, evitando a compañía de mulleres e incapaz de someter militarmente aos escoceses.[495][488][496] A película recibiu duras críticas, tanto polas súas inexactitudes históricas como pola súa presentación negativa da homosexualidade.[497]
A vida de Eduardo tamén serviu de inspiración nunha ampla variedade de medios. Na época vitoriana, a pintura de Eduardo II e o seu favorito Piers Gaveston (1872) de Marcus Stone insinuaba abertamente unha relación homosexual entre ambos, á vez que evitaba facer explícito este aspecto. Inicialmente presentouse na Real Academia de Artes en 1872, pero foi marxinada en décadas posteriores a medida que o tema da homosexualidade se facía máis sensible.[498] Máis recentemente, o director David Bintley utilizou a obra de Marlowe como base para o ballet Edward II, que se presentou por primeira vez en 1995; a música do ballet forma parte da sinfonía Edward II do compositor John McCabe, producida en 2000.[488] Novelas como The Gascon (1984) de John Penford e Gaveston (1992) de Chris Hunt centráronse nos aspectos sexuais da relación de Eduardo e Gaveston, mentres que Gaveston (2002) de Stephanie Merritt transporta a historia ao século XX.[488]
Leonor, nada no pazo de Woodstock o 8 de xuño de 1318 e finada na abadía de Deventer o 22 de abril do 1355, casada con Reinaldo II, duque de Güeldres e conde de Züthpen.
Eduardo tamén foi pai dun fillo ilexítimo, Adam FitzRoy (c. 1307–1322), quen o acompañou nas campañas escocesas de 1322 e morreu pouco despois.[500][501]
↑Resulta imposible realizar a conversión correcta das sumas de diñeiro medievais aos prezos actuais. En comparación, a Eduardo I custoulle case 15 000 libras construír o castelo de Conwy e as súas murallas, mentres que os ingresos anuais dun nobre do século XIV como Richard le Scrope era de case 600 libras anuais.[14][15].
↑As primeiras historias sobre Eduardo II considerábano como pouco educado, principalmente porque realizou o seu xuramento de coroación en francés no canto de en latín como era o habitual, e polo seu interese na artesanía da agricultura. O uso do francés na coroación xa non se considera como signo de mala educación, pero non hai moitas probas de ata que punto Eduardo tivera boa educación. As ligazóns entre o interese pola artesanía e a súa limitada intelixencia non se consideran precisos.[32][31][33]
↑O historiador Seymour Phillips considera que é probable que o rei coñecese a lingua latina. Pola contra, Roy Haines está menos convencido.[32][31]
↑Os primeiros rexistros históricos sobre Eduardo suxiren que a súa infancia estivo marcada por unha falta de contacto coa súa familia e ausencia de afecto, influíndo así na súa personalidade e problemas posteriores. Aínda que o seu pai aínda se considera como un home irascible e exixente, a infancia de Eduardo xa non se entende como pouco habitual para a época, ou especialmente illada.[35][37][38]
↑O historiador Seymour Phillips sinala, porén, que hai relativamente poucas probas que apoien as afirmacións da época sobre os gustos de Eduardo polas tarefas rurais.[50]
↑Eduardo II tivo que afrontar as críticas dos seus contemporáneos por favorecer a Gaveston por riba dos seus medio-irmáns, aínda que un estudo detallado de Alison Marshall demostrou que foi xeneroso con eles, afirmando que por unha vez as críticas a Eduardo foron inxustas.[64]
↑A campaña inglesa de 1306 en Escocia foi brutal, e o cronista William Rishanger acusou o propio príncipe Eduardo de ser responsable dos salvaxes ataques á poboación local. O historiador Seymour Phillips sinalou que moitos dos detalles de Rishanger son incorrectos, e puxo en dúbida moitas das afirmacións da súa crónica.[79]
↑John Boswell foi o que puxo o principal argumento en favor da teoría de que Eduardo e Gaveston eran amantes. Jeffrey Hamilton suxeriu que a relación era sexual, pero que non era pública. O historiador Michael Prestwich decántase pola teoría de que Eduardo e Gaveston chegaron a un pacto de irmandade, pero cun "elemento sexual" tanto neste caso coma na relación de Eduardo con Despenser. Roy Haines se fai eco dos xuízos de Prestwich. Miri Rubin defende a teoría de que eran amigos, cunha "relación moi intensa". Seymour Phillips cre na teoría de que Eduardo vira Gaveston como o seu irmán adoptivo.[50][90][91][92][93][94]
↑A pesar de que Eduardo nomeou Piers Gaveston conde de Cornualla en 1307, a chancelería rexeitou recoñecer o título ata 1309.[114]
↑A historia segundo a cal Eduardo I fixo xurar o seu fillo que fervería o seu corpo, queimaría a carne e levaría os seus ósos na campaña de Escocia é unha invención posterior.[116]
↑Descoñécese quen escribiu esta parte do xuramento de coroación nin cales foron as súas verdadeiras intencións. Entre as discusións históricas sobre o xuramento de coroación está o debate sobre o tempo gramatical da frase latina aura eslau, que cambiaría o significado do xuramento ao referirse á lexislación futura, a unha declaración retrospectiva sobre o respecto das leis e costumes existentes. Tamén é incerto en que medida os cambios no xuramento de coroación estiveron impulsados por desacordos políticos máis amplos entre Eduardo e os baróns ou se se centraron especificamente nas preocupacións coa posición de Gaveston.[129][130]
↑Gilbert de Clare, defunto conde de Gloucester, morreu combatendo en Bannockburn. As súas propiedades repartíanse entre as súas tres irmás, unha das cales xa estaba casada con Hugh Despenser «o Novo».[218][212]
↑Os avogados do rei inglés presentaron varios razoamentos na disputa cos reis franceses. Unha liña argumental xurdiu do tratado de 1259 acordado polo avó de Eduardo, Henrique III, segundo o cal este último aceptara render homenaxe por Gascuña; os avogados de Eduardo observaron que este tratado, que sustentaba o tratado de Eduardo de 1303 con Francia, fora un acordo bilateral entre ambos os reis en lugar dun acordo feudal convencional. Como tal, o feito de que Eduardo rendese homenaxe por Gascuña dependía de que a Coroa francesa cumprise os seus propios compromisos en lugar dun deber absoluto. Os avogados de Eduardo tamén afirmaron que Isabel tiña un posible dereito sobre as terras no sur de acordo co dereito francés tradicional. Ao outorgar Gascuña a Isabel, Filipe IV parecía estar dividindo as súas terras, como era costume nese momento, no canto de outorgar unha concesión condicional, o que significaba que Gascuña era unha propiedade persoal de Eduardo e, xa que logo, non suxeita ás leis do rei francés sobre o porte de armas ou diñeiro.[306][307]
↑Resulta incerto cando Isabel coñeceu a Mortimer ou cando iniciaron unha relación. O historiador Roy Haines resaltou a falta de evidencia de calquera relación anterior, mentres que Paul Doherty opinou que non existe evidencia de que estean involucrados antes de decembro de 1325, aínda que sospeitou que puideron ser amigos antes de 1323. Aínda que están de acordo en que non existe evidencia documental dispoñible, Ian Mortimer adoptou unha perspectiva máis radical e indicou que Isabel e Mortimer se reuniron moito antes e que ela axudou o marcher lord a escapar da Torre de Londres en 1323.[317][318][309]
↑Para un comentario escéptico, véxase [360]; May McKisack indicou que «se el era en verdade o autor do lamento anglonormando que se lle atribuía, sabía algunha versificación»; M. Smallwood considerou que «a cuestión da autoría non se resolveu»; Claire Valente opinou: «Creo que é pouco probable que Eduardo II escribira o poema».
↑Entre as principais interpretacións históricas da morte de Eduardo están as de Seymour Phillips, quen considerou que é «probable que fose asasinado, probablemente por asfixia»; Roy Haines suxeriu que probablemente o rei inglés foi asasinado e que «hai poucas razóns para dubidar de que o cadáver de Eduardo de Caernarfon permanecese alí [a catedral de Gloucester] sen ser trasladado desde decembro de 1327»; Mira Rubin concluíu que Eduardo puido ser asasinado; Michael Prestwich «non ten dúbidas» de que Mortimer conspirou para asasinar a Eduardo II e que é «case seguro [de que] morreu en Berkeley»; Joe Burden sinalou que Mortimer emitiu ordes para que Eduardo fose asasinado e que este último foi enterrado en Gloucester; Mark Ormrod argumentou que Eduardo probablemente foi asasinado e está enterrado en Gloucester; Jeffrey Hamilton afirmou que a idea de que Eduardo sobreviviu a Berkeley era «fantástica»; e Chris Given-Wilson considerou que é «case seguro ... certo» que Eduardo morreu a noite do 21 de setembro e por homicidio.[368][369][370]; [371][372][373][374][375][376]
↑Thomas Berkeley foi perdoado por Eduardo III, despois de que un xurado concluíse en 1331 que non estivera involucrado no asasinato do falecido monarca. O mesmo xurado atopou que William Ockley e Edward Gurney foran os responsables do asasinato. Non se volveu saber de Ockley, pero Gurney fuxiu e foi perseguido por Europa, onde foi capturado en Nápoles; morreu cando o regresaban a Inglaterra. John Maltravers non foi formalmente acusado de asasinar a Eduardo II, pero partiu a Europa e desde alí púxose en contacto con Eduardo III, posiblemente para chegar a un acordo sobre o que sabía sobre os acontecementos de 1327; logo dun período no exilio foi finalmente indultado e déuselle permiso para regresar a Inglaterra en 1345.[379][380]
↑O historiador Joel Burden sinalou que esta demora do enterro non era infrecuente para a época; os corpos de moitos outros membros da realeza, como Eduardo I e Isabel de Francia, permaneceron sen enterrar durante un período similar.[387]
↑Aínda que era normal que a abadía de Westminster fose utilizada para enterrar os monarcas ingleses no século XIV, a práctica non era tan formal como o foi posteriormente.[391]
↑Investigacións anteriores aseguraran que a efixie na tumba era unha talla idealizada, aínda que traballos máis recentes puxeron máis énfase no seu probable parecido con Eduardo II.[399][400]
↑As fontes iniciais tampouco suxerían que Eduardo fora asasinado en absoluto ou incluso insinuaban que fora asfixiado ou estrangulado. As primeiras fontes que comezaron a popularizar con éxito a narrativa da "violación anal" foron as crónicas de Brut e Polychronicon a mediados dos anos 1330 e 1340, respectivamente. Un dos biógrafos de Eduardo —Seymour Phillips— sinalou que, aínda que historia do ferro candente podería ser certa, é moito máis probable que fose afogado e ademais indicou que o relato do ferro candente parece sospeitosamente similar ás versións anteriores do asasinato do rei Edmundo II;[411] as similitudes con esta historia anterior tamén foron destacadas por Ian Mortimer e Pierre Chaplais.[412] Outro biógrafo —Roy Haines— non fai referencia en absoluto á historia do atizador incandescente.[413] Ian Mortimer —quen argumentou que Eduardo non morreu en 1327— naturalmente cuestionou a historia da "violación anal".[414] Paul Doherty sinalou que os historiadores modernos toman a «descrición escabrosa da morte de Eduardo con máis que un pouco de sal».[415] Michael Prestwich notou que a maior parte da historia de Geoffrey le Baker «pertence ao mundo do romance máis que á historia», pero tamén sinalou que Eduardo «posiblemente» morreu pola inserción dun ferro incandescente.[416]
↑Para unha crítica da teoría de que Eduardo II sobreviviu á prisión, véxase a recensión de David Carpenter en London Review of Books e a biografía do rei inglés por Roy Haines.[427]
↑A maioría dos historiadores suxiren que Eduardo aumentou o seu compromiso coa administración nos anos 1320, aínda que Michael Prestwich considerou que moitas das cartas posteriores de Eduardo sobre asuntos gobernamentais foron escritas polos Despenser para el.[416] Polo xeral, os historiadores actuais tenden a resaltar o papel posterior de Eduardo no goberno, incluso se o rei inglés non necesariamente demostraba ser un administrador competente ou de éxito. Miri Rubin opinou que Eduardo estaba «profundamente involucrado» no goberno e retratou as habilidades de Eduardo con simpatía;[432] Anthony Musson resaltou a posterior participación de Eduardo no sistema legal;[433] Seymour Phillips argumentou que Eduardo estivo máis involucrado en asuntos gobernamentais do que se pensara anteriormente, aínda que o seu interese era «esporádico e imprevisible» e influenciado polos seus asesores;[434] Roy Haines sinalou a «idiosincrasia» de Eduardo ao participar nos negocios e o papel dominante dos Despenser na definición da súa política, pero non concorda coa postura de Prestwich.[435]
↑Entre os seus obxectos de valor máis esotéricos, tiña unha xarra, presuntamente feita dun ovo de grifón.[462]
↑A historiadora Miri Rubin sostivo que as interpretacións demostran unha falta de decoro real.[457] O historiador Michael Prestwich sinalou que estes eventos na corte implican para moitos «unha extravagancia decadente, que encaixa co estereotipo familiar deste rei», pero continúa argumentando que a corte era realmente «convencional e tal vez incluso bastante aburrida»;[465] Seymour Phillips cuestionou se as bailarinas francesas espidas eran xenuinamente extravagantes ou se simplemente pretendían encaixar coa cultura real francesa local.[463]
↑Gillingham, John (11 de xullo de 2008), "Hard on Wales", Times Literary Supplement, Times Literary Supplement, arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2020, consultado o 22 de abril de 2014
↑ 376,0376,1Given-Wilson, Chris (9 de xullo de 2010), Times Literary Supplement, ed., "Holy Fool", Times Literary Supplement, arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2020, consultado o 22 de abril de 2014
Burden, Joel (2004). "Re-writing a Rite of Passage: The Peculiar Funeral of Edward II". En McDonald, Nicola; Ormrod, W. Mark. Rites of Passage: Cultures of Transition in the Fourteenth Century. Woodbridge, UK: York Medieval Press. pp. 13–30. ISBN978-1-903153-15-4.
Burgtorf, Jochen (2008). "'With my life, his joyes began and ended': Piers Gaveston and King Edward II of England Revisited". En Saul, Nigel. Fourteenth Century EnglandV. Woodbridge, UK: The Boydell Press. pp. 31–51. ISBN978-1-84383-387-1.
Durand, Ursin; Clémencet, Charles; Dantine, Maur-François (1818). L'art de verifier les dates des faits historiques, des chartes, des chroniques et autres anciens monuments depuis la naissance de notre-seigneur(en francés)12. París, Francia: n.p. OCLC221519473.
Haines, Roy Martin (2003). King Edward II: His Life, his Reign and its Aftermath, 1284–1330. Montreal, Canadá e Kingston, Canadá: McGill-Queen's University Press. ISBN978-0-7735-3157-4.
Hallam, Elizabeth M.; Everard, Judith A. (2001). Capetian France, 987–1328 (2nd ed.). Harlow, UK: Longman. ISBN978-0-582-40428-1.
Hamilton, J. S. (1991). "Piers Gaveston and the Royal Treasure". Albion: A Quarterly Journal Concerned with British Studies23 (2): 201–207. ISSN0095-1390. doi:10.2307/4050602.
Hamilton, J. S. (2006). "The Character of Edward II: The Letters of Edward of Caernarfon Reconsidered". En Dodd, Gwilym; Musson, Anthony. The Reign of Edward II: New Perspectives. Woodbridge, UK: York Medieval Press. pp. 5–21. ISBN978-1-903153-19-2.
Marshall, Alison (2006). "The Childhood and Household of Edward II's Half-Brothers, Thomas of Brotherton and Edmund of Woodstock". En Dodd, Gwilym; Musson, Anthony. The Reign of Edward II: New Perspectives. Woodbridge, UK: York Medieval Press. pp. 190–204. ISBN978-1-903153-19-2.
Martin, Matthew R. (2010). "Introduction". En Martin, Matthew R. Edward the Second, By Christopher Marlowe. Ontario, Canadá: Broadview Press. pp. 9–32. ISBN978-1-77048-120-6.
Menache, Sophia (2002). Clement V. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN978-0-521-59219-2.
Mortimer, Ian (2004). The Greatest Traitor: The Life of Sir Roger Mortimer, Ruler of England 1327–1330. Londres, Reino Unido: Pimlico. ISBN978-0-7126-9715-6.
Ormrod, W. Mark (2004). "Monarchy, Martyrdom and Masculinity: England in the Later Middle Ages". En Cullum, P. H.; Lewis, Katherine J. Holiness and Masculinity in the Middle Ages. Cardiff, UK: University of Wales Press. pp. 174–191. ISBN978-0-7083-1894-2.
Prestwich, Michael (2007). Plantagenet England: 1225–1360. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN978-0-19-922687-0.
Ruddick, Andrea (2013). English Identity and Political Culture in the Fourteenth Century. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN978-1-107-00726-0.
Tebbit, Alistair (2005). "Royal Patronage and Political Allegiance: The Household Knights of Edward II, 1314–1321". En Prestwich, Michael; Britnell, Richard; Frame, Robin. Thirteenth Century England: The Proceedings of the Durham Conference, 2003X. Woodbridge, UK: The Boydell Press. pp. 197–209. ISBN1-84383-122-8.
Daftar penghargaan khusus pada Puteri IndonesiaLogo Puteri IndonesiaPembuatMooryati SoedibyoNegara asalIndonesiaRilisRilis asli1992 –SekarangPranala luarSitus web Berikut ini adalah Daftar penghargaan khusus pada Puteri Indonesia atau yang dikenal dengan nama Puteri Atribut. Penghargaan-penghargaan tersebut tidak selalu diberikan di tiap penyelenggaraannya. Puteri Berbakat Tahun Nama Daerah asal Posisi pada Puteri Indonesia 1992 Maria Jawa Barat 2003 Umi Arimbi Khalistasani ...
تشيرنظريات علم الآثار أو الآثاريات النظرية أو علم الأثار النظري لمختلف الأطر الفكرية التي يفسر من خلالها علماء الآثار المعطيات الآثارية. تعمل الآثاريات النظرية كتطبيق لفلسفة العلوم في علم الآثار، ويشار إليها أحيانًا باسم فلسفة علم الآثار. لا توجد نظرية واحدة لعلم الآثار،
ملخص معلومات الملف وصف هذه صورة صندوق معلومات مقالة : رون سيلفر مصدر [1] تاريخ منتج هذا الملف لا يمتلك معلومات المنتج، وربما تنقصه بعض المعلومات الأخرى. يجب أن تحتوي الملفات على معلومات موجزة حول الملف لإعلام الآخرين بالمحتوى والمؤلف والمصدر والتاريخ إن أمكن. إذا كنت تعرف...
Brayan Hernández Informação pessoal Nome nativo Brayan Hernández Nascimento 11 de março de 1997 (26 anos)Carmen de Viboral, Antioquia Cidadania Colômbia Ocupação ciclista desportivo (en) Informação equipa Equipa atual Colombia Tierra de Atletas-GW Bicicletas Desporto Ciclismo Disciplina Rota Tipo de corredor Escalador Equipas amador 2016-2017 Orgullo Antioqueño Equipas profissionais 2018-20192020 Bicicletas StrongmanColombia Tierra de Atletas-GW Bicic...
Clothing worn by some religious groups Not to be confused with Plainclothes. An Old Order Amish family in traditional plain dress Plain dress is a practice among some religious groups, primarily some Christian churches in which people dress in clothes of traditional modest design, sturdy fabric, and conservative cut. It is intended to show acceptance of traditional gender roles, modesty, and readiness to work and serve, and to preserve communal identity and separation from the immodest, ever-...
This article is about the population of the country of Afghanistan. For ethnic groups, see Ethnic groups in Afghanistan. Demographics of AfghanistanAfghanistan population pyramid in 2020Population41,403,465 (2023)[1]Growth rate2.34% (2016)Birth rate35.8 births/1,000 population (2021 est.)Death rate7.3 deaths/1,000 population (2021 est.)Life expectancy63.3 years (2019)[2][3] • male63.2 years (2019) • female63.2 years (2019)Fertility rate4.64 chil...
El Salvador Practical Shooting AssociationAsociacion Salvadoreña de Tiro PrácticoFormation ()Parent organizationInternational Practical Shooting ConfederationWebsiteipscelsalvador.org El Salvador Practical Shooting Association, Spanish Asociacion Salvadoreña de Tiro Práctico, is the Salvadoran association for practical shooting under the International Practical Shooting Confederation.[1] References ^ IPSC.org :: Regions External links Official homepage of El Salvador Pra...
Ruling dynasty of the Khandesh sultanate Khandesh Sultanate1382–1601South Asia1400 CEDELHISULTANATE(TUGHLAQS)TIMURIDEMPIRESHAH MIRSULTANATEPHAGMODRUPASSAMMASMARYULGUGEKUMAONKANGRAKALMATGUJARATGOVERNORATEBAHMANISULTANATEKHANDESHSULTANATETOMARASTRIPWAEASTERNGANGASCHEROSNAGVANSISAHOMKAMATASCHUTIABENGALSULTANATEVIJAYANAGARAEMPIREREDDIMALWASULTANATEJAISALMERMEWARMARWARKARAULIAMBERSIROHIAMARKOTVAGADMEWATJAUNPURSULTANATEGONDWANA ◁ ▷ Khandesh Sultanate in the 1526, with neighbouring polities, o...
Hospital of Saint James of Altopascio in Paris, from a map of 1550 The Order of Saint James of Altopascio (Italian: Ordine di San Giacomo d'Altopascio or Ordine dei Frati Ospitalieri di San Jacopo), also called the Knights of the Tau (Cavalieri del Tau) or Hospitallers of Saint James, was a military order, perhaps the earliest Christian institution to combine the protection and assistance of pilgrims, the staffing of hospitals, and a military wing. According to American historian Ephraim Emer...
Artikel ini tidak memiliki referensi atau sumber tepercaya sehingga isinya tidak bisa dipastikan. Tolong bantu perbaiki artikel ini dengan menambahkan referensi yang layak. Tulisan tanpa sumber dapat dipertanyakan dan dihapus sewaktu-waktu.Cari sumber: Karanggayam, Kebumen – berita · surat kabar · buku · cendekiawan · JSTOR Untuk kegunaan lain, lihat Karanggayam. KaranggayamKecamatanNegara IndonesiaProvinsiJawa TengahKabupatenKebumenPopulasi ...
Wildebeest biruRentang fosil: Pleistosen sampai sekarang 1–0 jtyl PreЄ Є O S D C P T J K Pg N ↓ Status konservasi Risiko Rendah (IUCN 3.1) Klasifikasi ilmiah Kerajaan: Animalia Filum: Chordata Subfilum: Vertebrata Kelas: Mamalia Ordo: Artiodactyla Famili: Bovidae Subfamili: Alcelaphinae Genus: Connochaetes Spesies: C. taurinus Nama binomial Connochaetes taurinus(Burchell, 1823) Subspesies C. t. albojubatus (Thomas, 1912) C. t. cooksoni (Blaine, 1914) C. t. johnstoni (...
Hill in East Lothian, Scotland North Berwick LawNorth Berwick Law seen fromthe seafront of North BerwickHighest pointElevation187 m (614 ft)[1]Prominence168 m (551 ft)[1]Isolation9.77 km (6.07 mi) ListingMarilynCoordinates56°02′55″N 2°42′57″W / 56.04859°N 2.71597°W / 56.04859; -2.71597GeographyNorth Berwick LawEast Lothian, Scotland, United Kingdom OS gridNT555842Topo mapOS Landranger 66 Berwick Law fr...
Gods & Monsters Сингл Ланы Дель Рейс альбома Paradise Дата выпуска 9 ноября 2012 Формат Цифровая дистрибуция Дата записи 2012 Жанр Инди-поп Длительность 3:57 Композиторы Лана Дель Рей, Тим Ларкомби Автор слов Лана Дель Рей Продюсеры Тим Ларкомби, Эмили Хейни Лейблы Interscope, Polydor Хронологи...
Ionización de electrones La ionización electrónica (EI, del inglés Electron ionization) por sus siglas en inglés, anteriormente conocida como ionización por impacto electrónico[1] e ionización por bombardeo electrónico,[2] es un método de ionización en el que los electrones energéticos interactúan con los átomos o moléculas de fase sólida o gaseosa para producir iones.[3] La EI fue una de las primeras técnicas de ionización desarrolladas para la espectro...
Увеличение размера массива происходит быстро пока он меньше объёма массива. Когда нужно увеличить размер массива, а свободного места в нём нет, создаётся ещё один массив большего объёма, все элементы старого объёма копируются в новый массив, ссылка на старый массив удал...
Human settlement in EnglandUpper Witham IDBThe Catchwater Drain joins the Fossdyke Navigation opposite Pyewipe pumping station.Upper Witham IDBLocation within LincolnshireOS grid referenceSK954719Shire countyLincolnshireRegionEast MidlandsCountryEnglandSovereign stateUnited Kingdom List of places UK England Lincolnshire 53°14′17″N 0°34′12″W / 53.238°N 0.57°W / 53.238; -0.57 vteUpper Witham IDB Legend River Till Cricket Till A1500 Tillbri...