Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
A libra esterlina (en ingléspound sterling) é a unidade monetaria oficial do Reino Unido. Habitualmente denomínase simplemente libra (pound), e para diferenciala da unidade de peso homónima acordouse usar o cualificativo de sterling, nome que tiña o antigo penique (penny) de prata, xa que os peniques (a 240ª parte dunha libra) eran a unidade monetaria básica e o seu valor equivalía a pouco menos có dunha libra actual.
O símbolo da libra esterlina é £, e o seu código ISO 4217 é GBP. Desde 1971, logo da introdución do sistema decimal, a moeda británica está dividida en 100 novos peniques (en inglés pence, plural de penny), e o seu símbolo é p. Anteriormente a libra estaba dividida en 20 xilins (en inglés shillings; símbolo: s), e cada un destes, á súa vez, dividíase en 12 peniques antigos (símbolo: d). Un penique antigo equivale a 2,4 dos novos.
As moedas dunha libra esterlina de ouro emitidas desde 1817 ata os nosos días reciben o nome de "soberano".[1]
Todas estas tiraxes teñen validez legal en todos os territorios, independentemente de que, no aspecto práctico, non todas sexan ben recibidas.
Circulan moedas de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 peniques e de 1 e 2 libras, e billetes de 5, 10, 20 e 50 libras. O billete de 1 libra retirouse da circulación en 1984, con motivo da aparición da moeda do mesmo valor.
Taxa de cambio
Con data do 2 de abril de 2007, 1 GBP equivalía a 1,47 EUR.