Eduardo subiu ao trono con catorce anos, despois da abdicación forzada do seu pai froito dun reinado repleto de intrigas políticas.[3] Como rexentes tivo á propia Isabel de Francia e a Roger Mortimer, o seu titor, os responsábeis pola súa subida anticipada ao trono.[3] Ao contrario do seu pai, Eduardo III tiña unha personalidade forte.[3] Eduardo III mandou executar a Mortimer, amante da súa nai, e exiliou a esta de por vida no castelo de Rising, en Norfolk, acusándoos do asasinato do seu pai.[3] No mesmo ano casou con Filipa de Hainault, con quen tivo unha ampla descendencia.[3]
Eduardo III dedicou o inicio da década de 1330 a subxugar de novo a Escocia, que aproveitara a confusión na política inglesa do reinado de Eduardo II, para readquirir a independencia.[3] Resolvida esta cuestión na batalla de Halidon Hill, en 1333, Eduardo III volveuse para outro conflito que habería de marcar a Idade Media: a guerra dos Cen Anos.[3]
En 1328, Carlos IV de Francia, o último dos tres fillos de Filipe IV, morría sen descendentes masculinos.[3] Como en Francia vigorava a lei sálica, a coroa pasou para Filipe de Valois, un primo afastado, que foi coroado como Filipe VI de Francia.[3] Eduardo III era sobriño do falecido Carlos IV, por vía da nai, e considerou a súa pretensión mellor que a do Conde de Valois, a pesar da lei sálica.[3] Os franceses non aceptaran esta hipótese que resultaría nunha perda de independencia e confirmaron a Filipe VI como rei.[3] Despois dalgúns conflitos diplomáticos, Eduardo III declarou abertas as hostilidades con Francia, iniciando así o que ficaría coñecido como a guerra dos Cen Anos.[3] O inicio das hostilidades foi marcado polos sucesos da batalla de Crecy (1346) e da batalla de Poitiers (1356), e pola conquista de gran parte do Norte de Francia.[3] A pesar diso, Eduardo III non fixo ningunha tentativa para ir mais lonxe e conquistar París, por exemplo. Entregado o control da fronte francesa ao fillo Eduardo, o Príncipe Negro, que habería de se mostrar un líder militar notábel, Eduardo III concentrouse na guerra con Escocia. O resultado da campaña do Príncipe Negro foi excelente: Inglaterra venceu a Francia na batalla de Poitiers e Eduardo III tivo a honra de ver ao rei Xoán II de Francia como o seu prisioneiro.[3] As condicións de rescate, detalladas no Tratado de Brétigny, garantían para o seu reino cerca dun cuarto do territorio francés.[3]
A pesar de respectarse mutuamente, Eduardo III e o seu primoxénito non se levaban ben nin tiñan a mesma visión do que debería ser a política interna. O casamento do príncipe de Gales con Xoana de Kent fora motivo dunha antipatía nunca sanda totalmente. Porén, cando Eduardo de Gales morre en 1376, Eduardo III chorou a súa morte e tornouse melancólico. Morreu no ano seguinte, sendo sucedido polo seu neto Ricardo II de Inglaterra.[3]
Cerca da morte de Eduardo III, a sucesión no trono inglés parecía asegurada para Ricardo, pero moitos xoves da prole de Eduardo crearon algún que outro problema. Por exemplo, os conflitos que estalarán entre os diversos ramos da súa descendencia darán orixe á guerra das Dúas Rosas, onde os seus netos das casas de York e Lancaster disputarán a coroa nunha sanguenta guerra civil.
Descendencia
Nota: Os seus fillos ficarán coñecidos pola cidade onde naceran.