Brando recibiu o seu primeiro Óscar pola súa interpretación en A lei do silencio fronte ao favorito Bing Crosby. Porén, hoxe considérase que a vitoria de Brando é das máis merecidas da historia dos Óscar.[2] Logrou o premio na cuarta candidatura consecutiva, un récord non igualado.
Aínda máis sorprendente foi que Grace Kelly gañase o premio á mellor actriz. Judy Garland, a gran favorita por A Star Is Born, non puido asistir á cerimonia porque acababa de dar a luz o seu terceiro fillo. Leváronse cámaras ao seu cuarto para que puidese dar as grazas pola súa vitoria. Groucho Marx envioulle posteriormente un telegrama dicindo que a súa derrota era "o maior roubo dende o de Brink's".[3]