Non é un país para vellos dominou a gala acadando catro premios dos oito ós que optaba, incluíndo o Óscar ó mellor filme. Por primeira vez dende a 37ª edición dos Óscar (1964), a Academia entregou os catro premios de interpretación a actores non americanos. Os galardoados foron: Daniel Day-Lewis (irlandés) por There Will Be Blood (Mellor actor), Marion Cotillard (francesa) por La Môme (Mellor actriz), Javier Bardem (español) por Non é un país para vellos (Mellor actor secundario) e Tilda Swinton (inglesa) por Michael Clayton (Mellor actriz secundaria). A cerimonia continuou coa tendencia dos anos anteriores, sen un filme premiado máis de catro veces.