American Gangster é un filme estadounidense biográfico dirixido por Ridley Scott e escrito por Steve Zaillian. O filme baséase na carreira criminal de Frank Lucas, un gánster de Carolina do Norte que pasaba heroína dentro dos Estados Unidos a través dos avións militares que regresaban da Guerra de Vietnam. Está protagonizado por Russell Crowe e Denzel Washington nos papeis principais, xunto con Ted Levine, John Ortiz, Josh Brolin, Chiwetel Ejiofor, Norman Reedus, Ruby Dee e Lymari Nadal nos papeis de elenco.
Sinopse
No Nova York de 1968, Frank Lucas (Denzel Washington) é o chofer dun importante mafioso de Harlem. Cando o seu xefe morre inesperadamente, Frank aproveita a oportunidade para construír o seu propio imperio. Grazas ó seu talento, convértese non só no meirande narcotraficante da cidade, enchendo as rúas con produtos de mellor calidade e prezo, senón tamén nun home público moi respectado. Richie Roberts (Russell Crowe), un policía marxinado que coñece ben as rúas, decátase de que unha persoa allea ós clans mafiosos está a trepar no poder. Tanto Roberts como Lucas comparten un estrito código ético que os afasta dos demais e que os converte en dúas figuras solitarias en lados opostos da lei. Cando se atopan, o enfrontamento entre eles é inevitable.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
- 2007: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor actriz secundaria (Ruby Dee) e mellor dirección artística.
- 2007: 3 nomeamentos ó Globo de Ouro, incluíndo mellor filme dramático.
- 2007: 5 nomeamentos ós BAFTA, incluíndo mellor filme, fotografía e guión orixinal.
- 2007: 2 nomeamentos ós Critics' Choice Awards: mellor filme e canción.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas