Gary Cooper, "polas súas moitas interpretacións memorábeis na pantalla e o recoñecemento internacional que, como individuo, logrou para a industria cinematográfica". Cooper estaba demasiado enfermo para asistir á cerimonia, aínda que non se informara da súa condición ao público e só a coñecía a súa familia e os amigos máis achegados. Na entrega, o seu amigo James Stewart aceptou o premio no seu nome. O emotivo discurso de Stewart deu a entender que algo ía moi mal e o día seguinte os titulares publicaron que Gary Cooper tiña cancro. Cooper faleceu o 13 de maio de 1961, menos de catro semanas despois, e seis días despois de facer sesenta anos.
Stan Laurel, "por ser un pioneiro creativo no campo da comedia cinematográfica".