A 94ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes estreados entre o 1 de marzo e 31 de decembro de 2021. A cermimonia tivo lugar no Dolby Theatre de Hollywood, Os Ánxeles, California o 27 de marzo de 2022.[1][2] A cerimonia estivo presentada por Regina Hall, Amy Schumer e Wanda Sykes. Foi a primeira cerimonia dende a 83ª edición dos Óscar en 2011 en ter varios presentadores.[3] CODA gañou o Óscar ó mellor filme, mentres que Dune foi o filme que obtivo máis premios. Segundo os comentaristas, os premios foron "eclipsados"[4][5][6] por un incidente no que Will Smith lle deu unha labazada a Chris Rock no escenario por unha referencia á alopecia da súa esposa Jada Pinkett Smith.[7]
Os nomeados da 94ª edición dos Óscar foron anunciados o 8 de febreiro de 2022, polos actores Tracee Ellis Ross e Leslie Jordan.[8]
Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.
O 24 de xuño de 2021, a Academia anunciou os gañadores dos premios de honra, que en principio terían que ser entregados nunha cerimonia o 15 de xaneiro de 2022. Porén, a cerimonia foi posposta debido a situación da pandemia de COVID-19 por mor da variante ómicron.[9][10] Os galardoados foron:[11]