Sarah Caroline Olivia Colman, nada en Norwich o 30 de xaneiro de 1974,[1][2] é unha actriz inglesa, gañadora dun Oscar, catro premios da BAFTA, catro British Independent Film Awards e dous premios Globo de Ouro.
Traxectoria
Graduada Bristol Old Vic Theatre School, Colman acadou a popularidade polo seu traballo na televisión. Destacou como Sophie Chapman na serie de televisión Peep Show (2003–2015). Outros papeis cómicos en televisión inclúen Green Wing (2004–2006), Beautiful People (2008–2009), Rev. (2010–2014), Twenty Twelve (2011–2012) e Fleabag (2016). Tamén interpretou varios papeis en That Mitchell and Webb Look (2006–2008), xunto cos seus compañeiros de Peep Show David Mitchell e Robert Webb.
No cinema, Colman recibiu boas críticas pola súa interpretación no drama de Paddy Considine Tyrannosaur (2011).[3] Os outros grandes papeis inclúen Doris Thatcher en Hot Fuzz (2007), Carol Thatcher en The Iron Lady (2011), a raíña Isabel en Hyde Park on Hudson (2012), Bethan Maguire en Locke (2013), Margaret Lea en The Thirteenth Tale (2013) e a directora de hotel de The Lobster, de Yorgos Lanthimos (2015). A súa interpretación de Ana de Gran Bretaña en The Favourite (2018) valeulle múltiples premios, incluíndo o Oscar á mellor actriz.
Filmografía
Notas