Asasinato no Orient Express[6] (en inglés: Murder on the Orient Express) é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Kenneth Branagh cun guión de Michael Green. Baséase na novela de 1934 Asasinato no Orient Express, de Agatha Christie. Está protagonizado polo propio Branagh no papel de Hercule Poirot, xunto con Penélope Cruz, Willem Dafoe, Judi Dench, Johnny Depp, Josh Gad, Derek Jacobi, Leslie Odom Jr., Michelle Pfeiffer, Olivia Colman, e Daisy Ridley nos papeis secundarios. O filme é a cuarta adaptación cinematográfica da novela de Christie, logo da versión de 1974, do telefilme de 2001 e un episodio da serie Agatha Christie's Poirot.[7] O argumento segue a Poirot, un detective de sona mundial, que tenta resolver un asasinato no famoso tren transeuropeo na década de 1930.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Personaxes | |
---|
Libros | |
---|
Adaptacións a filmes | |
---|
Obras de teatro | |
---|
Adapatacións á televisión | |
---|
Videoxogos | |
---|
Véxase tamén | |
---|
|