A 92ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2019 e celebrouse o 9 de febreiro de 2020 no Dolby Theatre dos Ánxeles (Estados Unidos).[1] Logo de máis dunha década celebrando as cerimonias contra finais de febreiro, a 92ª edición tivo lugar a comezos de mes, o 9 de febreiro de 2020.[1][2] Durante a cerimonia, AMPAS presentou os Premios Óscar en 24 categorías. A cerimonia foi televisada nos Estados Unidos a través da ABC, producida por Lynette Howell Taylor e Stephanie Allain; sendo dirixida por Glenn Weiss.[3] En base ó éxito obtido co formato da edición anterior en 2019, a ABC anunciou que a cerimonia sería conducida de novo sen un presentador.[4]
A Academia tamén celebrou a décima edición dos Premios Gobernadores o 27 de outubro de 2019, durante a cal foron presentados os Oscar de Honra e o Premio Humanitario Jean Hershol.[7]
↑Wilkinson, Alissa (8 de agosto de 2018). Vox, ed. "The Oscars are adding a category for "popular films"". Arquivado dende o orixinal o 16/07/2019. Consultado o 9 de xuño de 2019. Beginning in 2020, the Oscars will be held about two weeks earlier than usual. The 2019 ceremony is still scheduled for February 24; the 2020 ceremony will be held on February 9