Haruki Murakami (2018) |
Nome orixinal | (ja) 村上 春樹 |
---|
|
Nacemento | 12 de xaneiro de 1949 (75 anos) Kyoto, Xapón |
---|
Educación | Universidade de Waseda |
---|
|
Campo de traballo | Artes escénicas, Literatura do Japão (pt) e translation into Japanese (en) |
---|
Ocupación | lingüista, atleta, profesor universitario, escritor de ciencia ficción, prosista, ensaísta, escritor, tradutor, novelista, escritor de contos |
---|
Período de actividade | 1979 - |
---|
Empregador | Universidade de Princeton Universidade Tufts |
---|
Xénero artístico | Ensaio, literatura de ficción e memorias |
---|
Movemento | Surrealismo e realismo mágico (pt) |
---|
Influencias | |
---|
Deporte | atletismo carreira de longa distancia |
---|
|
Obras destacables |
Arquivos en | |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
Sitio web | harukimurakami.com |
---|
|
Haruki Murakami (en xaponés 村上 春樹, むらかみ はるき Murakami Haruki), nado en Kyoto o 12 de xaneiro de 1949, é un popular escritor e tradutor.
Traxectoria
Frecuentou a Universidade de Waseda, en Toquio, dedicándose sobre todo aos estudos teatrais. Antes de terminar o curso, abriu un bar de jazz chamado Peter Cat, á fronte do cal se mantivo entre 1974 e 1982. En 1986, partiu para a Europa e despois para os EUA, onde foi para impartir clases na Universidade Princeton e onde acabaría por quedar a vivir.
Escribiu a súa primeira novela - Hear the Wind Swing - en 1979, mais sería en 1987, con Norwegian Wood, que o seu nome se tornaría famoso no Xapón. Escritor particularmente influenciado pola cultura occidental, Murakami traduciu para o xaponés obras de F. Scott Fitzgerald, Truman Capote, John Irving e Raymond Carver.
En Galiza
Murakami viaxou a Santiago de Compostela en 2009.[1] “Os alumnos dun instituto [o IES Rosalía de Castro] elixiron 'Kafka na beiramar' (2002) como libro do ano e viaxei a recibir o premio [Premio San Clemente]. Sempre o recordo: eran rapaces moi intelixentes. Gustoume Galiza; os mariscos e o viño son estupendos”.[2]
Obras
- Hitsuji o meguru bōken (羊をめぐる冒険, 1982)
- Noruwei no mori (ノルウェイの森, 1987)
- Dansu dansu dansu (ダンス・ダンス・ダンス, 1988)
- Andāguraundo (アンダーグラウンド, 1998)
- Spūtoniku no koibito (スプートニクの恋人, 1999)
- Umibe no Kafuka (海辺のカフカ, en galego Kafka na beiramar, 2002)
- Nejimaki-dori kuronikuru (ねじまき鳥クロニクル, 2006)
- Tras do solpor (アフターダーク, 2008)
- Do que estou a falar cando falo de correr (走ることについて語るときに僕の語ること, 2009)
- 1Q84 (2011)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas