Charlie Wilson's War é un filme estadounidense de 2007 dirixido por Mike Nichols. Baséase na historia do congresista estadounidense Charlie Wilson e no membro da CIA Gust Avrakotos, cuxos esforzos lideraron a Operación Ciclón, un programa para organizar e apoiar os muxahidin afgáns durante a invasión soviética de Afganistán.
O guión foi escrito por Aaron Sorkin e unha adaptación do libro de 2003 Charlie Wilson's War: The Extraordinary Story of the Largest Covert Operation in History, escrito por George Crile III. Está protagonizado por Tom Hanks, Julia Roberts e Philip Seymour Hoffman, xunto con Amy Adams e Ned Beatty nos papeis secundarios. Foi nomeado a cinco premios dos Globos de Ouro, incluíndo mellor filme de comedia ou musical, mais finalmente non gañou ningún. Hoffman foi nomeado na 81ª edición dos Óscar ó mellor actor secundario.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas