Eva Marie Saint, nada en Newark (Nova Jersey) o 4 de xullo de 1924, é unha actriz estadounidense.
Traxectoria
Estudou interpretación na Bowling Green State University, cuxo teatro recibe na actualidade o seu nome. Comezou a actuar profesionalmente na televisión a finais da década de 1940.
Nos seguintes anos continuou a desenvolver a súa carreira na radio e na televisón, ademais de no teatro, onde participou na obra The Trip to Bountiful con Lillian Gish. O seu debut no cinema chegou con A lei do silencio, de Elia Kazan, en 1954. Con este filme gañou o Oscar á mellor actriz secundaria, conseguindo grandes papeis nas décadas seguintes.
A partir da década de 1970 volveu á televisión. Neste medio interpretou a nai de Cybill Shepherd na serie Moonlighting durante tres anos.
Filmografía
Véxase tamén
Ligazóns externas