O Óscar ó mellor deseño de vestiario foi entregado por primeira vez para as películas feitas en 1948. Ata 1966 entregábanse premios separados as películas en branco e negro e as películas en cor.
A deseñadora Edith Head ten o maior número de candidaturas nesta categoría, 35, e tamén o maior número de premios: oito. Foi candidata en todas as edicións entre 1948 e 1966.