Marie Antoinette é un filme histórico escrito e dirixido por Sofia Coppola que se estreou no 2006. Está vagamente baseado na vida de María Antonieta de Austria nos anos precedentes á Revolución francesa. Gañou o Óscar ó mellor deseño de vestiario.
Sinopse
Francia, século XVIII. O compromiso matrimonial entre o futuro Lois XVI (Schwartzman) e María Antonieta (Dunst) serve para selar unha alianza entre Francia e Austria. Con só catorce anos, a inxenua princesa austríaca vese obrigada a abandonar Viena, a súa familia e os seus amigos para instalarse na opulenta e sofisticada corte francesa, onde reinan as intrigas e os escándalos. A moza rebélase contra o illamento que representa a corte de Versalles e convértese na raíña máis incomprendida de Francia.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas