A Rede Natura 2000 galega conta con 59 zonas especiais de conservación (ZECs) que foron aceptadas e declaradas pola Comunidade Europea e que son xestionadas pola Xunta de Galicia. Ademais á fronte da costa galega está tamén o Banco de Galicia, que foi declarado como ZEC e que está xestionado polo Goberno de España, xa que está en augas da súa competencia.
Desde 2011 existe unha proposta de ampliación de 21 novos lugares de importancia comunitaria (LICs) e de ampliación do espazos que ocupan outros 28 ZECs xa declarados, tal e como lle suxeriu a Unión Europea a Galicia. Considerando tamén a área dos LICs, contaríase así con 389.737 ha. protexidas de territorio litoral e terrestre (excluíndo ao Banco de Galicia).
A rede galega de zonas especiais de conservación é competencia a comunidade autónoma de Galicia[1] e está constituída polos seguintes espazos naturais.[2][3][4] e segundo o "Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Ambiente" do Goberno de España[5][6].
Os territorios declarados en Galicia e que están baixo a competencia de xestión do Goberno da Xunta son os seguintes[2][3]:
A plataforma mariña denominada "Banco de Galicia" é unha zona especial de conservación en augas abertas da costa galega. Sendo así, correspóndelle a súa proposta e xestión ao Goberno de España.