O Macizo Central ourensán é un espazo natural montañoso formado pola serra de Queixa, serra de San Mamede, serra do Fial das Corzas e os Montes do Invernadeiro. Este macizo é unha área protexida coa cualificación de zona especial de conservación (ZEC) integrante da Rede Natura 2000 e en proceso cualificación como parque natural.[1][2] [3]
O Macizo Central ourensán esténdese polos concellos do Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Quiroga, Larouco, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Maceda, Castro Caldelas e Montederramo.
A zona acolle, á beira do seu cumio máis alto, Cabeza de Manzaneda (1.781 m), a única estación de esquí de Galicia (Estación de montaña Manzaneda).