Manzaneda é un dos poucos topónimos castelanizados en Galicia aceptado coma forma oficial. Gonzalo Navaza, investigador especializado na onomástica galega, considerou que a forma Manzaneda apareceu a partir do século XVIII. O nome tradicional é Maceda, e proponse Maceda de Trives como topónimo oficial ao haber xa outro municipio ourensán homónimo, pola alta abundancia de maceiras na zona[1].
Xeografía
Situado na parte nororiental da provincia, limita ao norte co concello da Pobra de Trives, ao leste co concello do Bolo, ao sur co concello de Vilariño de Conso e ao oeste co concello de Chandrexa de Queixa. A súa capital, Manzaneda, destaca polo seu conxunto histórico medieval, do que se conservan importantes vestixios.
Poboación
Con trazos da Galicia de montaña, con escasa poboación nova e unha ampla capa de maiores de 65 anos, en 2022 o concello de Manzaneda aglutinaba 838 habitantes.
Evolución da poboación de Manzaneda Fontes: INE e IGE.
1900
1930
1950
1981
2004
2009
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
2020
2021
2022
2023
3.283
3.437
2.973
1.954
1.150
994
1.006
1.001
971
973
975
947
906
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
A igrexa parroquial de San Miguel de Bidueira é coñecida como a catedral das terras de Manzaneda, ou a catedral da montaña, pola súa gran maxestade. Así mesmo, a capital do concello destaca por ser unha vila medieval, da que se conservan numerosos vestixios do seu glorioso pasado.
O abano turístico complétase con rutas de sendeirismo, coñecidas popularmente como a ruta do Val Glaciar de Prada e a ruta dos Soutos de Cesurís. A primeira percorre a plataforma de abrasión dun glaciar que erosionou o val que percorre a ruta hai máis de 10.000 anos. Chega ata o núcleo abandonado de Prada, situado nunha paisaxe de gran beleza. A segunda ruta percorre os amplos soutos da parroquia de Cesuris.