Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

David Rodríguez Estévez

Modelo:BiografíaDavid Rodríguez Estévez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor en Wikidata (46/47 anos)
Manzaneda, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Manzaneda
2009 – 2016 (dimisión)Félix Domínguez Cortiñas → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Manzaneda Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, bombeiro Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego (2009–)
En Marea Editar o valor en Wikidata

David Rodríguez Estévez, nado en Manzaneda en 1978, é un músico e político galego de En Marea.

Traxectoria

Operario do servizo de prevención e extinción de incendios, empezou a militar en Galiza Nova aos 18 anos, ao mesmo tempo que entraba na banda Cuchufellos. Formou parte das lista do BNG en 2007 como número dous, e chegou á alcaldía en outubro de 2009 trala dimisión por enfermidade do anterior alcalde nacionalista, Xosé Antonio Núñez Domínguez, co apoio do PSdeG-PSOE. En 2011 encabezou a lista electoral do BNG e foi reelixido alcalde cun 45% dos votos e maioría absoluta.

Trala marcha de Encontro Irmandiño do BNG en febreiro de 2012, abandonou xunto con todo o seu grupo de goberno a fronte nacionalista[1], pasando a formar parte de Anova-Irmandade Nacionalista trala súa constitución como partido en xullo de 2012. Nas eleccións municipais do 2015 encabezou a candidatura de Anova e volveu obter a alcaldía cunha ampla maioría absoluta[2]. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixido deputado por En Marea, polo cal renunciou á alcaldía no mes de setembro.[3] Mantívose como deputado ata as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020. Abandonou a primeira liña tras apoiar o líder de En Marea, Luís Villares, nos seus enfrontamentos contra o resto de partidos que levaron á ruptura da formación. Foi un dos deputados que acompañaron a Villares no seu paso ao grupo mixto en xuño de 2019.

Notas


Predecesor:
Xosé Antonio Núñez Domínguez
 
Alcalde de Manzaneda
 
20092016
Sucesor:
Félix Domínguez Cortiñas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya