O banco de Galicia é un monte submarino situado no océano Atlántico, que se encontra a uns 180 km ao oeste da costa galega de Fisterra e que varía na súa profundidade entre os 650 e 1500 metros. Ten puntos de caídas abruptas que chegan aos 5000 metros.[1][2][3] Está declarado como Zona especial de conservación (ZEC) e zona de especial protección para as aves (ZEPA). O afundimento do Prestige fixo que se investigase esta rexión que case se descoñecía e se inciase a súa declaración como lugar de importancia comunitaria (LIC).[3]
A zona menos profunda ten unha extensión duns 6 200 km², e un canal duns 2 500 m de profundidade separa o banco da plataforma continental. De forma irregular, na zona leste elévase un pico duns 600 m e ao norte-noroeste descende en suave pendente desde os 1 000 m até a zona abisal, a 5 000 m de profundidade.[1]
O monte está formado por lava basáltica da codia oceánica, recuberta por sedimentos formados sobre todo pola acumulación de cascas de foraminíferos.[2]
O banco de Galicia conforma un ecosistema de alta riqueza en especies. A estrutura das comunidades ecolóxicas son significativamente distintas das da plataforma continental e dos fondos abisais.
As correntes mariñas na plataforma favorecen a presenza de organismos bentónicos filtradores.[3]
A macrofauna do bentos filtradores están as esponxas, os corais e gorgonias e os estrelas de mar. Nas zonas máis profundas acháronse un elevado número de asteroideos. Entre de varias especies carnívoras, sobre todo crustáceos. Destaca polo seu interese pesqueiro o cangrexo real (Chaceon affinis).[3]
As especies de coral abundan, e están presente especies como Lophelia pertusa, que son característico das augas frías. Esta especie dálle medio a outras especies para aloxarse nas súas "cristas", co que favorece o asentamento dunha importante diversidade neste monte submarino.[2]
Alí habitan 86 especies de peixes, entre elas 11 de elasmobranquios (tiburóns e raias), entre eles Dalatias licha e Dipturus batis (Raja batis Linnaeus), esta última proposta como especie ameazada polo convenio OSPAR para o Atlántico noroeste. Entre os teleósteos destacan, entre outros, o tomás (Epigonus telescopus), Lepidion eques, Malacocephalus laevis e Trachyscorpia cristulata. Hai cetáceos, tartarugas e aves mariñas asociadas a este banco galego.
A información sobre o banco de Galicia e os seus ecosistemas é aínda escasa, e só se realizaron unhas poucas investigacións biolóxicas in situ. O impacto ambiental antrópico (o causado polo ser humano) no banco, por exemplo por explotación pesqueira non foi aínda avaliado con detalle. En xeral, estaría relacionado coa pesca de crustáceos e de tiburóns en augas profundas con palangre. Porén, esta carencia de información non debe levarnos a asumir de que non sexa necesaria ningunha medida de protección.[2]
Actualmente non hai ningunha regulación específica ou limitación para ningún tipo de uso do banco. Aínda máis, as prioridades do goberno de España en termos de pescarías e de conservación dos recursos naturais en mar aberto non están claras debido á repartición de competencias entre os gobernos autonómicos e o Estado.[2]
Polas súas características de barreira, o banco de Galicia está cualificado para ser unha Área de Especial Conservación pola Directiva Europea de Hábitats, polo que o Fondo Mundial para a Natureza (WWF) instou ao goberno español a que asuma as súas competencias en canto á conservación, e para que inicie os trámites oportunos para cumprir coa citada directiva, e cumprir ao establecemento definitivo da rede europea de espazos naturais coñecida como Rede Natura 2000.[4]
Nun seguinte paso, o WWF propón que o banco de Galicia sexa designado como Área Mariña Protexida baixo o Convenio de OSPAR.[5]