O Fondo Mundial para a Natureza (en inglés: World Wide Fund for Nature, WWF) é un organización non gobernamental de ámbito internacional fundada o 29 de abril de 1961. Os seus obxectivos son a conservación, investigación e restauración dos ecosistemas. Anteriormente chamouse World Wildlife Fund, nome que aínda é o oficial no Canadá e nos Estados Unidos. É a organización conservacionista independente máis grande do mundo, con 5 millóns de seguidores, traballando en máis de 100 países, e mantendo 1.300[1] proxectos de conservación e restauración. É unha fundación,[2] recibindo no 2010 o 57% dos seus fondos a partir do apoio individual e doazóns, o 17% de fontes de gobernos (como o Banco Mundial) e o 11% de corporacións.[3]
A misión do grupo é "deter a degradación do medio natural do planeta e construír un futuro no que os humanos vivan en harmonía coa natureza."[4] Na actualidade, o seu traballo está concentrado na conservación de tres ecosistemas que conteñen a maioría da biodiversidade do planeta: os océanos e as costas, os bosques e os ecosistemas de auga doce. Entre outros temas, tamén se atende ás especies ameazadas, á contaminación e ó cambio climático actual.