Destaca pola súa flora e fauna da marisma e, especialmente, pola súa abundante e variada poboación de aves acuáticas invernantes e nidificantes. Ocupan a marisma da ría durante os seus pasos migratorios ou aniñan.[5]
Xeografía
Os límites da ZEPA e Ramsar "Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira" abranguen varios espazos[5]:
A enseada do Umia e do Vao, que están formadas pola desembocadura do río Umia na ría de Arousa, ata o istmo que une O Grove con Sanxenxo e o esteiro interior deste límite.
O istmo que forman as dunas e praia da Lanzada. É a barreira que se abre á ría de Arousa ó leste e ó mar aberto do Atlántico ó oeste. Está formado por dunas sedimentarias fixadas pola vexetación sobre un fondo de arxila.
Os cantís da costa de San Vicente do Grove: a costa oeste da península do Grove presenta formacións xeolóxicas con grandes cons, furnas, cantís e algunhas praias.
Neste espazo atópanse varios endemismos de flora, como Cistanche phelypaea.[8] As especies da flora deste espazo en risco de extinción deste espazo natural son[5]:
Por esta ZEPA migran un amplo número de aves migratorias e aniñan. De feito, durante o período invernal poden contabilizarse ata 13.000 a 16.000 aves acuáticas co cal é o principal punto de aves acuáticas galego e o segundo das costas cantábrico-galaicas.[5] Abundan en número as especies limícolas e anáticas, ora invernantes ou non, e as ardeidas que invernan.[8] Algunhas especies a destacar están a píllara papuda (Charadrius alexandrinus), a gabita (Haematopus ostralegus), o mazarico rabipinto (Limosa lapponica), a píllara cincenta (Pluvialis squatarola) e o furabuchos balear (Puffinus mauretanicus).[5]
As especies de aves en risco de extinción deste espazo natural son[5] :
O "Complexo intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira" está amparado baixo as figuras de protección[5] :
Zona de Especial Protección para Aves (ZEPA) “Complexo intermareal Umia-O Grove-A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira", declarada o 2 de xaneiro de 1990, modificada o 19 de abril de 2001 e regulada pola plan director da Rede Natura 2000 establecido no Decreto 37/2014.[1][5]
Zona húmida protexida“Complexo intermareal Umia-O Grove-A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira", que conta con 2.813 ha., que foi declarada o 7 de xuño de 2004 co Decreto 110/2004, do 27 de maio.[6][7]
Zona húmida de Importancia Internacional (Convenión de Ramsar) “Complexo intermareal Umia-O Grove", cunha extensión de 2.561 ha., que foi declarado o 5 de decembro de 1989 pola comisión do convenio Ramsar.[6][8]