Victoria Gómez Cima, coñecida artisticamente como Victoria de los Ángeles ou Victòria dels Àngels, nada en Barcelona o 1 de novembro de 1923 e finada na mesma cidade o 15 de xaneiro de 2005, foi unha soprano catalá.
De familia humilde, descobre a súa vocación musical moi nova. En 1941 debuta operisticamente no Gran Teatro do Liceo, aínda que o seu debut profesional non será ata 1945 con Le nozze di Figaro. En 1947 gaña un concurso internacional de canto en Xenebra, o que lle serve para darse a coñecer por toda Europa.
En 1991, recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Artes, colectivamente, con Teresa Berganza, Pilar Lorengar, Montserrat Caballé, José Carreras, Alfredo Kraus e Plácido Domingo.[1]