Alcanzou o estato de bailarina principal no English National Ballet (1997-2000), categoría coa que se incorporou no Royal Ballet de Londres, convidada por Sir Anthony Dowell en xullo de 2000.
Coa súa incorporación no Royal Ballet en 2000, Tamara Rojo, aos seus 25 anos, converteuse na primeira española en formar parte da compañía máis importante do Reino Unido e unha das máis prestixiosas do mundo. Foi ademais, a segunda artista máis nova na historia do ballet que ascende ao posto de primeira bailarina, despois de Maya Plisétskaya, que ascendeu a primeira bailarina aos 18 anos no Teatro Bolshoi.
Ten actuado, como artista invitada, co Ballet do Teatro La Scala de Milán, o Ballet da Ópera de Niza, o Arena de Verona, o Ballet Nacional de Cuba e o Ballet da Ópera de Berlín, e ten participado en numerosas galas de ámbito internacional. Dende os seus primeiros pasos profesionais, Tamara Rojo ten realizado papeis de múltiples matices, destacando as coreografías neoclásicas da escola holandesa e as de fondo significado e raíz hispánica de Ullate, como Volando hacia la luz e Concierto para Tres, ou as renovadas por Derek Deane como Romeo e Xulieta.
Dende setembro de 2012 Tamara Rojo é a directora do English National Ballet[1].
Vida persoal
Sempre foi moi discreta e hermética coa súa vida privada. En 2018 confirmou que mantiña unha relación co tamén bailarín Isaac Hernández, ao defenderse das declaracións anónimas que a acusaban de favoritismo cara a el dentro do ENB.[2]
↑"Acta do xurtado. Artes 2005". fundacionprincipedeasturias.org(en castelán). 29 de xuño de 2005. Archived from the original on 29 de setembro de 2007. Consultado o 1 de xuño de 2021.