Naceu nunha familia pobre, fillo dun zapateiro e dunha lavandeira protestante. Xa de neno deu mostras da súa imaxinación e intelixencia, mesmo creou un teatro de monicreques no que representou obras de Ludvig Holberg e William Shakespeare. En 1816 quedou orfo de pai e tivo que deixar de ir á escola. En setembro de 1819 marchou a Copenhague para conseguir un posto como cantante de ópera. Nun principio foi tomado por tolo e caeu na pobreza, mais fixo amizade cos músicos Christoph Weyse e Siboni e co poeta Frederik Hoegh Guldberg.
Foi admitido como alumno de danza no Teatro Real de Copenhaguen. Perdeu o apoio de Guldberg pola súa preguiza, pero trabou amizade con Jonas Collin, director do Teatro Real, amizade que mantería de por vida. O rei Frederico VI interesouse por el, e enviouno á escola de Slagelse. Estivo nesa vila e na escola de Helsingør até 1827, cando Collin considerou acabados os seus estudos, regresando entón a Copenhaguen.
En 1827 publicou o seu poema "O neno moribundo" na revista literaria Kjøbenhavns flyvende Post, a máis prestixiosa do momento, tanto en danés como na versión en alemán. En 1831 publicou o poemario Fantasías e esbozos.
Andersen fixo numerosas viaxes, a partir das cales fixo artigos xornalísticos e ideas para os seus contos. En 1831 foi a Berlín, publicando a crónica da viaxe co título de Siluetas. En 1833 recibiu unha pensión do rei e fixo a primeira das súas longas viaxes por Europa. Chegou a Roma en 1834. Italia inspiroulle a súa primeira novela, O improvisador, publicada en 1835 con bastante éxito. Nese mesmo ano apareceron tamén as dúas primeiras edicións de Historias de aventuras para nenos, seguidas de varias novelas de historias curtas. Antes publicara un libreto para ópera, A noiva de Lammermoor, e un libro de poemas titulado Os doce meses do ano.
Tamén acadou éxito a súa primeira obra de teatro, O amor na torre de San Nicolás, publicada en 1839.
A súa viaxe máis longa, realizada entre 1840 e 1841, foi a través de Alemaña (onde fixo a súa primeira viaxe en tren), Italia, Malta e Grecia cara a Istambul. A viaxe de volta fíxoa a través do mar Negro e o río Danubio. O libro O bazar dun poeta (1842), no que narra a súa experiencia, está considerado por parte da crítica como o seu mellor libro de viaxes.
Andersen converteuse nun personaxe coñecido en gran parte de Europa, a pesar de que en Dinamarca non era de todo recoñecido como escritor. As súas obras, para entón, xa se traduciran ao francés, inglés e alemán. En xuño de 1847 visitou Inglaterra por vez primeira, sendo acompañado na partida por Charles Dickens.
Andersen continuou coas súas publicacións, aspirando sen éxito a converterse en novelista e dramaturgo. De feito, Andersen non tiña demasiado interese nos seus contos de fadas, a pesar de que foi por eles polo que acadou sona internacional. Aínda así, continuou escribíndoos e en 1847 e 1848 apareceron dous novos volumes. A partir de 1858 colleu o costume de narrar da súa propia voz eses contos.
En 1857 publicou outra novela: Ser ou non ser. En 1863 publicou outro novo libro de viaxe logo de visitar España, onde lle impresionaron especialmente as cidades de Málaga (onde se erixiu unha estatua na súa memoria), Granada, Alacant e Toledo.
Andersen namorou decote de mulleres inaccesibles para el, e moitas das súas historias son interpretadas como alusións aos seus fracasos sentimentais[1]. No seu diario escribiu esta súplica: «Deus Todopoderoso, ti es o único que teño, ti que gobernas o meu destino, debo renderme a ti! Dáme unha forma de vida! Dáme unha moza! O meu sangue quere amor, como o quere o meu corazón!»[2]. A máis famosa foi a sopranoJenny Lind, cuxa paixón inspiroulle o conto "O reiseñor", e contribuíu a que a alcumasen a «reiseñor sueca». Andersen adoitaba mostrarse tímido coas mulleres e tivo serias dificultades para declararse a Lind. Fíxoo por carta cando Lind tomaba un tren para realizar un concerto. Os seus sentimentos no eran correspondidos, xa que ela o quería coma a un irmán, como expresou nunha carta de 1844[3]. Outro amor non correspondido da mocidade de Andersen foi unha rapaza chamada Riborg Voigt, da que conservou unha longa carta atopada nunha pequena bolsa xunto ao seu peito no momento da morte do escritor. Outras decepcións amorosas foron Sophie Ørsted, a filla do médico Hans Christian Ørsted, e Louise Collin, a filla máis nova do seu benfeitor Jonas Collin.
Andersen sentiuse tamén atraído sen ser correspondido por varios homes. Escribiu a Edvard Collin:[4] «Languidezo por ti como por unha rapaza calabresa... os meus sentimentos por ti son como os dunha muller. A feminidade da miña natureza e a nosa amizade deben permanecer en segredo». Collin, pola súa parte escribiu nas súas memorias: «Non fun quen de responder ao seu amor, e iso causou ao escritor moito sufrimento». Tampouco chegaron a se converter en relacións duradeiras as paixóns de Andersen por Karl Alexander, o herdeiro do ducado de Saxonia-Weimar-Eisenach[5], e o bailarín Harald Scharff[6]. Estudos literarios modernos suxiren que nalgunhas obras de Andersen hai un homoerotismo camuflado[7], froito da súa homosexualidade reprimida. Esta represión aparece xa nos diarios de mocidade de Andersen nos que rexistra a súa intención de non manter relacións sexuais[8][9].
Andersen coñeceu a Harald Scharff, un bailarín danés da compañía do teatro Real de Copenhaguen, en 1857 en París. Andersen facía escala en París camiño a Dinamarca procedente de Inglaterra, dunha visita a Charles Dickens, e Scharff estaba de vacacións co seu compañeiro de casa, o actor Lauritz Eckardt. Andersen e Scharff visitaron xuntos a Catedral de Notre-Dame. En xullo de 1860 coincidiron os tres de novo en Baviera, e pasaron unha semana xuntos en Múnic e o seu contorno. Trala marcha de Scharff e Eckardt cara a Salzburgo, Andersen viaxou a Suíza, pero alí sentiuse abatido e deprimido. En novembro regresou a Copenhaguen e foi pasar o Nadal a Basnæs, na propiedade dun aristócrata amigo seu na costa de Selandia. Na noitevella dese ano escribiu O home de neve, publicado dous meses despois xunto con outros contos no volume Novos contos de fadas e historias. Segunda serie. Colección primeira. 1861, do editor de Copenhaguen C. A. Reitzel.[10].
A amizade de Andersen e Scharff continuou e a comezos de 1862 empezaron unha relación que a Andersen lle produciu «ledicia, certa realización sexual e o seu eventual final levouno á soidade». Andersen refírese a este período da súa vida como o «período erótico», nunha anotación do seu diario de marzo de 1862. Non foi discreto nas súas condutas públicas xunto a Scharff, e mostrou abertamente os seus sentimentos. A relación rematou a finais de 1863 cando Scharff foi deixándoo gradualmente a medida que se intensificaba a súa relación con Eckardt. Andersen tomou a fin da relación con calma e os antigos amantes seguiron coincidindo posteriormente no seu círculo social sen reproches.
En 1864, tras unha paréntese de doce anos co teatro, Andersen compuxo tres novas obras para os teatros de Copenhaguen, nas que se examinaba o amor fraternal e os sentimentos profundos entre homes. Un dos motivos polos que o escritor puido volver facer un intento nun campo no que xa experimentara fracasos no pasado foi a posibilidade de manterse preto de Scharff no Teatro Real. Actualizou a súa ópera de 1832 O corvo, que foi posta en escena en Copenhaguen o 23 de abril de 1865, con Scharff no papel dun vampiro que zuga o sangue dun rapaz na súa noite de vodas. En 1871, Bournonville compuxo un ballet baseado no conto de Andersen "O soldadiño de chumbo", con Scharff no papel principal, mais o bailarín rompeu un xeonllo nun ensaio de Il Trovattore en novembro de 1871 e tivo que deixar a súa carreira no ballet. Intentou converterse en actor sen moito éxito, e en 1874 rematou casando coa bailarina Elvida Møller.
Os seus contos infantís seguiron aparecendo até Nadal de 1872, cando foron publicadas as últimas historias. Durante a primavera dese ano Andersen sufriu unha caída desde a cama, o que lle produciu feridas graves. Nunca volveu recuperarse de todo, e o 4 de agosto de 1875 morreu na casa Rolighed, preto de Copenhaguen.
Obra
As súas primeiras novelas foron O improvisador (1835) e OT (1836). Pero o que lle deu fama internacional foron os seus Historia e Aventuras (Eventyr og Historier), contos para nenos publicados entre 1835 e 1872, traducidos a ducias de linguas, neles Andersen amosa a súa extraordinaria imaxinación e fondo coñecemento da psicoloxía dos nenos.
Et Besøg i Portugal (1866) ('Unha visita a Portugal')
I Spanien ('En España')
I Sverrig ('En Suecia')
Skyggebilleder af en Reise til Harzen, det sachsiske Schweitz etc. etc., i Sommeren (1831) ('Imaxes dunha viaxe ás montañas de Harz, a Suíza saxoa etc etc, en verán')
Autobiografía
Mit eget Eventyr uden Digtning (Das Märchen meines Lebens ohne Dichtung), xaneiro e febreiro de 1847 (en alemán)
Mit Livs Eventyr, publicado por C.A. Reitzels, København, 19 de xulll de 1855 (en danés)
The Story of My Life, 1871 (en inglés)
Levnedsbog, 1929 (en danés)
Recoñecementos
Hans Christian Andersen recibiu diversas honras en vida. En 1866 o rei de Dinamarca concedeulle o título honorífico de Conselleiro de Estado, e en 1867 foi declarado cidadán ilustre de Copenhaguen.
O Hans Christian Andersen Museum en Solvang, California, unha cidade fundada por dinamarqueses, está dedicado á vida e obra de Andersen. Inclúe maquetas do fogar infantil de Andersen e da Princesa e o chícharo. O museo tamén contén centos de volumes das obras de Andersen, incluíndo moitas primeiras edicións ilustradas.[11]
A sección de Libros Raros e Coleccións Especiais da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América posúe unha extensa colección de material de Andersen doado polo actor dinamarqués-americano, Jean Hersholt.[12] De particular interese é un álbum de recortes sobre Andersen, feito polo mozo Jonas Drewsen.[13]
Andersen foi interpretado por Joachim Gottschalk no filme alemán Die schwedische Nachtigall (O reiseñor sueco) (1941), que narra a relación de Andersen coa cantante Jenny Lind.
Hans Christian Andersen (1952), é un filme musical americano protagonizado por Danny Kaye que, se ben inspirado na vida de Andersen e no seu legado literario, non posúe moita precisión nin histórica nin biográfica. De feito o filme comeza dicindo: "esta non é a historia da súa vida, senón un conto de fadas acerca deste gran tecedor de contos de fadas".
O filme The Daydreamer (1966), presenta a un mozo Hans Christian Andersen imaxinando e concibindo as historias que escribiría posteriormente.
The World of Hans Christian Andersen (1968), é un filme fantástico de animación xaponés de Toei Doga, baseado nas obras de Hans Christian Andersen.
As historias de Andersen serviron de inspiración para outras obras infantís clásicas como The Wind in the Willows (O vento nos salgueiros) escrita en 1908 por Kenneth Grahame; e Winnie-the-Pooh, obra de 1926 de A.A. Milne. A técnica usada por Andersen na súa obra Den lille Idas Blomster (As flores da pequena Ida), de darlle vida a obxectos inanimados, coma xoguetes, sería usada tamén por Lewis Carroll e Beatrix Potter.[Cómpre referencia]
"Match Girl," unha historia curta de Anne Bishop (publicada en Ruby Slippers, Golden Tears).[Cómpre referencia]
"The Chrysanthemum Robe", unha historia curta de Kara Dalkey (baseada na obra "O traxe novo do emperador" e publicada en The Armless Maiden).[Cómpre referencia]
The Nightingale by Kara Dalkey, novela fantástica para adultos ambientada nas cortes do antigo Xapón.[Cómpre referencia]
The Girl Who Trod on a Loaf de Kathryn Davis, unha novela contemporánea de contos de fadas e ópera.[Cómpre referencia]
"Sparks", unha historia curta de Gregory Frost baseada no conto de fadas "Fyrtøiet" e publicada en Black Swan, White Raven.[Cómpre referencia]
"The Pangs of Love", unha historia curta de Jane Gardam baseada en "A Sereíña" e publicada en Close Company: Stories of Mothers and Daughters.[Cómpre referencia]
"The Last Poems About the Snow Queen," un poema cíclico de Sandra Gilbert publicado en Blood Pressure.[Cómpre referencia]
The Snow Queen de Eileen Kernaghan, unha xentil novela fantástica para adultos novos con sutiles elememtos pagáns e xamánicos.[Cómpre referencia]
The Wild Swans de Peg Kerr, unha novela que traslada os contos de fadas de Andersen á América colonial e á moderna.[Cómpre referencia]
"In the Witch's Garden" (outubro 2002), unha historia curta de Naomi Kritzer baseada na novela curta "A raíña das neves" e publicada na revista Realms of Fantasy.[Cómpre referencia]
Daughter of the Forest de Juliet Marillier, unha novela fantástica romántica ambientada na antiga Irlanda e cuxa temática liga coa de "Os cisnes salvaxes".[Cómpre referencia]
"The Snow Queen", unha historia curta de Patricia A. McKillip publicada en Snow White, Blood Red e inspirada na obra "A raíña das neves".[Cómpre referencia]
"You, Little Match Girl," unha historia curta de Joyce Carol Oates, ligada coa obra "A vendedora de mistos", e publicada en Black Heart, Ivory Bones.[Cómpre referencia]
"The Real Princess," unha histoira curta de Susan Palwick baseada en "A princesa e o chícharo" e publicada en Ruby Slippers, Golden Tears.[Cómpre referencia]
O dramaturgo ruso Evgeny Schwartz reelaborou e adaptou "O rei nu" ("Голый Король (Goliy Korol)" 1937), "A sombra" ("Тень (Ten)" 1940), e "A raíña das neves" ("Снежная Королева (Sniezhenaya Koroleva)" 1948), para a súa representación teatral. As versións de Schwartz de "A sombra" e "A raíña das neves" foron levadas posteriormente ao cine en 1971 e 1966, respectivamente.[Cómpre referencia]
"The Sea Hag," unha historia curta de Melissa Lee Shaw baseada no conto de fadas "A sereíña" e publicada en Silver Birch, Blood Moon.[Cómpre referencia]
The Snow Queen de Joan D. Vinge, é unha premiada novela que reelabora "A raíña das neves" nun épico ambiente de ciencia ficción.[Cómpre referencia]
"The Steadfast Tin Soldier," unha historia curta de Joan D. Vinge publicada en Women of Wonder.[Cómpre referencia]
Swing Thru Fire[15], unha historia cómica de Sophia Foster-Dimino[16] e Annie Mok[17], baseada parcialmente en "A sereíña".
↑Heinrich Detering: "Ich wünschte, ich hätte Ihr ganzes Ich", en: Otmar Werner (ed.): Arbeiten zur Skandinavistik, Frankfurt/M. 1989; Heinrich Detering: Intellectual amphibia. Odense 1991; Heinrich Detering: Das offene Geheimnis. Göttingen 1995
This article uses bare URLs, which are uninformative and vulnerable to link rot. Please consider converting them to full citations to ensure the article remains verifiable and maintains a consistent citation style. Several templates and tools are available to assist in formatting, such as reFill (documentation) and Citation bot (documentation). (August 2022) (Learn how and when to remove this template message) The Lamborghini Aventador has a carbon fibre central monocoque, with front and rear...
Moskauer Bürgermeisterpokal 2014 Austragungsort Olimpijski,Moskau, Russland Eröffnung 19. Mai 2014 Endspiel 23. Mai 2014 Disziplin Freie Pyramide Sieger Herren Russland Wladislaw Osminin Damen Ukraine Anastassija Kowaltschuk ← 2013 2015 → Das Damenfinale: Diana Mironowa (r.) gegen Anastassija Kowaltschuk Der Moskauer Bürgermeisterpokal 2014 war ein Billardturnier in der Disziplin Freie Pyramide, das vom 19. bis 23. Mai 2014 im Olimpijski in der russischen Hauptst...
Universitätsbibliothek Erlangen-Nürnberg Hauptbibliothek Erlangen Gründung 1743 Bestand ca. 5,5 Mio. Bände Bibliothekstyp Universitätsbibliothek Ort Erlangen und Nürnberg ISIL DE-29 (Hauptbibliothek)DE-29T (TNZB)DE-N2 (WSZB)DE-N32 (EZB) Website ub.fau.de Die Universitätsbibliothek Erlangen-Nürnberg bildet das Bibliothekssystem der Friedrich-Alexander-Universität (FAU) Erlangen-Nürnberg und ist Regionalbibliothek für den Regierungsbezirk Mittelfranken. Als wissen...
هذه المقالة بحاجة لصندوق معلومات. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة صندوق معلومات مخصص إليها. سوميسا يُعد التاريخ الاقتصادي للأرجنتين من الأكثر خضوعًا للدراسة بسبب «المفارقة الأرجنتينية»، أي حالتها الفريدة كبلد حقق تطورًا متقدمًا في مطلع القرن العشرين لكنّه شهد انع...
حزب الحرية المصري البلد مصر التأسيس تاريخ التأسيس 2011 الشخصيات الأمين العام للحزب أحمد مهنى عضو مجلس النواب المصري المقر الرئيسي القاهرة مقر الحزب مصر الأيديولوجيا لبرالية المشاركة في الحكم عدد النواب 8 مجلس النواب المصري 7 / 596 مجلس الشيوخ المصري 1 / 300 معلومات أ...
Location of Hautes-Pyrénées in France Following is a list of senators of Hautes-Pyrénées, people who have represented the department of Hautes-Pyrénées in the Senate of France. Third Republic Jean Adnet (1876–1882) Louis Cazalas (1876–1882) Germain Dupré (1882–1891) Armand Deffis (1882–1892) Jean Dupuy (1891–1919) Gustave Baudens (1893–1900) Alphonse Pedebidou (1900–1925) Paul Dupuy (1920–1927) Louis Noguès (1925–1936) Manuel Fourcade (1927–1940) Émile Mireaux (19...
Castle MountainHighest pointElevation2,546 m (8,353 ft)[1]Prominence281 m (922 ft)[1]ListingMountains of British ColumbiaCoordinates51°02′22″N 116°26′55″W / 51.03944°N 116.44861°W / 51.03944; -116.44861[2]GeographyCastle MountainLocation of Castle Mountain in SE British Columbia CountryCanadaProvinceBritish ColumbiaDistrictKootenay Land DistrictParent rangeMorrissey RidgeTopo mapNTS 82N1 Mount Goodsir ...
This sports biography does not cite any sources containing significant coverage. Please help improve this article by adding citations to sources containing significant coverage. Sports biographies without significant coverage violate the requirement for such articles and may be deleted.Find sources: football – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (January 2023) (Learn how and when to remove this template message) French footballer Léon Delpech ...
Einsteinium, 99EsEinsteinium padat berbobot 300 μg di dalam botol berdiameter 9 mm. Cahaya biru berasal dari ionisasi udara akibat partikel alfa Garis spektrum einsteiniumSifat umumNama, lambangeinsteinium, EsPengucapan/éinstéinium/[1] Penampilankeperakan; bersinar biru dalam gelapEinsteinium dalam tabel periodik Hidrogen Helium Lithium Berilium Boron Karbon Nitrogen Oksigen Fluor Neon Natrium Magnesium Aluminium Silikon Fosfor Sulfur Clor Argon Potasium Kalsium Ska...
Surto de tornados do furação IsaíasMapa mostrando locais dos tornados e áreas de avisosTipo TornadoDuração 3-4 de agosto de 2020Ventos mais fortes 225–233 km/h (140–145 mph)Tornado EF3 em Windsor, Carolina do Norte.Número de tornados 39Escala de Fujita EF3País Estados UnidosÁreas afetadas Costa Leste dos Estados UnidosFeridos 26 feridosFatalidades 2 mortosDanos DesconhecidoParte de Furacão Isaíaseditar - editar código-fonte - editar Wikidata Enquanto o furacão Isaí...
Tourism in Botswana A giraffe in the Central Kalahari Game Reserve Tourists at Sedudu Island Hippos and elephants in Chobe Botswana's principal tourist attractions are its game reserves, with hunting and photographic safaris available. Other attractions include the Okavango Delta[1] region, which during the rainy season is a maze of waterways, islands, and lakes.[2] The tourism industry also helped to diversify Botswana's economy from traditional sources such as diamonds and b...
Dutch chess player Christian LangewegCountryNetherlandsBorn (1937-03-07) 7 March 1937 (age 86)TitleInternational Master (1962)Peak rating2455 (January 1981) Christian Langeweg or Kick Langeweg (born 7 March 1937), is a Dutch chess International Master (IM) (1962), five-times Dutch Chess Championship medalist (1969, 1970, 1972, 1980, 1983) and Chess Olympiad three-times individual medalist (1966, 1970, 1980). Biography In the 1960s and 1970s, Christian Langeweg was one of the leading...
Constituency in the Northern Ireland Assembly Belfast NorthNorthern Ireland AssemblyParliamentary constituencyNorth Belfast shown within Northern IrelandCurrent constituencyCreated1973Seats5 (1982–1998, 2017–present)6 (1973–1982, 1998–2017)MLAs Phillip Brett (DUP) Gerry Kelly (SF) Brian Kingston (DUP) Nuala McAllister (APNI) Carál Ní Chuilín (SF)City councilBelfast City CouncilBoundaries Belfast North is a constituency in the Northern Ireland Assembly....
Ayo H. Kimathi (aka: Irritated Genie of Soufeese) This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article may be in need of reorganization to comply with Wikipedia's layout guidelines. Please help by editing the article to make improvements to the overall structure. (January 2016) (Learn how and when to remove this template message) This biography of a living person needs additional ...
Literature in the Portuguese language, particularly from Portugal This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article relies largely or entirely on a single source. Relevant discussion may be found on the talk page. Please help improve this article by introducing citations to additional sources.Find sources: Portuguese literature – news · newspapers ·...
Type of corporation in Denmark This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Aktieselskab – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (June 2017) (Learn how and when to remove this template message) This article is part of a series onCorporate law By jurisdiction Anguilla Australia BVI Canada Cayman Isla...