Luis García-Berlanga Martí, nado en Valencia o 12 de xuño de 1921 e finado en Madrid o 13 de novembro de 2010,[1][2] foi un director e guionista de cine español.
Traxectoria
De mozo decidiu estudar Dereito e Filosofía e Letras pero a súa verdadeira vocación conduciuno a ingresar no Instituto de Investigacións e Experiencias cinematográficas de Madrid en 1947. Durante a súa xuventude uniuse á División Azul para evitar represións políticas polo cargo que o seu pai desenvolvera durante a República (foi gobernador de Valencia).
Debutou como director en 1951 coa película Esa pareja feliz, na que colaboraba con Juan Antonio Bardem. Xunto a este, é considerado un dos renovadores do cine español da posguerra. Entre as súas películas destacan títulos coma Bienvenido, Mister Marshall ou El verdugo. Traballou en sete ocasións co guionista Rafael Azcona.
O seu cine caracterízase pola súa retranca e as súas sátiras de diferentes situacións sociais e políticas. Na etapa da ditadura franquista despuntou a súa habilidade para burlar a censura da época e levar a cabo proxectos tan atrevidos coma Los Jueves Milagro.
En 1986 recibiu o Premio Princesa de Asturias das Artes e en 1993 o Goya ó mellor director por Todos a la cárcel. A súa película Plácido foi nomeada para o Oscar á mellor película estranxeira en 1961. Recibiu a Medalla de Ouro das Belas Artes en 1981, o Premio Nacional de Cinematografía en 1980 e a orde italiana de Commendatore. Obtivo premios e galardóns internacionais nos máis importantes festivais (Cannes, Venecia, Montreal, Berlín...). No Festival de Karlovy Vary foi elixido coma un dos dez cineastas máis relevantes do mundo. Ademais, posúe un incontable número de recoñecementos nacionais.
Foi pai de Carlos Berlanga, músico, compositor e importante precursor da movida madrileña e da música pop dos anos 80, falecido en 2002 a causa dun cancro.
Faleceu na súa casa de Madrid aos 89 anos o 13 de novembro de 2010, e foi enterrado en Pozuelo de Alarcón.[3]
Filmografía
Longametraxes
Curtametraxes
- Tres cantos (1948)
- Paseo por una guerra antigua (1948). Codirixida con Juan Antonio Bardem, Florentino Soria e Agustín Navarro.
- El circo (1949)
- Se vende un tranvía (1959)
- Las cuatro verdades ("Les quatre vérités" en francés, 1963), episodio La muerte y el leñador
- El sueño de la maestra (2002)
Nomeamentos e premios
Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
|
---|
Década de 1980 | | |
---|
Década de 1990 | |
---|
Década de 2000 | |
---|
Década de 2010 | |
---|
Década de 2020 | |
---|
|