Unión Africana

Modelo:Xeografía políticaUnión Africana
Imaxe

HimnoLet Us All Unite and Celebrate Together (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Lema«A United and Strong Africa»
«Une Afrique unie et forte» Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 9°00′03″N 38°44′31″L / 9.0008, 38.7419
CapitalAdís Abeba Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua inglesa
lingua árabe
lingua francesa
lingua portuguesa
linguas de África
lingua castelá
Lingua suahili Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación9 de setembro de 1999 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoParlamento Pan-africano (pt) Traducir , Editar o valor en Wikidata

Sitio webau.int Editar o valor en Wikidata
Twitter: _AfricanUnion Instagram: africanunion_official Flickr: 75075713@N06 BNE: XX268038 Editar o valor en Wikidata

A Unión Africana (UA) é unha unión continental formada por 55 estados membros situados no continente africano. A UA foi anunciada na Declaración de Sirte en Sirte, Libia, o 9 de setembro de 1999, na que se pedía a creación da Unión Africana. O bloque fundouse o 26 de maio de 2001 en Adís Abeba (Etiopía), e púxose en marcha o 9 de xullo de 2002 en Durban (Suráfrica).[1] A intención da UA era substituír a Organización da Unidade Africana (OUA), creada o 25 de maio de 1963 en Adís Abeba por 32 gobernos signatarios; a OUA disolveuse o 9 de xullo de 2002. As decisións máis importantes da UA tómanse na Asemblea da Unión Africana, unha reunión semestral dos xefes de Estado e de goberno dos seus Estados membros.

A secretaría da UA, a Comisión da Unión Africana, ten a súa sede en Adís Abeba. A maior cidade da UA é Lagos, Nixeria, mentres que a maior aglomeración urbana é O Cairo, Exipto. A Unión Africana ten máis de 1.300 millóns de habitantes e unha superficie de ao redor de 30millón de km2 e inclúe lugares emblemáticos do mundo, como o Sáhara e o Nilo.[2] As principais linguas de traballo son o árabe, o inglés, o francés, o portugués, o español e o swahili.[3] Dentro da Unión Africana existen órganos oficiais, como o Consello de Paz e Seguridade e o Parlamento Panafricano.

Na 18ª reunión do G20 (Grupo dos 20), celebrada en Delhi, India, a Unión Africana foi admitida como membro do G20 do mesmo xeito que a Unión Europea.

Baseada no modelo da Unión Europea (pero actualmente con poderes máis próximos ó da Commonwealth británica), axuda a promoción da democracia, dereitos humanos e desenvolvemento de África, especialmente o aumento dos investimentos estranxeiros no programa New Partnership for Africa's Development (NEPAD). O primeiro presidente da UA foi o surafricano Thabo Mbeki.

Obxectivos

Os obxectivos da Unión Africana son:[4]

  1. Acadar unha maior unidade e solidariedade entre os países de África e os africanos.
  2. Defender a soberanía, a integridade territorial e a independecia dos seus estados membros.
  3. Acelerar a integración política e socioeconómica do continente.
  4. Promover e defender os intereses comúns africanos en materias importantes para o continente e os seus pobos.
  5. Favorecer a cooperación internacional, tendo debidamente en conta a Carta das Nacións Unidas e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
  6. Promover a paz, a seguridade e a estabilidade do continente.
  7. Promover principios e institucións democráticos, a participación popular e o bo goberno.
  8. Promover e protexer os dereitos humanos de acordo coa Carta Africana de Dereitos Humanos e dos Pobos e outros instrumentos a favor dos dereitos humanos.
  9. Estabelecer as condicións necesarias para posibilitar ao continente xogar o papel que lle corresponde na economía global e nas negociacións internacionais.
  10. Promover o desenvolvemento sostible a nivel económico, cultural e social, así como a integración das economías africanas.
  11. Promover a cooperación en tódolos ámbitos da actividade humana para aumentar o nivel de vida dos africanos.
  12. Coordinar e harmonizar as políticas entre as Comunidades Económicas Rexionais existentes e futuras para a consecución gradual dos obxectivos da Unión.
  13. Avanzar no desenvolvemento do continente promovendo a investigación en tódolos ámbitos, particularmente en ciencia e tecnoloxía.
  14. Traballar con aliados internacionais na erradicación de enfermidades que se poden previr e na promoción da saúde no continente.

A Unión Africana componse de órganos políticos e administrativos. O máximo órgano decisorio é a Asemblea da Unión Africana, composta por todos os xefes de Estado ou de Goberno dos Estados membros da UA. A Asemblea está presidida por Félix Tshisekedi, Presidente da República Democrática do Congo. A UA tamén conta cun órgano representativo, o Parlamento Panafricano, composto por 265 membros elixidos polas asembleas lexislativas nacionais dos Estados membros da UA. O seu presidente (interino desde abril do 2020) é Djamel Bouras.

Outras institucións políticas da UA son:

A Comisión da UA, secretaría das estruturas políticas, está presidida por Nkosazana Dlamini-Zuma de Suráfrica. O 15 de xullo de 2012, Dlamini-Zuma gañou unha rifada votación para converterse na primeira muller á fronte da Comisión da Unión Africana, en substitución de Jean Ping de Gabón.

Outras estruturas da UA son acollidas por distintos Estados membros:

A primeira intervención militar da UA nun Estado membro foi o despregamento en maio de 2003 dunha forza de mantemento da paz formada por soldados de Suráfrica, Etiopía e Mozambique en Burundi para supervisar a aplicación dos distintos acordos. Tamén se despregaron tropas da UA en Sudán para o mantemento da paz durante a Conflito de Darfur, antes de que a misión pasase a mans de Nacións Unidas o 1 de xaneiro de 2008 a través da UNAMID. A UA tamén enviou unha misión de mantemento da paz a Somalia, formada por tropas de Uganda e Burundi.[5]

A UA adoptou unha serie de novos documentos importantes que establecen normas a nivel continental, para complementar os que xa estaban en vigor cando se creou. Entre eles atópanse a Convención da Unión Africana sobre Prevención e Loita contra a Corrupción (2003), a Carta Africana sobre Democracia, Eleccións e Gobernanza (2007), a Nova Alianza para o Desenvolvemento de África (NEPAD) e a súa asociada Declaración sobre Democracia e Gobernanza Política, Económica e Empresarial.[6]

Historia

A Unión Africana é a herdeira de varios intentos anteriores de unir politicamente ao continente, a semellanza da Unión Europea en Europa.[7][8] As súas predecesoras son a Unión de Estados Africanos, creada polo ghanés Kwame Nkrumah en 1958, a Organización para a Unidade Africana de 1963, ou a Comunidade Económica Africana fundada en 1991.[8]

A idea de crear a UA foi relanzada por algúns xefes de Estado e de Goberno na declaración de Bengasi (Libia) o 9 de setembro de 1999, baixo o auspicio de Muamar al-Qadafi, Líder e Guía da Revolución.[9] Á devandita declaración seguiron unha serie de cumes en Lomé (Togo) en 2000, onde se redactou o Acta Constitutiva da Unión Africana; e en Lusaca (Zambia) en 2001, onde se aprobou o plan para a instauración da Unión.

No acta constitutiva facíase un chamamento á diáspora africana a implicarse activamente no desenvolvemento da Unión.[10]

A Unión Africana foi inaugurada formalmente o 9 de xullo de 2002 polo seu primeiro presidente, o surafricano Thabo Mbeki. Naquel momento, a UA aínda incluía varias ditaduras entre os seus membros e para combatelas, a organización afirmou que interviría nos países africanos onde se cometan crimes contra a humanidade.[11] En 2012, la UA inauguró su sede central en Adís Abeba. O proxecto foi financiado na súa totalidade por China, e tivo un custo de 200 millóns de dólares estadounidenses. O edificio inclúe unha torre de 100 metros con vista a un centro de conferencias.[12]

En 2017 Marrocos ingresou na UA, xa que en 1984 retirouse da anterior Organización para a Unidade Africana (OUA), cando varios países membros apoiaron ao Movemento Nacional de Liberación Saharauí encarnado no Fronte Polisario na súa proclamación da independencia da República Árabe Saharauí Democrática.[13] O aliado marroquí, Zaire, igualmente opúxose á admisión na OUA da RASD, e o réxime de Mobutu boicoteou a organización desde 1984 ata 1986.[14] O 31 de xaneiro de 2017, 39 membros da Unión Africana apoiaron o ingreso de Marrocos á UA.[15] Con todo, en xuño de 2019 a UA suspendeu a membresía de Sudán na organización, en resposta ao suposto maltrato dos manifestantes por parte do goberno,[16] revogando a súa suspensión o 6 de setembro de 2019 tras a formación do goberno de transición.[17] Doutra banda, tras o golpe de estado de Malí de agosto de 2020, suspendeuse a membresía de Malí, sendo readmitida o 9 de outubro de 2020.[18]

Desde 2010, a Unión Africana contempla a creación dunha axencia espacial conxunta africana.[19][20][21][22]

Barack Obama foi o primeiro presidente dos Estados Unidos en funcións en falar diante da Unión Africana en Addis Abeba, o 29 de xullo de 2015. Co seu discurso, animou ao mundo a aumentar os lazos económicos mediante investimentos e comercio co continente, e eloxiou os avances en educación, infraestruturas e economía. Pero tamén criticou a falta de democracia e de líderes que se negan a dimitir, a discriminación contra as minorías (incluídas as persoas LGBT, os grupos relixiosos e as etnias) e a corrupción. Suxeriu unha intensificación da democratización e do libre comercio, para aumentar significativamente a calidade de vida dos africanos.[23][24]

Xeografía

Rexións da Unión Africana:
 Rexión Norte (Sáhara) 
 Rexión Sur (Kalahari) 
 Rexión Leste (Nile) 
 Rexións occidentais A e B (Níxer e Volta Níxer) 
 Rexión Centro (Congo) 

Os estados membros da Unión Africana cobren case a totalidade da África continental, agás varios territorios que posúe España (Ceuta, Melilla, e Peñón de Vélez da Gomera). Ademais, os países europeos teñen dependencias entre as illas costeiras de África: España (as illas Canarias e as illas das prazas de soberanía); Francia (Mayotte, Reunión e as illas dispersas do Océano Índico); Portugal (os Azores, Madeira e as Illas Salvaxes); e Reino Unido (Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha). A xeografía da Unión Africana é tremendamente diversa, incluído o deserto cálido máis grande do mundo (o deserto do Sáhara), enormes selvas e sabanas e o segundo río máis longo do mundo (o Nilo).

A UA ten unha área de 29.922.059 km2, con 24.165 km de costa. A gran maioría desta área está na África continental, mentres que os únicos territorios significativos fóra do continente son a illa de Madagascar (o microcontinente máis grande do mundo e a cuarta illa máis grande do mundo) e a Península do Sinaí (xeograficamente unha parte de Asia), representando algo menos do 2% da superficie total.

Demografía

Poboación

A poboación total da Unión Africana, en 2017, estímase en máis de 1.250 millóns de persoas, cunha taxa de crecemento de máis do 2,5% anual.[25]

Linguas

Mapa que mostra as familias de linguas tradicionais representadas en África (1996)

As linguas oficiais da Unión Africana son o árabe, o español, o francés, o inglés, o portugués, o swahili e "calquera outra lingua africana"[3] As principais linguas de traballo da Unión Africana son o inglés e o francés. En menor medida utilízanse o portugués e o árabe. O acta constitutiva, por exemplo, está redactada en inglés, francés e árabe, mentres que o protocolo polo que se modifica a acta constitutiva está redactada en inglés, francés e portugués. Desde 2020, o sitio web da UA está dispoñible na súa totalidade en inglés, parcialmente en francés e minimamente en árabe.[26]

Segundo o Acto Constitutivo da Unión Africana,[27]

As linguas de traballo da Unión e de todas as súas institucións serán, se é posible, as linguas africanas, árabe, inglés, francés e portugués.

En 2003 adoptouse un protocolo de modificación da Acta Constitutiva, que en abril de 2020 foi ratificado por 30 dos 37 Estados membros necesarios para unha maioría de dous terzos. A súa redacción cambiaría pola seguinte,[28]

1. As linguas oficiais da Unión e de todas as súas institucións serán o árabe, o español, o francés, o inglés, o portugués, o kiswahili e calquera outra lingua africana.
2. O Consello Executivo determinará o proceso e as modalidades prácticas de utilización das linguas oficiais como linguas de traballo.

Fundada en 2001 baixo os auspicios da UA, a Academia Africana de Linguas promove o uso e a perpetuación das linguas africanas entre os pobos africanos. En 2004, Joaquim Chissano de Mozambique dirixiuse á asemblea en swahili, pero tivo que traducir el mesmo as súas palabras.[29] A UA declarou 2006 Ano das Linguas Africanas.[30][31] En 2006 tamén se cumpriron 55 anos da fundación da Oficina de Linguas de Ghana, orixinalmente coñecida como Oficina de Literatura Vernácula da Costa de Ouro.

Estados membros

Tódolos países africanos das Nacións Unidas son ou foron membros da Unión Africana, ao igual que a República Árabe Saharauí Democrática, cuxo recoñecemento internacional aínda está en disputa. Marrocos decidiu saír da Unión Africana de xeito unilateral, mentres que a República Centroafricana está actualmente suspendida. España, que no continente africano mantén a soberanía sobre Ceuta e Melilla, así como as Illas Canarias, é un país acreditado na Unión Africana.[32]

Membros suspendidos

Países observadores

Antigos membros

Presidentes

Muammar al-Gaddafi saudando ao presidente de Tanzania Jakaya Kikwete despois de asumir a presidencia.
Presidentes da Unión Africana
Nome Dende Até País
Thabo Mbeki 9 de xullo de 2002 10 de xullo de 2003 Sudáfrica Suráfrica
Joaquim Chissano 10 de xullo de 2003 6 de xullo de 2004 Mozambique Mozambique
Olusegun Obasanjo 6 de xullo de 2004 24 de xaneiro de 2006 Nixeria Nixeria
Denis Sassou Nguesso 24 de xaneiro de 2006 24 de xaneiro de 2007 Congo República do Congo
John Kufuor 30 de xaneiro de 2007 31 de xaneiro de 2008 Ghana Ghana
Jakaya Kikwete 31 de xaneiro de 2008 2 de febreiro de 2009 Tanzania Tanzania
Muammar al-Gaddafi 2 de febreiro de 2009 31 de xaneiro de 2010 Libia
Bingu wa Mutharika[46][47] 31 de xaneiro de 2010 31 de xaneiro de 2011 Malaui
Teodoro Obiang Nguema[48] 31 de xaneiro de 2011 29 de xaneiro de 2012 Guinea Ecuatorial Guinea Ecuatorial
Thomas Yayi Boni 29 de xaneiro de 2012 27 de xaneiro de 2013 Benín Benín
Hailemariam Desalegn 27 de xaneiro de 2013 30 de xaneiro de 2014 Etiopía Etiopía
Mohamed Ould Abdel Aziz 30 de xaneiro de 2014 30 de xaneiro de 2015 Mauritania Mauritania
Robert Mugabe 30 de xaneiro de 2015 30 de xaneiro de 2016 Cimbabue Cimbabue
Idriss Déby 30 de xaneiro de 2016 30 de xaneiro de 2017 Chad Chad
Alpha Condé 30 de xaneiro de 2017 28 de xaneiro de 2018 Guinea Guinea
Paul Kagame 28 de xaneiro de 2018 10 de febreiro de 2019 Ruanda Ruanda
Abdelfatah Al-Sisi 10 de febreiro de 2019 10 de febreiro de 2020 Exipto Exipto
Cyril Ramaphosa 10 de febreiro de 2020 6 de febreiro de 2021 Sudáfrica Suráfrica
Félix Tshisekedi 6 de febreiro de 2021 Presente

Notas

  1. Thabo Mbeki (9 de xullo de 2002). "Launch of the African Union, 9 July 2002: Address by the chairperson of the AU, President Thabo Mbeki". ABSA Stadium, Durban, South Africa: africa-union.org. Arquivado dende o orixinal o 3 de maio de 2009. Consultado o 8 de outubro do 2023. 
  2. Manboah-Rockson, Joseph (23 de setembro de 2016). Politics & the Struggle for Democracy in Ghana: An Introduction to Political Science. 
  3. 3,0 3,1 "AU Languages". African Union. Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2019. Consultado o 8 de outubro do 2023. 
  4. "Constitutive Act of the African Union" (PDF). African Union. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de abril de 2020. Consultado o 8 de outubro do 2023. 
  5. "African Union adds 4,000 troops to Somalia peace force". Reuters (en inglés). 2010-07-27. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2022. Consultado o 8 de outubro do 2023. 
  6. Africa-union.org Arquivado 2007-06-04 en Wayback Machine.
  7. "Proclaman la creación de la Unión Africana". La Nación. 9 de xullo de 2002. Consultado o 8 de outubro do 2023. 
  8. 8,0 8,1 Alingué, Madeleine (22 de xullo de 2002). "Nueva perspectiva para Africa". Semana. Consultado o 8 de outubro do 2023. 
  9. Redi, Omer (9 de setembro de 2015). "La Unión Africana cumple años con pocos logros y grandes retos por delante". W Radio. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2021. Consultado o 8 de outubro do 2023. 
  10. Delgado, Jerónimo (2010). "La Diáspora Africana y la sexta region de la Unión Africana: Oportunidades y desafíos para Colombia" (PDF). Ministerio de Relaciones Exteriores de Colombia. p. 9. Consultado o 8 de outubro do 2023. 
  11. Díaz, Pia (9 de xullo de 2002). "La Unión Africana nace con el reto de crear riqueza y libertad en el continente más pobre". El País. Consultado o 8 de outubro do 2023. 
  12. "Abre la nueva sede de la Unión Africana, totalmente financiada por China". BBC. 28 de xaneiro de 2012. Consultado o 8 de outubro do 2023. 
  13. BBC News (8 July2001) - "OAU considers Morocco readmission" (acceso 9 de xullo de 2006).
  14. Zaire: A Country Study, "Relations with North Africa" (consultado o 18 de maio de 2007)
  15. La Unión Africana readmite a Marruecos 32 años después de su salida. RTVE. 31 de xaneiro de 2017
  16. "Sudan suspended from the African Union" (en inglés). 6 de xuño de 2019. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  17. "La Unión Africana revoca la suspensión de Sudán tras la formación del Gobierno de transición". www.europapress.es. 2019-09-06. Consultado o 8 de outubro do 2023. 
  18. "La Unión Africana readmite a Mali como Estado miembro y levanta las sanciones". La Vanguardia (en castelán). 2020-10-09. Consultado o 8 de outubro do 2023. 
  19. Smith, David (5 de setembro de 2010). "Africa prepares to join the big boys in the space race". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2016. Consultado o 22 de outubro do 2023. 
  20. Smith, David (6 de setembro de 2012). "Sudanese president calls for African space agency". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 2 de xaneiro de 2017. Consultado o 22 de outubro do 2023. 
  21. "Africa eyes joint space agency". Phys.org. 11 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 22 de outubro do 2023. 
  22. Ezigbo, Onyebuchi; Okpara, Lois (9 de agosto de 2010). "AU to Establish African Space Agency". All Africa. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2014. Consultado o 22 de outubro do 2023. 
  23. Lee, Carol E. (28 de xullo de 2015). "Obama Becomes First U.S. President to Address African Union". The Wall Street Journal. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2015. Consultado o 27 de outubro do 2023. 
  24. "Remarks by President Obama to the People of Africa". whitehouse.gov. 28 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2017. Consultado o 27 de outubro do 2023 – vía National Archives. 
  25. Eloundou, Ngah Eric (decembro de 2019). "Private Sector Strengthening as Pillar of South Korea's Development Assistance toward Cameroon" (PDF). World Economic Brief 9 (26). ISSN 2233-9140. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de febreiro de 2021. Consultado o 7 de novembro do 2023. 
  26. "Home | African Union". au.int. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2017. Consultado o 2023-06-28. 
  27. Artigo 25, Acto Constitutivo da Unión Africana
  28. "Protocol on the Amendments to the Constitutive Act of the African Union | African Union". www.au.int. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2016. Consultado o 2020-04-27. 
  29. Swahili baffles African leaders Arquivado 2020-01-11 en Wayback Machine., BBC 6 de xullo de 2004
  30. "Ethiopia: AU Launches 2006 As Year of African Languages". AllAfrica.com. 21 de xuño de 2006. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2012. Consultado o 2 de xullo do 2024. 
  31. Project for the Study of Alternative Education in South Africa (2006). "The Year of African Languages (2006) – Plan for the year of African Languages – Executive Summary". Project for the Study of Alternative Education in South Africa. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2006. Consultado o 2 de xullo do 2024. 
  32. http://au.int/en/partnerships/others
  33. Dixon, Robyn (25 de marzo de 2013). "African Union suspends Central African Republic after coup". Los Angeles Times. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  34. Haitilibre.com (ed.). "Haiti – Diplomacy: Haiti becomes a member of the African Union – HaitiLibre.com, Haiti News, The haitian people's voice". Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  35. Ministerio de Asuntos Exteriores da República de Casaquistán (ed.). "Kazakhstan was granted an observer status in the African Union". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2013. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  36. Ministerio de Asuntos Exteriores da República de Letonia (ed.). "Latvia becomes observer to African Union". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2014. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  37. Comisión da Unión Africana (ed.). "Non-African States and Organisations accredited to the AU". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2015. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  38. Fathya el-Dakhakhni. Egypt Independent, ed. "AU grants Palestine observer status". Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  39. B92 (ed.). "Mrkić na samitu u Adis Abebi". Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  40. B92 (ed.). "Serbian FM urges African Union support". Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  41. Embaixada de Serbia en Etiopía (ed.). "Bilateral relations". Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  42. Ministerio de Asuntos Exteriores de Turquía (ed.). "Press Release Regarding The Participation of H.e. Mr. Bekir Bozdağ, Deputy Prime Minister of the Republic of Turkey, In The 18th Ordinary Session of the Assembly of the African Union". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  43. "OAU considers Morocco readmission". BBC News. 8 de xullo de 2001. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  44. "South African paper says Morocco should be one of the AU and NEPAD leaders". Arabic News. 9 de xullo de 2002. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2006. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  45. "Zaire: A Country Study - Relations with North Africa". Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  46. Gaddafi fails in bid to remain African Union chair, Reuters, 31 de xaneiro de 2010 Arquivado 15 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
  47. Malawi president takes over as AU president Arquivado 30 de decembro de 2011 en Wayback Machine., AFP, 31 de xaneiro de 2010
  48. According to the AU Arquivado 06 de outubro de 2011 en Wayback Machine., his official style is Son Excellence Obiang Nguema Mbasogo, Président de la République, Chef de l'État et Président Fondateur du Parti Démocratique de Guinée Equatoriale.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!