Trinta moedas de prata

Xudas recibindo as trinta moedas de prata por traizoar a Xesús. Pintura de János Pentelei Molnár (1909).

Trinta moedas de prata foi o prezo polo que, consonte o relato do Evanxeo de Mateu do Novo Testamento, Xudas Iscariote traizoou a Xesús.[1]

Antes da Última Cea, dise que Xudas foi aos sumos sacerdotes e aceptou entregar a Xesús a cambio de 30 moedas de prata, e que logo intentou devolver os cartos, cheo de remordementos.

No Evanxeo de Mateu afírmase que a posterior compra do Agro do Oleiro foi o cumprimento, por parte de Xesús, dunha profecía de Zacarías.[2][3]

A imaxe das trinta moedas de prata utilizouse adoito en obras de arte que representan a Paixón de Cristo. Tamén a literatura e a lingua común[4] botan man da expresión "trinta moedas de prata" para se referir a persoas que "se venden", comprometendo unha confianza, unha amizade ou unha lealdade en beneficio persoal.

Narrativa bíblica

Segundo o Evanxeo de Mateu, Xudas Iscariote era un dos discípulos de Xesús. Antes da Última Cea, Xudas dirixiuse aos sumos sacerdotes e aceptou entregar a Xesús a cambio de trinta moedas de prata.[5] Daquela, Xesús foi arrestado en Xetsemaní, onde xudas revelou aos soldados a identidade de Xesús dándolle un bico.[6]

Consonte o capítulo 27 do Evanxeo de Mateu, despois Xudas encheuse de remordementos e devolveu os cartos aos sumos sacerdotes, antes de se enforcar. Os xefes dos sacerdotes decidiron entón que non poderían ingresalo nas arcas do templo por consideralo diñeiro manchado de sangue, así que acordaron comprar con el o chamado Agro do Oleiro.[7][8]

No Libro dos Feitos dáse un relato diferente da morte de Xudas; alí cítase a Pedro dicindo: "velaí que comprou unha leira coa paga do crime, caeu de cabeza e, rebentando polo medio, saíronlle para fóra as entrañas". No entanto, o Evanxeo de Lucas, do que se pensa que foi escrito polo mesmo autor que os Feitos,[9] menciona en 22:3-6 que Xudas e os xefes dos sacerdotes e os oficias da garda do templo se puxeron de acordo nun prezo, sen que se especifique a cantidade nin se afirme que se pagou por adiantado, como aparece en Mateo.[10]

Tipos de moedas

O estatero de Antioquia é unha das posibilidades á hora de identificar a tipoloxía das trinta moedas de prata.

A palabra utilizada en Mateo 26:15 é ἀργύρια (argyria), que significa simplemente "moedas de prata",[11] e os estudosos non chegaron a un acordo acerca do tipo das moedas que se terían utilizado. A este respecto, Donald Wiseman propón dúas posibilidades: poderían ser siclos de Tiro (14 gramos, con 94 % de prata) ou tamén estateros de Antioquía (15 gramos, con 75 % de prata), que amosaban a cabeza de Augusto.[12]

Outros autores apuntan tamén a posibilidade de que se tratase de tetradracmas tolemaicos (13,5 gramos, con 25 % de prata).[13]

Tipo Pureza Peso total Peso da prata Valor da prata
(2022)
[14]
Por moeda 30 moedas
Siclos de Tiro 94 % 14,00 g 13,16 g 394,70 g 252,00
Estateros de Antioquía 75 % 15,00 g 11,25 g 337,47 g 215,46 €
Tetradracmas tolemaicos 25 % 13,50 g 3,37 g 101,39 g 64,73 €
Tetradracmas atenienses 95 % 17,20 g 16,34 g 490,19 g 312,97 €
O siclo de Tiro é outro dos tipos que podería formar parte das trinta moedas de prata.

Os siclos de Tiro pesaban catro dracmas atenienses (arredor de 14 gramos), é dicir, máis que os anteriores siclos israelitas de 11 gramos, aínda que ambos siclos se consideraban equivalentes naquela época para asuntos relixiosos.[15] Como a moeda romana só tiña o 80 % de prata, os siclos tirios, máis puros (94 % ou máis), eran necesarios para o pagamento do imposto do templo de Xerusalén. Os cambistas aos que se fai referencia nos Evanxeos do Novo Testamento (Mateo 21:12 e paralelos) cambiaban os siclos tirios pola moeda romana común.[16][17]

É probable que o tetradracma ateniense do século V a. C. fose a moeda máis utilizada no mundo grego antes da época de Alexandre o Grande, xunto co estatero corintio. Amosaba o busto de perfil de Atenea no anverso e un moucho no reverso. No uso cotian, estas moedas eran coñecidas como γλαῦκες glaukes ("mouchos"),[18] e de aí viña o proverbio Γλαῦκ’ Ἀθήναζε ("un moucho para Atenas"), en referencia a algo que era abundante. O padrón máis comunmente utilizado era o padrón ático ou ateniense, cunha unidade de 4,3 gramos. Un dracma era aproximadamente o pagamento correspondente a un día dun traballador cualificado.[19] Xa que logo, trinta moedas de prata (30 tetradracmas), a catro dracmas cada unha, serían comparables aproximadamente ao salario de catro meses.

No período medieval, algunhas institucións relixiosas exhibían antigas moedas gregas da illa de Rodas como exemplares das "trinta moedas de prata". Os seus anversos amosaban unha cabeza enfrontada do deus do Sol, Helios, con raios que se proxectaban arredor da súa parte superior. Estes raios eran interpretados como unha representación da Coroa de Espiñas.

Pola súa banda, a narración extracanónica de Xosé de Arimatea rexistra que a Xudas se lle aboaron trinta moedas de ouro, non de prata.[20]

Interpretación teolóxica

En Zacarías 11:12–13, trinta moedas de prata é tamén o soldo que recibe Zacarías polo seu traballo. Colle as moedas e guíndallas "ao oleiro". Klaas Schilder sinala que o pagamento de Zacarías supón unha avaliación do seu valor, así como o seu despedimento.[21] No Éxodo 21:32, trinta moedas de prata era o prezo dun escravo, polo que, aínda que Zacarías cualifica a cantidade como de "bo prezo" (Zacarías 11:13), podería tratarse dun sarcasmo. Barry Webb, no entanto, considérao unha "cantidade considerable de diñeiro".[22]

Schilder suxire que esas trinta moedas de prata están, xa que logo, "abaneadas dun lado ao outro da profecía".[23] Cando os xefes dos sacerdotes deciden mercar un agro co diñeiro devolto, Mateo di que así se cumpriu "o dito polo profeta Xeremías", a saber: "tomaron as trinta moedas de prata, o prezo que lle puxera o pobo de Israel, e utilizáronas para mercar o agro do oleiro, como me ordenara o Señor (Mateo 27:9–10). Aínda que moitos estudosos consideran que o nome de Xeremías está incluído por erro,[24] a compra dun agro por parte de Xeremías (Xeremías 32) pode indicar que Mateo está a pensar en ambos os profetas cando escribe o seu Evanxeo.[25] Craig Blomberg apunta a que Mateo está a dicirlles aos seus lectores que "igual que Xeremías e que Zacarías, Xesús intenta guiar o seu pobo cun ministerio profético e pastoral, mais, pola contra, acaba sufrindo inocentemente a mans deles".[26] William Hendriksen sostén que Mateo se refire a Xeremías 19.[27]

Blomberg suxire mesmo que Mateo pode estar a dicir que "a morte de Xesús é un rescate, o prezo pagado para asegurar a liberdade dun escravo", e que o uso do diñeiro de sangue para comprar un cemiterio para os estranxeiros (Mateo 27:7) pode insinuar a idea de que a morte de Xesús fai posible a salvación para todos os pobos do mundo, incluídos os xentís".[28]

No Handy Book for Bible Readers ("Manual para os lectores da Biblia") de 1877 lese:[29]

Argurion", "argenteus", "denarius". Esta palabra aparece en dúas pasaxes: (A) o relato da traizón do noso Señor por "trinta moedas de prata (Mat. xxvi. 15; xxvii. 3, 5, 6, 9). Normalmente considerouse que se trata de denarios mais sen fundamento suficiente. A pasaxe paralela de Zacarías (xi. 12, 13) tradúcese como "trinta [moedas] de prata, mais sen dúbida debería lerse "trinta siclos de prata", mentres que é observable que trinta moedas de prata era o prezo do sangue que debería pagarse no caso dun servente morto accidentalmente (Éxodo xxi. 32). Xa que logo, a pasaxe pódese explicar como "trinta siclos de prata", non siclos correntes, senón tetradracmas do padrón ático das cidades gregas de Siria e Fencia. Estes tetradracmas eran comúns na época do noso Señor, e deles o estatero era un espécime.

Algúns ven iso como un dos moitos paralelismos entre Sócrates e Xesús. Tal e como se recolle na Apoloxía, cando Sócrates foi xulgado por impío e corruptor da xuventude, os seus acusadores pediron a pena de morte. Porén, os aliados propuxeron que pagase simplemente unha multa de trinta minas.[30]

Reliquias e referencias artísticas

Xudas devolve as trinta moedas de prata, obra de Rembrabdt (1629).

Nas escenas narrativas da Paixón, Xudas aparece con frecuencia sostendo as moedas de prata nunha bolsa, o que serve como atributo para o identificar. Ademais, as trinta moedas de prata figuran adoito como un dos "instrumentos da Paixón", sinaladamente na Baixa Idade Media, aínda sendo un dos elementos menos elixidos do grupo. Ás veces utilízase nas representacións unha bolsa de diñeiro ou unha man que sostén moedas, ou ambas as mans realizando o reconto.[31]

Na Idade Media xurdiu, a modo de reliquias, un bo número de moedas antigas que a tradición popular identificaba como constituíntes das trinta moedas de prata, coñecidas na tradición anglosaxoa como Judas-pennies ("peniques de Xudas"), das que se de dicía que axudaban nos partos difíciles.[32][33][34]

A tradición atribuíulle desde a Idade Media a este decadracma ser unha das trinta moedas de prata (Museo Hunt, en Limerick, Irlanda).[35]

Tanto as hipotéticas reliquias como a súa representación na arte aparecen a partir do século XIV, máis tarde que outros elementos salientables da Paixón, como a Coroa de Espiñas ou a Lanza Sagrada. Isto débese aos novos xeitos de devoción, promovidos sinaladamente polos franciscanos, que fomentaban a contemplación da Paixón episodio a episodio, como no Via Crucis.[36] A pedra en que se di que se contaron as moedas estaba no Palacio de Latrán, en Roma.[37]

Unha destas moedas ás que se lles atribuíu a condición de reliquia como, presumiblemente procedente do conxunto das trinta moedas de prata, é un decadracma de Siracusa que se conserva no Museo de Hunt, en Limerick, Irlanda. A inscrición latina que se gravou no seu soporte é QUIA PRECIVM SANGVINIS EST ("Este é o prezo do sangue").[35]

Referencias literarias

As trinta moedas aparecen na literatura de tradición cristiá en diferentes ocasións en relación coa traizón a Xesús, como neste poema de William Blane:[38]

Thirty pieces of silver
Burns on the traitor's brain;
Thirty pieces of silver!
Oh! it is hellish gain!.

Outro exemplo é o poema titulado "Mateo, 27.9", de Jorge Luis Borges:[39][40]

La moneda cayó en mi hueca mano.
No pude soportarla, aunque era leve,
Y la dejé caer. Todo fue en vano.
El otro dijo: "Aún faltan veintinueve".

A frase "trinta moedas de prata" utilízase de xeito xeral para describir o prezo ao que a xente pode chegar a vender a súa vontade.[41] En Crime e Castigo, de Dostoievski, aparece esta idea nos trinta rublos que gaña o personaxe de Sonia por se vender.[42][43] Na canción flok King John and the Bishop, a resposta do bispo á adiviña de canto vale o rei é "29 moedas de prata", xa que ningún rei vale igual ca Xesús. Na segunda parte da obra de obra de Shakespeare Henrique IV, a amante de Falstaff pregunta "e non me bicaches e me pediches que che trouxese trinta xilins?".[41]

Usos actuais

Caricatura do sindicalista e senador francés Henri Tolain, visto polos socialistas como un Xudas, baixo o título de "As trinta moedas de Xudas" (1886).[44]

A retórica que alude ás trinta moedas de prata é moi socorrida nos insultos relacionados coa traizón no ámbito relixioso, na época da Reforma. Tamén na época do Caso Dreyfus, a frase “trinta moedas acompañou o fervor antisemita de Alfred Dreyfus cando foi acusado de vender segredos militares a Alemaña.[45]

A frase foi utilizada tamén para acusar a políticos e a artistas por venderen os seus principios ou os seus ideais, e en xeral como símbolo de traizón. Por exemplo, logo da crise constitucional australiana de 1975, varios veciños da rúa onde nacera o gobernador xeral, John Kerr, enviáronlle a este trinta moedas de prata, dado que Kerr era culpado da crise pola poboación.[46]

Outro exemplo do uso deuse na Conferencia da Nacións Unidas de 2009, cando o voceiro de Tuvalu criticuo o documento final dicindo: "Semella que nos ofrecen trinta moedas de prata para traizoarmos o noso pobo e o noso futuro... O noso futuro non está en venda!".[47]

En 2021, o evanxelista Franklin Graham condenou os dez congresistas republicanos nos Estados Unidos que apoiaron a destitución de Donald Trump, suxerindo que a presidenta da cámara, Nancy Pelosi, prometera "trinta moedas de prata".[48]

Máis recentemente, en 2022, saíu á luz un vídeo no que se vía un garda fronteirizo ucraíno pagando trinta moedas de prata ao embaixador de Belarús na súa marcha, por mor do comportamento cómplice de Belarús ao permitir que Rusia invadise Ucraína a través da fronteira ucraíno-belarusa.[49]

Notas

  1. Mateo 26:15. A Biblia (www.abibliagalega.com)
  2. Vincent P. B. (1998). Páxinas 126-128.
  3. Bruner, F. D. (2004). Páxina 710.
  4. "Semana Santa tamén na lingua". En El Correo Gallego, 12 de abril de 2020.
  5. France, R. T. (2007). Páxinas 976-979.
  6. France, R. T. (2007). Páxina 1.012.
  7. Mateo 27:3-10. A Biblia (www.abibliagalega.com)
  8. Harrington, D. J. (1991). Páxinas 384-387.
  9. Feitos 1:18. A Biblia (www.abibliagalega.com)
  10. Lucas 22:3-6. A Biblia (www.abibliagalega.com)
  11. "ἀργύριον". En Thayer's Greek-English Lexicon of the New Testament, 1889.
  12. Wiseman, D. J. (1958). Páxinas 87-89.
  13. Marotta, M. E. (1995). "So-called 'Coins of the Bible". En The Celator. Vol. 9. Nº 1. Xaneiro. Páxina 41
  14. Calculadora do prezo da prata. Ocu Inversiones (Ocu.org)
  15. "Ancient Jewish Coins Related to the Works of Josephus". Artigo feito a partir dos libros Guide to Biblical Coins, de David Hendin, e Ancient Jewish Coinage, de Y. Meshorer.
  16. Ciccone, M. A. "The role of coins in the First Revolt".
  17. "The Fish and the Coin". Israel Photos III. A Collection of Phootos from Israel.
  18. "γλαύξ". En Liddell, H. G.; Scott, R. A Greek-English Lexicon. 1843. Oxford University Press.
  19. Tucídides. Historia da Guerra do Peloponeso. 3.17.4 (versión en inglés)
  20. Ehrman, B.; Plese, Z. (2011). Páxina 553.
  21. Schilder, K. (1938). Páxina 74.
  22. Webb, B. (2003). Páxina 151.
  23. Schilder, K. (1938). Páxina 71.
  24. Xoán Calvino, no seu Comentario sobre unha harmonía entre os evanxelistas, Mateo, Marcos e Lucas, di: "A propia pasaxe amosa claramente que o nome de Xeremías foi posto por erro, no canto de Zacarías, xa que en Xeremías non atopamos nada deste tipo, nin nada que se achegue a iso"
  25. Keener, C. S. (2009). Páxina 657.
  26. Blomberg, C. L. "Matthew". En Beale, G. L.; Carson, D. A. (eds.) (2007). Páxina 96.
  27. Hendriksen, W. (1973). Páxina 948.
  28. Blomberg, C. L. "Matthew". En Beale, G. L.; Carson, D. A. (eds.) (2007). Páxina 97.
  29. The handy book for Bible readers. Religious Tract Society. 1877.
  30. "Plato, Apology". En West, T, G.; West, G. S. (1984). Páxina 92.
  31. Schiller, G. (1972). Páxinas 190-196.
  32. "The silver pieces of Judas in medieval traditions". En American Journal of Numismatics. Vol. 34. Nº 3. Xaneiro de 1990. Páxinas 69-74.
  33. Hill, G. F. "Coins and Medals (Western)". En Hastings, J.; Selbie, J. A. (eds.) (2003). Páxina 703.
  34. Mol, J. A. et al. (2006). Páxina 287.
  35. 35,0 35,1 "Dekadrachm of Syracuse / One of the thirty pieces of silver". The Hunt Museum.
  36. Schiller, G. (1972). Páxinas 190-191.
  37. Ginzburg, C. (2001). Páxina 68.
  38. Blane, W. (1906). "Thirty Pieces of Silver". En The Silent Land and other Poems. E. Stock, Londres. Páxina 149.
  39. "Jorge Luis Borges: Unas monedas". Poeticous.com
  40. Borges, J. L. (1976). "Mateo, 27.9". En La moneda de hierro. Buenos Aires.
  41. 41,0 41,1 "Thirty Pieces of Silver". En Jeffrey, D. L. (ed.) (1992). Páxinas 765-766.
  42. Dostoievski, F. (2000). Crime and punishment. Wordsworth Classics. ISBN 1-84022-430-4. páxina 17 (nota 16).
  43. Leatherbarrow, W. J. (2002). The Cambridge Companion to Dostoevskii. Cambridge University Press. Páxina 98. ISBN 0-521-65473-4
  44. Le Cri du peuple. 29 novembre 1886.
  45. Stener, C. (2020) L'iconographie antisémite de Judas Iscariot. Books on Demand. Páxinas 422-474.
  46. "Matters for Judgement : An Autobiography - Sir John Kerr". PoliticsBooks.com.au
  47. "Future not for sale: climate deal rejected". En ABC News. 19 de decembro de 2009.
  48. Kurvilla, D. (2021). "Evangelist Compares Republicans Who Voted For Trump's Impeachment To Judas". En HuffPost. 15 de xaneiro.
  49. O embaixador de Belarús recibiu "30 moedas de prata" ao abandonar Ucraína. '30 Pieces Of Silver' As He Left Ukraine. Radio Free Europe/Radio Liberty (véxase vídeo en Youtube.com).

Véxase tamén

Bibliografía

Read other articles:

يفتقر محتوى هذه المقالة إلى الاستشهاد بمصادر. فضلاً، ساهم في تطوير هذه المقالة من خلال إضافة مصادر موثوق بها. أي معلومات غير موثقة يمكن التشكيك بها وإزالتها. (ديسمبر 2018) استفتاء أفضل رياضي تونسي هي مسابقة أنشأتها صحيفة أكسيون تونيزيان في 1967، ثم واصلتها صحيفة لورونوفو، وأخي...

 

Nosy Losja Eiland van  Madagaskar Locatie Land  Madagaskar Locatie Andovobazaha-baai, Indische Oceaan Coördinaten 12° 18′ ZB, 49° 19′ OL Portaal    Madagaskar Pain de Sucre (Malagassisch: Nosy Losja) is een klein eilandje van Madagaskar in de baai van Antsiranana, specifieker in de Andovobazaha-baai dicht bij de stad Antsiranana in de regio Diana. De naam betekent suikerbrood in het Frans. Gezicht op Pain de Sucre vanaf Cap Diego. Voor de plaatselijke bevolk...

 

التركيبة السكانية في إسرائيل النمو السكاني في إسرائيل الدولة إسرائيل عدد السكان 8,585,500 (96th) كثافة سكانية 377/كم 2 (35) معدل النمو السكاني 2.0% [1] معدل المواليد 21.5 ولادة/1,000 نسمة (101) معدل الوفيات 5.2 وفاة/1,000 نسمة (174) م.ع.م عند الولادة 82.01 سنة (8) معدل الخصوبة 3.08 طفل لكل أمراه (76) معدل و...

Azerbaijan Artikel ini adalah bagian dari seri Politik dan KetatanegaraanRepublik Azerbaijan Konstitusi Presiden: Ilham Aliyev Wakil Presiden: Mehriban Aliyeva Kepresidenan Perdana Menteri: Artur Rasizade Kabinet Menteri Majelis Nasional Ketua: Sahiba Gafarova Partai politik Pemilihan umum Pembagian administratif Hubungan luar negeri Hak Asasi Manusia Lihat pula Negara lainnya Atlas lbs Artikel ini berisi daftar partai politik di Azerbaijan. Azerbaijan adalah negara dominan satu partai. Parta...

 

  Paloma perdiz de las Carolinas Estado de conservaciónVulnerable (UICN 3.1)[1]​TaxonomíaReino: AnimaliaFilo: ChordataClase: AvesOrden: ColumbiformesFamilia: ColumbidaeGénero: Pampusana jobiensisEspecie: P. kubaryi(Finsch, 1880)Sinonimia Gallicolumba kubaryiAlopecoenas kubaryi [editar datos en Wikidata] La paloma perdiz de las Carolinas o paloma perdiz de Carolinas (Pampusana kubaryi)[2]​ es una especie de ave columbiforme de la familia Columbidae endémica ...

 

هيدروكسيدمعلومات عامةصنف فرعي من polyatomic anion (en) lyate ion (en) جزء من أيون هيدروكسيد الكتلة 17٫003 وحدة كتلة ذرية[1] الحمض المرافق ماء القاعدة المترافقة oxide(2-) (en) الصيغة الكيميائية HO⁻[2] محددات بنود الإدخال الخطية النصية الجزيئية المبسطة القانونية (SMILES) [OH-][2] دوره أيضة أولي...

KienbergparkJelena-Šantić-Friedenspark Park in Berlin Teil des Parks, vom Feldberger Ring gesehen Basisdaten Ort Berlin Ortsteil Hellersdorf Angelegt 1994–1996 Neugestaltet 2017 Umgebende Straßen Spremberger Straße,Hellersdorfer Straße (östlich),Feldberger Ring (südlich) Bauwerke Friedenszeichen Nutzung Nutzergruppen Fußgänger, Radfahrer Parkgestaltung Niederländische Landschaftsarchitekten Bureau B + B (in den 1990er Jahren) Technische Daten Parkfläche 600.000 m² 52°...

 

Hospital in Bristol, United KingdomBlackberry Hill HospitalAvon and Wiltshire Mental Health Partnership NHS TrustThe clock tower and grey stone buildings of Blackberry Hill Hospital can be seen in the middle distanceLocation within BristolGeographyLocationBristol, United KingdomCoordinates51°29′06″N 2°32′27″W / 51.4849°N 2.5407°W / 51.4849; -2.5407OrganisationCare systemPublic NHSTypePsychiatric hospitalServicesEmergency departmentNo Accident & Emergenc...

 

Former hospital in Hokitika, New Zealand Westland Hospital was one of two hospitals in Hokitika, on the West Coast of New Zealand. It was founded in 1865 and closed in 1989. History Westland Hospital, 1904 The hospital was founded in 1865 to the south of the Hokitika River and rebuilt about 1875 to the north of the town.[1] It was located adjacent to the Seaview Asylum.[2] Ebenezer Teichelmann was appointed Surgical Superintendent in 1897, holding the position until 1914.[...

New Zealand rugby union player (born 1988) Rugby playerDan PryorPryor in 2018Full nameDaniel PryorDate of birth (1988-04-14) 14 April 1988 (age 35)Place of birthAuckland, New ZealandHeight1.90 m (6 ft 3 in)Weight103 kg (16 st 3 lb; 227 lb)SchoolAuckland Grammar SchoolUniversityAuckland University of TechnologyNotable relative(s)Kara Pryor (brother)Rugby union careerPosition(s) Loose forwardCurrent team Munakata Sanix BluesSan Diego LegionSenior careerYe...

 

University This article is about a South Korean university located in the metropolitan city of Busan. For the former Imperial University in Seoul, see Keijo Imperial University. Kyungsung UniversityMottoTruth, Service, FreeTypePrivateEstablished1955 (1955)Students13,000AddressSooyoungryo 309, (Daeyeon 3Dong 314-79), Nam-gu districe, Busan, South KoreaWebsiteks.ac.krKorean nameHangul경성대학교Hanja慶星大學校Revised RomanizationGyeongseong DaehakgyoMcCune–ReischauerKyŏngsŏng ...

 

Robert BlustLahirRobert Andrew Blust(1940-05-09)9 Mei 1940Cincinnati, Ohio, Amerika SerikatMeninggal5 Januari 2022(2022-01-05) (umur 81)Honolulu, Hawaii, Amerika SerikatSebab meninggalKankerKebangsaanAmerika SerikatNama lainBai Lesi (白樂思)PendidikanSarjana Antropologi (1967), Magister Linguistik (1968), Doktor Linguistik (1974), Universitas Hawaiʻi, MānoaPekerjaanSejarawan linguistik, leksikografer, dan etnologTempat kerjaUniversitas Hawaii, MānoaGelarProfesor Ling...

This article does not cite any sources. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Land-based game fishing – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (January 2018) (Learn how and when to remove this template message) Land-based game fishing is a form of big-game sport fishing in which anglers attempt to catch oceanic game fish from shore rather than from o...

 

Місто ПергаміноPergamino Вулиця святого Нколаса Координати 33°53′ пд. ш. 60°34′ зх. д.H G O Країна АргентинаАргентинаПровінція Буенос-АйресМер Ектор ГутьєрресДата заснування 1626Місто з 1895Висота центру 56  мНаселення 104 922  (2001)Катойконім ісп. pergaminenseТелефонний код ...

 

Species of reptile This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (March 2015) (Learn how and when to remove this template message) Desert rosy boa Conservation status Least Concern (IUCN 3.1)[1] Scientific classification Domain: Eukaryota Kingdom: Animalia Phylum: Chordata Class: Reptilia Order: Squamata Suborder: Serpentes Family: Boidae Genus:...

Radha Krishna temple in Jaipur, India Govind Dev Ji TempleRadha Govind at central sanctum of templeReligionAffiliationHinduismDistrictJaipurDeityRadha GovindFestivalJanamashtami, Radhashtami, Holi, Gopashtami, Sharad Purnima, Kartik PurnimaLocationLocationJaipurStateRajasthanCountryIndiaShown within JaipurShow map of JaipurGovind Dev Ji Temple (Rajasthan)Show map of RajasthanGovind Dev Ji Temple (India)Show map of IndiaGeographic coordinates26°55′44″N 75°49′26″E / 26...

 

Ames tavern The Ames Tavern was a tavern in Dedham, Massachusetts. Founded as Fisher's Tavern in 1649 by Joshua Fisher, it eventually passed into the hands of Nathaniel Ames through a complicated lawsuit based on colonial laws of inheritance. It was eventually owned by Richard Woodward, who renamed it the Woodward Tavern by the time the convention that adopted the Suffolk Resolves met there. Fisher's Tavern After Michael Powell left Dedham for Boston in 1649, it left the town without a tavern...

 

2014 filmWWE Workout SeriesStarringPower SeriesTriple HNXT wrestlersFit SeriesStephanie McMahonNXT women's wrestlersProductioncompanyWWE StudiosDistributed byLionsgate Home EntertainmentWWE Home VideoRelease date December 2, 2014 (2014-12-02) [1][2]Running timePower Series100 minutes[1]Fit Series65 minutes[2]CountryDVD Region 1LanguageEnglishBudget$100,000 WWE Workout Series is a series of fitness workouts by WWE, released on December 2, 2014 on ...

Town hall in Connecticut, United StatesWindham Town HallThe town hall in 2017Windham Town HallFormer namesWillimantic City Hall, Windham County CourthouseGeneral informationStatusCompletedTypeTown hallArchitectural styleRomanesque RevivalTown or cityWillimantic, ConnecticutCountryUnited StatesCoordinates41°42′47″N 72°13′04″W / 41.7131°N 72.2177°W / 41.7131; -72.2177Current tenantsTown of Windham[1]Completed1896Opening1897Cost$73,000 (equivalent to $...

 

ICGS Rajshree, first ship of the class Class overview NameRajshree class BuildersGarden Reach Shipbuilders & Engineers, Kolkata, India Operators Indian Coast Guard Seychelles Coast Guard Preceded byRani Abbakka class Succeeded byAadesh class Built2010 — 2023 In commission2012 — Present Planned14 Completed14 Active14 General characteristics TypeInshore patrol vessel Displacement303 long tons (308 t)[1] Length48.9 m (160 ft 5 in) Beam7.5 m (24 ...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!