Tetradracma

Tetradracma de Atenas do 490 a. C.

O tetradracma era unha antiga moeda grega equivalente a 4 dracmas e cun peso de 17 gramos aprox. Durante o Imperio romano o tetradracma foi a moeda oficial de Exipto e era equivalente a un denario.

Historia

O tetradracma ateniense do século V a. C. foi a moeda de uso máis habitual no mundo grego ata Alexandre o Grande. Figuraba o perfil de Atenea co casco no anverso e un moucho no reverso, de aquí que os tetradracmas se chamasen popularmente glàukai (γλαῦκαι), é dicir, "mouchos". O reverso desta moeda é representado hoxe en día na moeda grega de 1 euro.

Na Persia aqueménida (séculos V ao IV a. C.), as moedas equivalentes, denominadas media estátera, siclo médico ou siglos, levaban gravadas a figura dun arqueiro, as tropas de elite do seu exército, polo que tamén se denominaban arqueiros, facendo referencia a que o poder do Imperio persa estaba baseado tanto na forza como na economía.[1]

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

  1. Imaxe Arquivado 05 de novembro de 2007 en Wayback Machine. e referencia numismática dunha destas moedas.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!