Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
CUP.
Cambridge University Press (CUP; en galego: "Imprenta da Universidade de Cambridge") é unha editorial universitaria inglesa que recibiu a súa carta real do rei Henrique VIII no ano 1534 e é unha das dúas privileged presses, xunto coa Oxford University Press.[1]
Historia
Publicou o seu primeiro libro no ano 1584, o que a converte na editora máis antiga do mundo[2]. O perfil das obras que publica e o educativo e académico e, ademais, é a encargada da impresión dos documentos oficiais da Universidade de Cambridge. Entre os autores que publicaron na Cambridge University Press destacan John Milton, William Harvey, Isaac Newton, Brian J. Ford e Stephen Hawking.
Na actualidade é unha entidade de ámbito internacional, con oficinas en América, Reino Unido, Europa, Oriente Medio, África, Asia e o Pacífico. Ten as súas oficinas centrais en Cambridge, e centros de almacenaxe en Nova York, Melbourne, Madrid, Cidade do Cabo, São Paulo e Singapur, con oficinas e axencias noutros países.[3]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas