Remourelle é un lugar da parroquia de Arante no concello lugués de Ribadeo, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 63 habitantes (25 homes e 38 mulleres).
Toponimia
O topónimo Remourelle ten a súa orixe na forma *riuŭ maurĕllī, a partir do substantivo río (do latín rīuŭ) co xenitivo do antropónimo maurĕllŭs.[2] Aparece documentado en dúas atestacións medievais do Tombo de Lourenzá como Riu Maurelli e Rio Maurilii.
Xeografía
De xeito amplo (ó ser o lugar de máis entidade dos da contorna, outros, como Rego de Mel, quedan englobados de xeito amplo) o lugar, na beira do monte Comado, está limitado ó norte e ó oeste polo concello de Barreiros, mentres o resto de beiras pertencen ó concello de Ribadeo: ó leste, Noceda (parroquia da Devesa) e ao sur a estrada LU-133 Reme-Vilamar. Á súa beira corre o rego de Lexoso, que máis adiante dá lugar ó río Grande.
Galería de imaxes
-
-
A
LU-133 en Remourelle. Ponte sobre o rego de Lexoso.
-
Ponte no rego de Lexoso
Lugares e parroquias
Lugares de Arante
Parroquias de Ribadeo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos