As Pereiriñas é un lugar da parroquia de Arante, no concello lucense de Ribadeo na comarca da Mariña Oriental.
Toponimia
As Pereiriñas é o diminutivo do fitónimo pereira, moi abondoso na toponimia de Galicia e procedente dun derivado adxectival (*arbŏre) pĭrārĭa creado a partir de pĭra, á súa vez plural de pĭrŭm ‘pera’. O galego pereira é común ao portugués e correspóndese co catalán perera, mentres que o asturiano e o castelán presentan un derivado peral cunha presenza residual na toponimia galega.[1] No caso das Pereiriñas non parece probábel pensar nunha variante fonética de pedreira (petrārĭa), como si acontece noutros lugares.
Lugares e parroquias
Lugares de Arante
Parroquias de Ribadeo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos