Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Os Fornos.
Os Fornos é un lugar da parroquia de Arante, no concello lucense de Ribadeo na comarca da Mariña Oriental.
Toponimia
Os Fornos é a forma de plural do substantivo forno, procedente á súa vez do latín fŭrnŭs. Na documentación medieval galega, a estancia en que se encontraba o forno, polo xeral unha construción independente e externa á casa, aparece mencionada baixo formas como furnus e forno.[1] Porén, podería ser que cando menos algúns destes topónimos baseados no latín fŭrnŭs sexan aplicacións metafóricas que comparan a orografía do terreo coa construción en forma de bóveda designada polo termo latino furnum.[2]
Lugares e parroquias
Lugares de Arante
Parroquias de Ribadeo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos