Portobragán é un lugar da parroquia de Arante, no concello lucense de Ribadeo na comarca da Mariña Oriental.
Toponimia
Ao igual ca noutros topónimos como Portor, Portogaín ou Porcillán, en Portobragán aparece a combinación do substantivo porto (do latín pŏrtŭ) co xenitivo dun antropónimo, quizais afrĭcānŭs, con certa presenza na documentación medieval e que parece estar na orixe doutros nomes de lugar galegos como Abragán, existente na actualidade nos concellos de Ribeira (como topónimo menor), O Corgo e A Estrada. En Pereiro de Aguiar documéntase un topónimo Abregón. Piel sinala descendentes toponímicos deste mesmo antropónimo en Portugal, como Abregão, Abregã e Abragão.[1] Por tanto, a hipótese dun sintagma *pŏrtŭ africānī como orixe da forma Portobragán é conxectural, mais conta con apoios de relevancia no sistema toponímico tanto galego como portugués.[Cómpre referencia]
Lugares e parroquias
Lugares de Arante
Parroquias de Ribadeo
Notas
- ↑ Piel, J.M. (1948). Nomes de “possessores” latino-cristiãos na toponímia asturogalego-portuguesa. Universidade de Coimbra. p. 24.
Véxase tamén
Outros artigos