O Barredal, Arante, Ribadeo

O Barredal
ParroquiaArante
ConcelloRibadeo
Coordenadas43°29′34″N 7°10′15″O / 43.49285748983, -7.1707415219151
Poboación20 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

O Barredal é un lugar da parroquia de Arante no concello de Ribadeo, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 20 habitantes (10 homes e 10 mulleres).

Toponimia

O topónimo Barredal debe tratarse dun derivado do substantivo común barro ‘arxila’, ‘masa que resulta da mestura de terra e auga’, ‘masa branda que se forma ao chover’. A ese apelativo deberon engadírselle en fases sucesivas dous sufixos como son -edo (< latín -ētŭ) e -al (< latín -āle), expresando unha idea abundancial. O substantivo barro é ben coñecido como sinónimo de lama, sendo cuantitativamente moito máis empregado este último na lingua oral da zona, a diferenza do que ocorre co rendemento toponímico de barro, cuxos derivados se revelan como máis abondosos.

Economía

Hai explotacións de vacún de leite, explotacións variadas de animais e cultivo de fabas, obreiros por conta allea e pensionistas. As casas están ordenadas ao longo da estrada, distanciándose as dos extremos en 600 metros.

Lugares e parroquias

Lugares de Arante

Lugares da parroquia de Arante no concello de Ribadeo (Lugo)

O Barredal | Os Bestilleiros | Cei | Cima de Vila | Fondo de Vila | Os Fornos | A Madanela | As Pereiriñas | A Ponte | Portobragán | Rego de Mel | Remourelle | Vilamariz

Parroquias de Ribadeo

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo

Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María)

Notas

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!