Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
A Ponte.
A Ponte é un lugar da parroquia de Arante, no concello lucense de Ribadeo na comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 4 habitantes (2 homes e 2 mulleres). Sitúase a carón dos lugares da Ponte (Covelas) e A Ponte (Cedofeita).
Toponimia
O topónimo Ponte, do latín pŏnte "ponte, pasal", alude á construción próxima ao lugar que serve para cruzar o río Grande ou río de Arante.
Historia
O lugar está construído en torno a unha ponte sobre o rego de Lexoso xusto antes de converxer o rego de Arante para formar o río Grande. A base comunal é tanto a ponte como a igrexa de Nosa Señora das Virtudes, datada no 1516 e onde se celebra a romaría das Cruces. Arredor deste lugar en 1809 desenvolveuse a batalla de Arante, no marco da guerra da independencia española.[2]
Patrimonio
Neste lugar está o santuario da Nosa Señora das Virtudes.
Galería de imaxes
-
A ponte vella, destruída na riada de 2010
-
Fresco conmemorando a fundación en 1516 por Pero Pardo de Aguiar.
-
Vista xeral do interior.
-
Relato dun milagre atribuído á virxe.
-
A Ponte, límite entre as parroquias de
Covelas (ó pé da foto),
Arante (fondo dereita) e
Cedofeita (fondo esquerda).
Lugares e parroquias
Lugares de Arante
Parroquias de Ribadeo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas