Paul Berg

Modelo:BiografíaPaul Berg

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Paul Naim Berg Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1926 Editar o valor en Wikidata
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte15 de febreiro de 2023 Editar o valor en Wikidata (96 anos)
Stanford, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónCase Western Reserve University (pt) Traducir - Bioquímica (–1952)
Pennsylvania State University - Bioquímica (–1948)
Abraham Lincoln High School (en) Traducir (–1943)
Clare Hall (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioquímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbioquímico, químico, biólogo molecular, investigador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Stanford Editar o valor en Wikidata
Membro de
Compañeiro profesionalMaxine Singer Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoBill Wood (pt) Traducir e Richard Calendar Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMildred Berg Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Medvik >>>:Berg, Paul, 1926-, Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 249585572 Editar o valor en Wikidata

Paul Naim Berg, nado o 30 de xuño de 1926 en Brooklyn, Nova York (USA) e finado en Stanford, California, o 15 de febreiro de 2023, foi un bioquímico e profesor emérito da Universidade Stanford, galardoado co premio Nobel de Química de 1980.

Traxectoria

Graduouse no instituto Abraham Lincoln en 1943, licenciouse en bioquímica na Universidade Estatal de Pensilvania en 1948 e doutorouse na Cásea Western Reserve University de Cleveland en 1952.

Desde 1959 foi profesor de bioquímica na Universidade Stanford.

Investigacións científicas

Os seus estudos como posgraduado incluíron o uso de trazadores radioisotópicos no metabolismo intermedio. O resultado foi a comprensión sobre como os alimentos son convertidos en material celular, a través do uso de carbonos isotópicos ou átomos nitroxenados pesados. A súa tese doutoral é agora coñecida como a conversión de ácido fórmico, formaldehido e metanol para reducir completamente os grupos metilo a metionina. Foi tamén un dos primeiros en demostrar que os cofactores do ácido fólico e a vitamina B12 tiñan influencia nos procesos mencionados.

En 1980 recibiu o Premio Nobel de Química xunto a Walter Gilbert e Frederick Sanger polos seus traballos sobre a bioquímica dos ácidos nucleicos, e en especial polo estudo do ADN híbrido.

Os novos traballos do profesor Berg foron no campo da bioquímica metabólica, e como profesor na Universidade de Stanford estivo investigando nos campos de bioloxía molecular e a recombinación do ADN. El e o seu equipo estiveron investigando sobre o virus VIH. O virus VIH-1 induce unha inmunodeficiencia que infecta as células T4.

Berg recibiu a Medalla nacional de Ciencia en 1983, de mans do presidente Ronald Reagan.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Herbert C. Brown
e
Georg Wittig
Premio Nobel de Química

1980
con
Walter Gilbert
e
Frederick Sanger
Sucesor:
Roald Hoffmann
e
Kenichi Fukui


Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!