En astronomía un obxecto transneptuniano resoante é un obxecto transneptuniano (TNO) en resonancia orbital con Neptuno. Os períodos orbitais dos obxectos resoantes están en relación simple enteira co período deste planeta, como 1:2, 2:3 etc. Os TNO resoantes poden formar parte do cinto de Kuiper ou do disco disperso.[1]
O diagrama ilustra a distribución dos TNO coñecidos. Os obxectos resoantes aparecen en vermello. As resonancias con Neptuno aparecen sinaladas con barras verticais; 1:1 sinala a posición da órbita de Neptuno e os seus troianos, 2:3 sinala a órbita de Plutón e os plutinos e 1:2, 2:5 etc. Sinalan familias máis pequenas.
As designacións 2:3 ou 3:2 refírense á mesma resonancia. Non hai ambigüidade porque por definición os obxectos transneptunianos teñen períodos máis longos que Neptuno.
As análises detalladas e os estudos numéricos das resonancias de Neptuno indican que os obxectos deben ter un rango preciso de enerxías.[2][3] Se o semiexe maior do obxecto está fóra dese rango a órbita vólvese caótica.
Entre os obxectos transneptunianos descubertos, máis do 10% están en resonancia 2:3, máis do que se esperaría dunha distribución aleatoria. Crese que os obxectos foron atrapados de distancias maiores durante a migración de Neptuno.[4]
A resonancia 2:3 a 39.4 UA é a categoría dominante dos obxectos resoantes, con 92 confirmados e 104 posibles.[5] Os obxectos que seguen estas órbitas denomínanse plutinos por Plutón, primeiro corpo descuberto con esta característica. Os maiores inclúen:[6]
En outubro de 2008 coñecíanse 10 obxectos a 42.3 UA, incluíndo:[6]
En outubro de 2008 coñecíanse 20 obxectos a 43.7 UA. Os obxectos son bastante pequenos e a maioría segue órbitas próximas á eclíptica. Entre eles están:[6]
Esta resonancia a 47.8 UA adoita considerarse fóra do cinto de Kuiper e ocasionalmente chámase a estes obxectos twotinos. Teñen inclinacións menores de 15 graos e excentricidades moderadas (0.1 < e < 0.3).[7] En outubro de 2008 coñecíanse catorce, máis considérase que orixinariamente a súa poboación era tan numerosa coma a dos plutinos.[7]
Entre estes obxectos están:[6]
Entre os once obxectos a 55.4 UA clasificados nesta categoría en outubro de 2008 están:[6]
As resonancias maiores teñen un número limitado de obxectos coñecidos, por exemplo:[6]
Coñécense tamén outros obxectos distantes con resonancias simples:[6]
E tamén hai algunhas resonancias sen probar, que poderían ser coincidencias:
Algúns obxectos descubertos seguen órbitas cun semieixe maior semellante ao de Neptuno, preto dos puntos de Lagrange Sol-Neptuno. Son os troianos de Neptuno, termo análogo aos troianos de Xúpiter, que están en resonancia 1:1 con Neptuno, e dos que en outubro de 2012 se coñecían nove, tres na área L5 e o resto na rexión L4.[18]