(84522) 2002 TC302

(84522) 2002 TC302
Descubrimento e clasificación[1]
Descuberto por M. E. Brown,
C. A. Trujillo,
D. L. Rabinowitz(?)
Descuberto o 09-10-2002
Designación do Mpc (84522) 2002 TC302
Categoría no Mpc TNO (SDO)[2]

resonancia 2:5[3][4]

Características orbitais[5]
Época= 23-07-2010 (2455400,5 xd)
Afelio 10.752 Gm 71,870 UA (Q)
Perihelio 5.864,1 Gm 39,199 UA (q)
Eixo semi-maior 8.307,86 Gm 55,535 UA (a)
Excentricidade 0,29415
Período orbital 151.162 d 413,86 ax
Inclinación orbital 34,976°
Velocidade orbital 3,93 km/s
Anomalía media 318,100° (M)
Lonxitude do nodo ascendente 23,823°
Argumento do perihelio 85,975°
Características físicas
Diámetro 1.145 (+337 -325) km[6]
<1.211 km[7]
Período de rotación 5,41 h[8]
Tipo espectral (vermello) B-V=1,03; V-R=0,67[9]
Albedo 0,031 (+ 0,029 - 0,012}}[6]
0,051[7]
Magnitude aparente 20,5 (en oposición)[10]
Magnitude absoluta 3,78±0,53[5]

(84522) 2002 TC302 é un grande obxecto trans-neptuniano de cor vermella, que está nunha resonancia orbital de 2:5 con Neptuno. Foi descuberto o 9 de outubro do ano 2002 por Mike Brown e o seu equipo, dende o observatorio de Palomar.[1] Na lista de candidatos a planeta anano do sitio web de Mike Brown, aparece con altas probabilidades de que sexa un planeta anano.[11]

Candidato a planeta anano de gran tamaño

2002 TC302 ten unha magnitude absoluta (H) de 3.78,[5] e o Telescopio Espacial Spitzer estimoulle un diámetro de 1145 (+ 337 - 325) km.[6] Isto cualifícao coma un dos candidatos a planeta anano de maior tamaño. Con todo, Brown sinala que a medición do seu diámetro está circunscrita a un potencial grande erro, e que o obxecto podería ser menor, facendo que as posibilidades deste obxecto para acada-lo status de planeta anano, sexan "altamente probables" no canto de "practicamente seguras", sempre na opinión de Brown.[11]

Características físicas

O espectro vermello suxire que 2002 TC302 ten moi pouco de xeo fresco na súa superficie, iso podería explicar por que ten un albedo de 0,03, que é menor co albedo típico dos obxectos trans-neptunianos. Por exemplo, (55565) 2002 AW197 ten un albedo estimado máis grande (≈ 0,12), que da coma resultado unha brillante magnitude absoluta (H = 3,3), pero unha estimación de tamaño menor (≈ 730 km).[6] O seu período de rotación máis probable é de 5,41 h, e ten unha amplitude da curva de luz de 0,04 ± 0,01 mag.[8]

Comparativa entre 2002 TC302 e outros obxectos trans-neptunianos

Órbita

2002 TC302 acadará o seu perihelio no ano 2058.[5] O seu perihelio (a distancia mínima respecto do Sol) está a unha distancia de 39,1 UA,[5] que é a mesma distancia do semi-eixo maior (distancia media respecto do Sol) de Plutón. Está clasificado coma un obxecto do disco disperso.[2][3] Dada a longa órbita que os TNOs teñen ó redor do Sol, 2002 TC302 está en oposición a finais de outubro de cada ano, cunha magnitude aparente de 20,5.[10] Foi observado 76 veces ó longo de 9 anos.[5]

Resonancia

Tanto o Minor Planet Center (MPC) coma o Deep Ecliptic Survey (DES) amosan ó candidato a planeta anano cunha resonancia orbital de 2:5 con Neptuno.[3][4] Debido a esta resonancia, completa 2 órbitas por cada 5 órbitas de Neptuno. A partir de 2009, é o candidato a planeta anano de maior tamaño do que se ten constancia, que estea en resonancia con Neptuno e non sexa un plutino. (Os plutinos son obxectos cunha resonancia con Neptuno de 2:3. Para cada dúas órbitas que un Plutino fai, Neptuno fai 3).

Notas

  1. 1,0 1,1 Brian G., Marsden (07-11-2002). "MPEC 2002-V26 : 2002 TC302". IAU Minor Planet Center. Harvard-Smithsonian Center for Astrophysics. Consultado o 06-01-2010. 
  2. 2,0 2,1 Minor Planet Center (ed.). "List Of Centaurs and Scattered-Disk Objects". Consultado o 19-09-2008. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Marc W. Buie (16-09-2007). SwRI (Space Science Department), ed. "Orbit Fit and Astrometric record for 84522". Consultado o 19-09-2008. 
  4. 4,0 4,1 Minor Planet Center, ed. (10-02-2009). "MPEC 2009-C70 :Distant Minor Planets (2009 FEB. 28.0 TT)". Consultado o 05-03-2009. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 "JPL Small-Body Database Browser: 84522 (2002 TC302)". 25-10-2009 últimas observacións. Consultado o 02-01-2011. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Physical Properties of Kuiper Belt and Centaur Objects: Constraints from Spitzer Space Telescope, John Stansberry, Will Grundy, Mike Brown, Dale Cruikshank, John Spencer, David Trilling, Jean-Luc Margot; (2007)
  7. 7,0 7,1 Grundy, W. M.; Noll, K. S.; Stephens, D. C. (2004). "Diverse albedos of small trans-neptunian objects". Icarus 176: 22. Bibcode:2005Icar..176..184G. arXiv:astro-ph/0502229. doi:10.1016/j.icarus.2005.01.007. 
  8. 8,0 8,1 Short-term variability of 10 trans-Neptunian objects
  9. Tegler, Stephen C. (26-01-2006). "Kuiper Belt Object Magnitudes and Surface Colors". Arquivado dende o orixinal o 01-09-2006. Consultado o 05-11-2006. 
  10. 10,0 10,1 Minor Planet Center, ed. (23-07-2010 (data da época)). "(84522) 2002 TC302". Consultado o 24-10-2010. 
  11. 11,0 11,1 Michael E. Brown. California Institute of Technology, ed. "How many dwarf planets are there in the outer solar system? (updates daily)". Consultado o 25-08-2011. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!