Hydra (lúa)

Hydra
Concepción artística de Hydra (en primeiro plano),Plutón e Caronte (de fondo),e Nix (o punto brillante ó centrado a esquerda).
Descubrimento
Descuberto por Equipo de Busca de Compañeiros de Plutón do Telescopio Espacial Hubble
Data do descubrimento Xuño do 2005
Designacións
Designación alternativa "Plutón III"
Características orbitais [1]
Eixo Semi-maior 64.749 km
Excentricidade 0,0051
Período orbital 38,206 ± 0,001 d
Inclinación 0,212°
Satélite de Plutón
Características físicas
Radio medio 30 − 84 km [2]
Masa 5 x 1016–2 x 1018 kg[3]
Densidade media Descoñecida
Período de rotación Descoñecido
Oblicuidade Descoñecida
Albedo 0,04 − 0,35 (asumido)[4]
Temperatura 33-55 K
Magnitude 22,9 a 23,3 (medida)[4]
Hidra fotografada polo New Horizons.

Hydra é un satélite natural de Plutón, das catro lúas que posúe Plutón, Hydra é a máis externa e a que orbita máis afastada de Plutón. Foi descuberta xunto con Nix en xuño do 2005 polo Equipo de Busca de Compañeiros de Plutón do Telescopio Espacial Hubble, composto por Hal A. Weaver, S. Alan Stern, Max J. Mutchler, Andrew J. Steffl, Marc W. Buie, William J. Merline, John R. Spencer, Eliot F. Young, e Leslie A. Young.

O nome formal de Hydra provén da Hidra de Lerna, a serpe de nove cabezas que vixiaba as augas do inframundo grego na mitoloxía grega, este nomeamento foi anunciado o 21 de xuño do 2006, na circular da UAI 8723,[5] onde tamén se lle outorga a designación de Plutón III.

Hydra será visitada (xunto con Plutón) pola sonda espacial New Horizons no ano 2015.

Descubrimento, órbita, tamaño e albedo

Imaxes do descubrimento de Nix e Hydra

As imaxes do descubrimento foron tomadas o 15 e o 18 de maio do 2005; as lúas foron descubertas independentemente por Max J. Mutchler o 15 de xuño do 2005 e Andrew J. Steffl o 15 de agosto do 2005. Os descubrimentos foron anunciados o 31 de outubro do 2005, despois da confirmación de datos recuperados do 2002 a partir de placas fotográficas antigas. As lúas foron designadas provisionalmente coma S/2005 P 1 (Hydra) e S/2005 P 2 (Nix).[5][6]

O satélite orbita o centro de masas do sistema no mesmo plano que Caronte e Nix, a unha distancia de aproximadamente 65.000 km. A diferenza dos outros satélites de Plutón -exceptuando a cuarta lúa de Plutón recentemente descuberta, que ten o nome provisional de S/2011 P 1- a súa orbita é practicamente circular, cunha excentricidade de só 0.0052, aínda que pequena esta excentricidade existe. O seu período orbital é de 38,2 días e está moi preto de estar en resonancia orbital de 1:6 con Caronte, cunha discrepancia temporal de só 0,3%. A confirmación de que esta resonancia é real agarda por máis detalles da súa órbita, en particular pola taxa de precisión. Se esta resonancia non é confirmada coma real, unha hipótese para explicar esta quasi-resonancia é que esta foi orixinada antes da migración cara ó exterior de Caronte -seguida esta migración polas catro lúas conxuntamente-, e mantida esta resonancia pola flutuación periódica local do 5% da forza do campo gravitacional de Plutón-Caronte. Subliñar que o valor desta flutuación está en función do satélite sobre o cal actúa esta flutuación, 5% para Hydra e un 9% para Nix que está máis preto de Plutón-Caronte.

O seu tamaño non puido ser medido directamente, calcúlase que o seu tamaño estaría comprendido entre 61 km, se o seu albedo é semellante ó 35% que ten Caronte, e 167 km, se o seu albedo é do 4%, coma os obxectos máis escuros do cinto de Kuiper.[2] No momento do seu descubrimento, Hydra era un 25% máis brillante ca Nix, o cal leva a asumir que o diámetro de Hydra é un 10% máis grande có de Nix.[7] Datos previos ó descubrimento procedentes do Hubble do 2002-3 implicaban que Nix era máis brillante ca Hydra.[1] Porén, observacións do Hubble feitas no 2005-6 especificamente para lúas pequenas e difusas, volveron amosar a Hydra un pouco máis brillante cá súa lúa irmá Nix.[4] Nestes mesmos datos previos do 2002-3 amosaban que Nix era tirando a vermello coma Plutón, a diferenza dos outros satélites de Plutón,[1] pero as observacións do Hubble do 2005-6 outórganlle a Nix unha tonalidade gris coma ó resto de satélites de Plutón.[4]

Posible orixe do sistema de satélites de Plutón

O sistema de lúas ó redor de Plutón é inesperadamente complexo e podería se-lo resultado dunha colisión no pasado distante entre Plutón e outro obxecto de tamaño considerable do cinto de Kuiper.[8] As lúas formaríanse a partir dos restos espallados trala colisión, moi posiblemente un evento destas características terían conducido ós obxectos que colisionaron, a unha perda da meirande parte dos xeos volátiles, tales coma os do nitróxeno ou do metano.[9] As lúas de Plutón poderían se-la fusión dos cascallos xurdidos a partir dun evento destas características, semellante á teoría do Big Splash, esta teoría fórmula que a creación da lúa terrestre foi a partir dunha gran colisión. As resonancias orbitais podería actuar coma fendas para recolle-los materiais espallados dentro do sistema de Plutón.[10]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Buie, M. W.; Grundy, W. M.; Young, E. F.; Young, L. A.; e Stern, S. A. (2006). "Orbits and Photometry of Pluto's satellites: Charon, S/2005 P1, and S/2005 P2 [sic]". Astronomical Journal 132: 290. doi:10.1086/504422. (Versión final antes da impresión) a, i, e per JPL (website actualizado no 25 de agosto do 2008)
  2. 2,0 2,1 H. A. Weaver; S. A. Stern, M. J. Mutchler, A. J. Steffl, M. W. Buie, W. J. Merline, J. R. Spencer, E. F. Young and L. A. Young (23-02-2006). "Discovery of two new satellites of Pluto". Nature 439 (7079): 943–945. doi:10.1038/nature04547. Consultado o 2007-11-11. 
  3. Based on the range of diameters from Buie et al. (2006), and densities ranging from 1 g/cm³ (ice) to 2 g/cm³ (Pluto).
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Stern, S. A.; Mutchler, M. J.; Weaver, H. A.; and Steffl, A. J. (2006). "The Positions, Colors, and Photometric Variability of Pluto's Small Satellites from HST Observations 2005-2006". Astronomical Journal 132. doi:10.1086/506347.  (Versión final antes da impresión)
  5. 5,0 5,1 IAU Circular No. 8723 nomeando as lúas
  6. IAU Circular No. 8625 Arquivado 02 de outubro de 2008 en Wayback Machine. describindo o descubrimento
  7. Stern, Alan; Hal Weaver (JHU APL), Max Mutchler (STScI), Andrew Steffl (SwRI), Bill Merline (SwRI), Marc Buie (Lowell Observatory), John Spencer (SwRI), Eliot Young (SwRI), and Leslie Young (SwRI) (15 May 2005). "Background Information Regarding Our Two Newly Discovered Satellites of Pluto". Planetary Science Directorate (Boulder Office). Consultado o 2007-11-10. 
  8. Maugh, Thomas H. II (11-07-2012). "Astronomers find fifth moon at Pluto". Los Angeles Times. Consultado o 11-07-2012. 
  9. Nemiroff, R.; Bonnell, J. (16-07-2012). "Fifth Moon Discovered Orbiting Pluto". Astronomy Picture of the Day. Consultado o 17-07-2012. 
  10. Matson, J. (11-07-2012). "New Moon for Pluto: Hubble Telescope Spots a 5th Plutonian Satellite". Scientific American web site. Consultado o 12-07-2012. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas


Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!